Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17173

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das Consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso: curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora: Academia A Mariña.

3. Data: do 27 ao 29 de maio de 2013.

4. Lugar de realización: Euroserum Ibérica, S.L., Monforte de Lemos (Lugo).

5. Número de prazas: máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a: todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes: solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa:

Día 27.5.2013

9.00-11.15 h

Biocidas. Descrición e xeneralidades.

11.15-13.00 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

16.00-19.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación dos biocidas.

Día 28.5.2013

9.00-11.15 h

Praguicidas e ambiente. Problemas que presentan. Destrución de envases.

11.15-13.00 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

16.00-19.00 h

Prácticas sobre o terreo en campo de árbores froiteiras. Técnicas de aplicación de biocidas. Preparación de disolucións.

Día 29.5.2013

9.00-11.15 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

11.15-13.00 h

Prácticas: primeiros auxilios ante a intoxicación por biocidas

16.00-19.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas. Repaso xeral. Realización do exame.

10. Certificado de superación do curso: é obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Academia A Mariña.

Datas: do 27 ao 29 de maio de 2013.

Lugar de celebracion do curso:

Euroserum Ibérica, S.L., Monforte de Lemos (Lugo).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de exame.

Horario: das 9.00 ás 13.00 h e das 16.00 ás 19.00 horas.

Nº de prazas: máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición a Academia A Mariña, avenida Arcadio Pardiñas, 44, entresollado, 27880 Burela (Lugo) a atención de Ramón Hermida Pumares.

Teléfono: 982 58 50 98, Fax: 982 57 51 01, correo electrónico: formacion@amarina.org,
acompañada de: fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso de 273 €/alumno na conta Academia A Mariña de Nova Galicia Banco co número
2080 0109 17 3040018023.

Criterio de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

Nome e apelidos............................................................................................................

Data de nacemento........................................................................................................

NIF/DNI..........................................................................................................................

Enderezo........................................................................................................................

CP..................................................Localidade...............................................................

Tel..................................................correo electrónico....................................................