Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18689

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 292/2013 interposto por Manuel Benigno Graña Suárez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 292/2013, interposto por Manuel Benigno Graña Suárez contra a desestimación do recurso de reposición formulado contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 5 de febreiro de 2013, contra a Orde da Consellería de Facenda, do 28 de novembro de 2012, pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración especial da Xunta de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública