Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14557

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO referente á oferta de emprego público do ano 2012.

Por Resolución da Alcaldía-Presidencia do 28 de decembro de 2012, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a continuación se indican para o ano 2012, de conformidade co establecido no artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, en relación co artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, polo que se aproba o Estatuto básico do empregado público, 233 da Lei 5/1997, do 20 de xullo, de Administración local de Galicia, e o artigo 23 da Lei 2/2012, do 29 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2012:

Funcionarios de carreira:

Denominación da praza: policía local.

Escala: Administración especial.

Grupo: C1.

Nivel e número de prazas: nivel 18, unha praza.

Nigrán, 4 de abril de 2013

Alberto Valverde Pérez
Alcalde