Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Xoves, 2 de maio de 2013 Páx. 13841

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO polo que se declara deserto o posto de xefe do corpo da Policía Local deste concello.

Con data do 11 de decembro de 2012 convocouse o proceso para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de xefe do corpo da Policía Local do Concello da Coruña (DOG número 9, do 14 de xaneiro de 2013).

Por Decreto da Alcaldía Presidencia, do 19 de marzo de 2013, resolveuse o seguinte:

Declarar deserto o posto de xefe do corpo da Policía Local do Concello da Coruña, de conformidade coa normativa vixente e nos termos recollidos por xurisprudencia do Tribunal Constitucional e Supremo.

O que se participa para o seu debido coñecemento, significando que contra este decreto cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da data de publicación deste anuncio. Previamente cabe interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o órgano que ditou o acordo no prazo dun mes desde esa mesma data.

A Coruña, 26 de marzo de 2013

Martín González Rodríguez
Director de Facenda e Administración Pública