Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17793

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2013, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, pola que se dá publicidade ao prazo de presentación de solicitudes de pagamento da prima de mantemento para o ano 2013 dos expedientes de axudas que foron concedidas ao abeiro de distintas ordes relativas á forestación de terras non agrícolas e fomento de frondosas caducifolias.

O 15 de maio de 2007 publicouse a Orde do 9 de maio de 2007 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, o 18 de xuño de 2007 publicouse a Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, o 7 de febreiro de 2008 publicouse a Orde do 28 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, o 18 de febreiro de 2008 publicouse a Orde do 30 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, o 27 de febreiro de 2009 publicouse a Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009, e o 12 de marzo de 2009 publicouse a Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009. Nas devanditas ordes prevese, no caso de ser concedida, unha prima de mantemento que está destinada ao coidado, mantemento e demais traballos posteriores á plantación que son necesarios para o logro da plantación realizada. A prima de mantemento ten unha duración de 5 anos contados a partir do ano seguinte ao do pagamento da última comprobación.

O Regulamento (UE) nº 65/2011 da Comisión, do 27 de xaneiro, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, no que respecta á aplicación dos procedementos de control e da condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural, establece no seu artigo 8 que as primas de mantemento se aboarán se se solicitan coas convocatorias anuais de solicitude.

Na derradeira disposición das ordes de fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e de fomento das frondosas caducifolias, facúltase o director xeral de Montes para ditar todas as disposicións complementarias co obxecto de executar as ditas ordes de axudas.

Ao abeiro do Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e do Fondo Galego de Garantía Agraria, as funcións do director xeral de Montes son asumidas polo secretario xeral do Medio Rural e Montes.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Obxecto

O obxecto desta resolución é dar publicidade ao prazo de presentación de solicitudes de pagamento da prima de mantemento para o ano 2013, dos expedientes de axudas que foron concedidas ao abeiro da Orde do 9 de maio de 2007 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, da Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, da Orde do 28 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, da Orde do 30 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias, da Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 e da Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009.

Segundo. A data de apertura para presentación de solicitudes das axudas que foron concedidas ao abeiro da Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas comezará a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. O prazo para a presentación de solicitudes de pagamento da prima de mantemento 2013, dos expedientes de axudas concedidas polas ordes relacionadas no artigo 1 desta resolución, remata o día 29 de xuño de 2013.

Cuarto. O prazo para resolver será de 6 meses contados a partir do seguinte á finalización do prazo de presentación das solicitudes de pagamento. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Quinto. Presentación de solicitudes

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Sexto. Presentación de documentación

Os beneficiarios das axudas, xunto coa solicitude de pagamento da prima de mantemento para o ano 2013 que se inclúe como anexo, deberán presentar a documentación exixida na orde de axudas correspondente:

6.1. Orde do 11 de xuño de 2007 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (artigo 13, punto 7):

• «... factura ou, no caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, deberá presentar un documento xustificativo de ter realizado os traballos polos seus propios medios e os xustificantes dos gastos polo importe total do investimento, ...».

6.2. Orde do 9 de maio de 2007 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias (artigo 13, punto 7), Orde do 28 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas (artigo 13, punto 7) e Orde do 30 de xaneiro de 2008 de axudas para o fomento das frondosas caducifolias (artigo 13, punto 7):

• «... factura ou, no caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, deberá presentar un documento xustificativo de ter realizado os traballos polos seus propios medios e os xustificantes dos gastos polo importe total do investimento. No caso de propietarios particulares que realizaron os traballos polos seus propios medios, será suficiente a presentación dun documento xustificativo de ter realizado os traballos polos seus propios medios e de posuír a maquinaria empregada na realización dos traballos, ...».

6.3. Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento das frondosas caducifolias e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (artigo 2, modificación oitava) e Orde do 26 de febreiro de 2009 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas e se convocan para o exercicio orzamentario 2009 (artigo 2, modificación oitava):

• «...Coa solicitude presentarase factura e xustificante do seu pagamento ou, no caso de que o beneficiario realice os traballos polos seus propios medios, un documento xustificativo de tal circunstancia, no que figurarán horas de traballo/superficie, custo/hora, ... e de posuír a maquinaria empregada na realización dos traballos, acompañada dos xustificantes dos gastos polo importe total do investimento».

Sétimo. A Subdirección Xeral de Recursos Forestais, unha vez comprobada a documentación e inspeccionado o mantemento e os traballos previstos nas axudas anteriormente aprobadas, proporá o pagamento ou a desestimación das primas de mantemento anual á Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

missing image file
missing image file
missing image file