Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2013 Páx. 15774

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2013 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada e trámite ordinario, do servizo consistente no mantemento, actualización e desenvolvemento de novas funcionalidades nos sistemas de información do Instituto Galego da Vivenda e Solo (expediente IGVS01-13).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo consistente no mantemento, actualización e desenvolvemento de novas funcionalidades nos sistemas de información do IGVS.

b) Prazo de execución: dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: catrocentos mil euros (400.000,00 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): oitenta e catro mil euros (84.000,00 €).

c) Importe total: catrocentos oitenta e catro mil euros (484.000,00 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo V, subgrupo 2, categoría A.

7. Obtención de documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos cales se rexerá a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet:

• http://www/contratosdegalicia/resultado.jsp?N=18814

Tamén no perfil do contratante:

• http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 horas do día 5 de xuño de 2013.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas, nun prazo non superior a 7 días contado desde a apertura da documentación administrativa, que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas da data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do presente anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea.

26 de abril de 2013.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2013

Teresa María Gutiérrez López
Directora xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo