Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13705

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2013, da Secretaría Xeral do Mar, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de outubro de 2012 pola que se establece a convocatoria para o ano 2012 e se determina o seu importe global máximo para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos de xestión de zonas de produción, conservación, protección e sustentabilidade da explotación dos recursos mariños (Diario Oficial de Galicia número 195, do 8 de outubro).

O artigo 26 da orde reguladora dispón que as resolucións de concesión serán obxecto de publicación de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, punto 4, da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo á Orde do 8 de outubro de 2012 pola que se establece a convocatoria para o ano 2012 e se determina o seu importe global máximo para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos de xestión de zonas de produción, conservación, protección e sustentabilidade da explotación dos recursos mariños, que permitan mellorar as condicións de vida e traballo das persoas que se dedican a esta actividade e que contribúan á conservación do medio mariño e das súas especies (gasto cofinanciado polo Fondo Europeo de Pesca-FEP nun 75 %), que figuran como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar

ANEXO

1. Finalidade: xestión de zonas de produción, conservación, protección e sustentabilidade da explotación dos recursos mariños.

2. Partida orzamentaria: 16.31.723A.770.1 (código de proxecto 201100802) cofinanciada polo Fondo Europeo de Pesca.

3. Beneficiarios e axudas concedidas:

Solicitante

Proxecto

Importe concedido

Ano 2012

Ano 2013

Total

Asociación de confrarías de pescadores da Ría de Vigo

CIF: G36399780

Conservación

17.250,00

13.800,00

31.050,00

Agrupación de mariscadoras Río Anllóns

CIF: G15234727

Xestión

22.800,00

11.400,00

34.200,00

Agrupación de mariscadoras Río Anllóns

CIF: G15234727

Conservación

34.600,00

13.800,00

48.400,00

Asociación de mariscadoras Fonte de Santa Helena

CIF: G15495997

Conservación

2.300,00

0,00

2.300,00

S. Coop. G. Ría de Arousa

CIF: F15210180

Conservación

39.600,00

13.800,00

53.400,00

S. Coop. G. Ría de Arousa

CIF: F15210180

Xestión

22.800,00

11.400,00

34.200,00

Lonxa de Campelo, AIE

CIF: V36362879

Xestión

11.400,00

11.400,00

22.800,00

Pescabaixura, S. Coop. G.

CIF: F27715143

Conservación

63.250,00

27.600,00

90.850,00

Cíes artesanais, S. Coop. G.

CIF: F36514107

Xestión

17.100,00

0,00

17.100,00