Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14831

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 25 de abril de 2013 polo que se dá publicidade á resolución reitoral mediante a que se convoca proceso selectivo de lista de espera na categoría de técnico superior veterinario.

Consonte o Acordo de selección temporal, acceso interno e adscrición provisional do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo (DOG do 7 de abril de 2009) e en exercicio das competencias que me recoñece a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades a Reitoría da Universidade de Vigo convoca proceso selectivo de lista de espera na categoría de técnico superior veterinario.

A información completa pode consultarse no taboleiro de anuncios do rexistro xeral da Universidade (Edificio da Xerencia, Campus das Lagoas-Marcosende, Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como no seguinte enderezo electrónico: http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/emprego/xerais/index.html

Poden obter información e aclarar dúbidas a través do teléfono 986 81 37 62 (Negociado de Selección e Provisión, Servizo de Persoal de Administración e Servizos) ou do correo electrónico consultapas@uvigo.es

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 21 de maio de 2013.

Vigo, 25 de abril de 2013

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo