Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14335

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2013 pola que se anuncian os actos en conmemoración do Día das Letras Galegas.

En execución do seu plan de actividades para o ano 2013, a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) anuncia a celebración dos actos en conmemoración do Día das Letras Galegas conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos

A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas de 2013 ao autor e actor teatral compostelán Roberto Vidal Bolaño (1950-2002). A EGAP, como institución pública galega, súmase á homenaxe organizando unha serie de actos para celebrar a obra literaria deste galego insigne.

2. Destinatarios

Calquera persoa interesada poderá asistir á conferencia e mais á proxección cinematográfica.

Ao paseo guiado por Santiago de Compostela, para o cal hai 40 prazas dispoñibles, só terá acceso o persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia. No caso de presentárense máis de 40 solicitudes, teranse en conta a data e a hora de entrada no Rexistro Xeral da EGAP ou a data e a hora do fax; terá preferencia o persoal da Xunta de Galicia.

3. Desenvolvemento

3.1. O profesor de Lingua Galega e Literatura, Xosé Manuel Fernández Castro, pronunciará unha conferencia sobre a traxectoria de Roberto Vidal Bolaño, que incluirá o uso de material do ciclo Vidal Bolaño recuperado: citas audiovisuais, organizado polo Centro Dramático Galego.

– Data: 15 de maio.

– Lugar: salón de actos da EGAP.

– Hora: 18.30 horas.

Despois inaugurarase, na sala de exposicións da EGAP, a IX Mostra colectiva das artes e das letras dos empregados da Administración autonómica.

3.2. O día 17 de maio, ás 10.00 horas, proxectarase no salón de actos da EGAP o filme Doentes, de Gustavo Balza (2011), baseado na obra homónima do autor homenaxeado. A continuación terá lugar un paseo por Compostela guiado polo profesor Xosé Manuel Fernández Castro. O paseo partirá da praza do Obradoiro e seguirá o mesmo percorrido que fan os dous personaxes principais da obra, Cañete e Don Valeriano.

4. Inscrición

As solicitudes, segundo o modelo oficial que figura ao final desta convocatoria, irán dirixidas á directora da EGAP, rúa de Madrid 2-4, 15707 Santiago de Compostela, e presentaranse no Rexistro Xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Admitiranse tamén as inscricións por fax enviadas aos números 981 54 62 49 e 981 54 63 30.

As solicitudes deberán entrar no Rexistro da EGAP antes das 12.00 horas do día 15 de maio.

5. Información sobre a selección

A listaxe de seleccionados poderase consultar no taboleiro de anuncios da EGAP e na súa páxina web, así como nos teléfonos 881 59 72 51 e 981 54 62 39, do Servizo de Estudos, Investigación e Publicacións da escola, que atenderán calquera outra petición de información.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2013

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO
FOLLA DE INSCRICIÓN

1. SOLICITANTE

Apelidos

Nome

DNI

Enderezo particular

Código postal

Concello

Teléfono

2. DATOS PROFESIONAIS

Posto de traballo

Corpo ou escala (1)

Nivel (2)

Entidade na que presta servizos

Enderezo do posto de traballo

Código postal

Concello

Teléfono

Fax

Enderezo electrónico

3. ACTIVIDADE SOLICITADA

Solicito:

□ asistir á conferencia o día 15 de maio de 2013 na EGAP.

□ asistir á proxección cinematográfica o día 17 de maio de 2013 na EGAP.

□ participar no paseo guiado por Santiago de Compostela o día 17 de maio de 2013.

Sinatura

_____________________________, ___ de maio de 2013

(1) e (2) Cubrir só no caso de ser funcionario.

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (BOE núm. 298, do 14 de decembro), infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude serán incorporados a un ficheiro para o seu tratamento coa finalidade de xestionar este procedemento. Pódense exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante a presentación dun escrito dirixido a este mesmo centro, como responsable do ficheiro.

Directora da Escola Galega de Administración Pública