Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Venres, 3 de maio de 2013 Páx. 14249

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de formalización do contrato de xestión do servizo público de axuda no fogar deste concello.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contrato do sector público, faise pública a formalización do contrato de xestión do servizo público de axuda no fogar (SAF) do Concello de Vilagarcía de Arousa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

c) Número de expediente: CT 5/2012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vilagarcia.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de xestión de servizo público.

b) Descrición: servizo de axuda no fogar.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 85320000-8.

e) Acordo marco: non procede.

f) Sistema dinámico de adquisicións: non procede.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

h) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 31.7.2012 e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 2.8.2012.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.594.380,31 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 759.228,72 euros. Importe total: 797.298,36 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: Xunta de Goberno Local do 15 de febreiro de 2013.

b) Data formalización do contrato: 28 de febreiro de 2013.

c) Adxudicatario: Clece, S.A.

d) Nacionalidade: española.

e) Importe ou canon de adxudicación: Importe neto 635.343,16 euros. Importe total 742.292,76 euros.

f) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Vilagarcía de Arousa, 12 de abril de 2013

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde