Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cervo (expediente IN407A 2012/88-2, 8056 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: novo CT Colexio Público de Cervo.

Situación: concello de Cervo.

Características técnicas:

– Desmontaxe do actual CTI (07886) Grupo Escolar Cervo e da LMTA que o alimenta cunha lonxitude de 12 metros en condutor LA-30.

– Desprazamento dun tramo de liña de media tensión, con orixe nunha conversión aéreo-soterrada existente e final no CTC proxectado, cunha lonxitude de 29 metros.

– LMTS a 20 kV, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado nun apoio da LMT Espiñeirido 1 e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 98 metros en condutor tipo RHZ-240.

– CT en edificio prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección do transformador.

– RBTS proxectada formada por dous circuítos, cunha lonxitude total de 17 metros por circuíto, con orixe no cadro de baixa do CT e final nun paso aéreo a soterrado.

– RBTA con orixe no paso aéreo a soterrado proxectado e final nas RBT existentes, cunha lonxitude de 48 metros en condutor tipo RZ.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 19 de abril de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo