Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Venres, 19 de abril de 2013 Páx. 11980

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Orde do 5 de abril de 2013 pola que se regulan as probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia nº 73, do martes 16 de abril de 2013, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 11430, no artigo 8, parágrafo 1, onde di: «As persoas que soliciten participar nas probas libres dos módulos profesionais presentarán unha única instancia, segundo o modelo do anexo I, que entregarán no centro onde se imparta o ciclo formativo solicitado en primeiro lugar e irán dirixidas ao seu director ou directora.», debe dicir: «As persoas que soliciten participar nas probas libres dos módulos profesionais presentarán unha única instancia, segundo o modelo do anexo I, que poderán entregar en calquera centro que teña oferta de probas libres e irán dirixidas ao seu director ou directora.».

Na páxina 11443, na disposición transitoria única, número 2, no parágrafo onde di: «As persoas que soliciten participar nas probas libres dos módulos profesionais no curso 2012/13 presentarán unha instancia cunha única petición de centro e ciclo formativo, que entregarán no centro onde se imparta o devandito ciclo formativo solicitado», debe dicir: «As persoas que soliciten participar nas probas libres dos módulos profesionais no curso 2012/13 presentarán unha instancia cunha única petición de centro e ciclo formativo, que poderán entregar en calquera centro en que se oferten probas libres».