Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18533

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 16 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e se convocan para o exercicio orzamentario de 2013.

O artigo 19.1 da Lei 5/2007, do 3 de abril, da Rede de Parques Nacionais, establece que, coa finalidade de promover o desenvolvemento sustentable destes espazos, as administracións públicas, dentro do seu ámbito competencial e conforme as dispoñibilidades orzamentarias, poderán conceder axudas técnicas, económicas e financeiras nas áreas de influencia socioeconómica dos parques nacionais.

O Real decreto 1229/2005, do 13 de outubro, polo que se regulan as subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado nas áreas de influencia socioeconómica dos parques nacionais, recoñece expresamente que a tramitación e resolución dos procedementos de concesión destas subvencións corresponde ás comunidades autónomas.

Este real decreto sinala no seu artigo 5 que a concesión de subvencións públicas con cargo aos orzamentos xerais do Estado nas áreas de influencia socioeconómica dos parques nacionais require convocatoria pública por parte daquelas comunidades autónomas que dispoñan no seu territorio dalgún parque nacional, convocatoria que debe conter as especificacións mínimas que determina o mencionado precepto.

Galicia conta cun parque nacional, que agrupa os arquipélagos de Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes, e recibe o nome de Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Este parque inclúe superficies pertencentes aos concellos de Vigo, Bueu e Vilagarcía de Arousa, en Pontevedra, e Ribeira, na Coruña.

Por outra banda, esta convocatoria responde á necesidade de contribuír ao desenvolvemento socioeconómico da poboación sita no ámbito de influencia do parque nacional. A regulamentación de usos e actividades permitidos no interior do parque nacional é en ocasións certamente restritiva, pois a fraxilidade e interese dos valores naturais a protexer así o exixe. No entanto, isto non debe ser obstáculo para fomentar e lograr o crecemento económico da zona de influencia socioeconómica do parque de xeito harmonioso e compatible cos obxectivos de conservación.

A experiencia adquirida na xestión destas axudas, e a necesidade de adaptación á nova estrutura orgánica da Xunta de Galicia establecida polo Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, fan conveniente introducir algunhas modificacións que afectan o sistema de xestión. Por todo isto, e coa finalidade de facilitar o acceso ás bases reguladoras nun só texto, óptase polo establecemento na presente orde do texto definitivo das bases reguladoras para a concesión das axudas.

É obxectivo tamén desta orde o cumprimento das premisas de publicidade e transparencia especificadas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación co Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, que modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, establecida polo Decreto 79/2009, do 19 de abril, e o Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, que no seu artigo 3 establece unha nova estrutura da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á cal se lle adscribe a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, atribúelle, dentro das súas competencias, as referidas á conservación da natureza e ao fomento de medidas de de-senvolvemento socioeconómico dos espazos naturais protexidos e adscríbelle con nivel orgánico de servizo o Parque Nacional marítimo- terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

En virtude do exposto, e no uso das facultades que teño conferidas polo artigo 34 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto das axudas

1. A presente orde ten por obxecto, de acordo co establecido no Real decreto 1229/2005, do 13 de outubro, establecer as bases reguladoras, así como efectuar a súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2013, das axudas na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

2. De acordo coa Lei 15/2002, do 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, entenderase por área de influencia socioeconómica do parque nacional a área ocupada polos concellos que teñen parte da súa superficie no parque nacional, é dicir, a superficie dos concellos de Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo.

3. As axudas previstas nesta orde outorgaranse de conformidade cos criterios de publicidade, concorrencia competitiva, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, atendéndose a criterios de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e á eficiencia na asignación e emprego dos recursos públicos segundo o establecido no artigo 8 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Sección 1ª. Bases reguladoras

Artigo 2. Iniciativas e porcentaxes subvencionables

1. Poderán ser obxecto de subvencións os investimentos na área de influencia socioeconómica do parque nacional referidos a:

a) Iniciativas públicas tendentes á modernización das infraestruturas urbanas, periurbanas e rurais destinadas ao uso xeral, así como á diversificación e mellora dos servizos prestados pola Administración local, cando garden unha relación directa coas finalidades e obxectivos que establecen a norma da declaración do parque nacional ou os seus instrumentos de planificación.

As actuacións subvencionables, dentro do perímetro do parque nacional, serán do tipo de mellora na subministración de auga potable, mellora na atención sanitaria a visitantes e residentes no parque, xestión de residuos e outras semellantes.

b) Iniciativas públicas ou privadas destinadas á conservación ou restauración do patrimonio natural, sempre que presenten un manifesto valor ecolóxico.

c) Iniciativas públicas ou privadas orientadas á eliminación de calquera tipo de impacto sobre os valores naturais ou culturais que xustificaron a creación do parque nacional, incluído o impacto visual sobre a súa percepción estética ocasionado por infraestruturas preexistentes.

As actuacións subvencionables, dentro do perímetro do parque nacional, serán do tipo de soterramento de alxibes, mellora de fosas sépticas, puntos limpos e outras semellantes.

d) Iniciativas públicas ou privadas dirixidas a garantir a compatibilidade das actividades e dos usos tradicionais coa finalidade e obxectivos dos parques nacionais.

e) Iniciativas públicas ou privadas destinadas á conservación ou restauración do patrimonio arquitectónico, sempre que presenten un manifesto valor histórico-artístico ou cultural a escala local.

As actuacións subvencionables serán do tipo recuperación de hórreos, fornos comunais e outras semellantes.

f) Iniciativas privadas destinadas á posta en marcha de actividades económicas relacionadas co parque nacional, en particular, as relacionadas coa prestación de servizos de atención a visitantes e a comercialización dos produtos artesanais.

As actuacións subvencionables serán do tipo de empresas de rutas guiadas, mergullo recreativo-educativo, promoción de actividades no inverno e outras semellantes.

g) Iniciativas privadas destinadas a manter ou a recuperar a tipoloxía construtiva tradicional ou acadar as condicións exixidas para a concesión da cédula de habitabilidade, dos edificios que se atopan en terreos do interior do perímetro do parque nacional e teñen unha antigüidade de mais de 50 anos, cuxo uso está directamente relacionado coa actividade produtiva asociada ao sector primario ou constitúen a primeira residencia dos/das seus/súas propietarios/as ou son utilizados polos/as solicitantes dunha concesión, segundo o Decreto 174/2010, do 1 de outubro, que regula o procedemento para outorgamento das concesións da Illa de Ons.

h) Iniciativas públicas ou privadas orientadas á divulgación e formación entre a poboación local dos valores e importancia do parque nacional, coa conservación dos valores naturais y culturais que xustificaron a súa declaración ou co uso sustentable dos recursos naturais.

2. Non se subvencionarán os gastos de adquisición de edificios nin terreos, nin os gastos xerais de funcionamento ou equipamento dos/as solicitantes, senón os propios do desenvolvemento das actividades e actuacións obxecto das axudas. Tampouco serán subvencionables os gastos correntes dos concellos. As solicitudes conxuntas de concellos que non acrediten a realización conxunta dunha actuación ou servizo e que supoñan actividades independentes en cada entidade local serán excluídas ou non admitidas a trámite.

3. Todas as accións, obras ou traballos deberán atoparse situados dentro do perímetro do parque nacional ou da zona de influencia socioeconómica, e teran prioridade as accións que se realicen dentro do perímetro do parque sobre aquelas que estean fóra.

4. A porcentaxe da subvención e importe máximo da axuda será:

– No caso de iniciativas incluídas nos grupos a), c), d), e) e f) do punto 1 subvencionarase o 100 % do investimento subvencionable, ata un importe máximo de axuda de 18.000 €, no caso de concellos, e 9.000 € no resto dos casos.

– No caso de iniciativas incluídas nos grupos b), g) e h) do punto 1 subvencionarase ata o 80 % do investimento subvencionable, ata un importe máximo de axuda de 12.000 €, no caso de concellos e 6.000 € no resto dos casos.

5. Cada solicitante unicamente poderá presentar unha solicitude de axuda, especificando claramente o grupo do número 1 do presente artigo a que pertencen as actuacións para as cales solicita a axuda.

6. No caso de concellos, admitirase a presentación dunha segunda solicitude destinada a mellora na prestación de servizos, sempre que se subscriba o correspondente convenio para a xestión compartida de servizos municipais, segundo o modelo que se inclúe na paxina web da Consellería de Presidencia Administracións Públicas e Xustiza no enderezo: http://www.eidolocal.es/portal/serv_xunta/DXAL/c.marco.servizos.html , e todos os concellos implicados nel, pertenzan á área de influencia socioeconómica do parque nacional.

Artigo 3. Beneficiarios

1. Poderán resultar beneficiarios/as das subvencións:

1.1. Entidades locais.

a) Os concellos dos municipios situados na área de influencia socioeconómica do parque nacional (Bueu, Ribeira, Vilagarcía de Arousa e Vigo).

1.2. Entidades empresariais.

a) As entidades empresariais que teñan a consideración de pequenas e medianas empresas, cuxa sede social estea radicada na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlántica e cuxa actividade principal se desenvolva nesta área.

b) Os/As empresarios/as autónomos/as nos seguintes supostos:

– Cando a súa residencia e actividade se localicen na área de influencia socioeconómica do parque nacional.

– Cando residan na área de influencia socioeconómica do parque nacional e pretendan implantar a súa actividade nela.

– Cando non residan na dita área de influencia socioeconómica pero veñan realizando no interior do parque nacional actividades productivas de carácter artesanal ligadas ao sector primario, sempre que tales actividades fosen especificamente reguladas nos instrumentos de planificación.

1.3. Persoas físicas: as persoas físicas residentes e empadroadas na área de influencia socioeconómica do parque nacional ou solicitantes dunha concesión, segundo o Decreto 174/2010, do 1 de outubro, que regula o procedemento para o outorgamento das concesións da Illa de Ons.

1.4. Institucións sen fins de lucro: as fundacións e asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas e cuxa sede social ou a dalgunha das súas seccións ou delegacións estea na área de influencia socioeconómica do parque nacional, sempre e cando entre os seus fins estatutarios figure expresamente a realización de actuacións en materia de conservación ou uso sustentable dos recursos naturais, de protección do patrimonio histórico-artístico ou de promoción da cultura tradicional.

1.5. As entidades de dereito público constituídas ao abeiro dalgunha lexislación sectorial en materia de recursos naturais renovables e cuxa actividade estea relacionada co aproveitamento ordenado destes recursos na área de influencia socioeconómica do parque nacional.

2. Non poderán obter a condición de beneficiario/a das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 4. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes de subvención, subscritas polo/a solicitante ou polo representante da entidade solicitante, realizaranse mediante o correcto enchemento do modelo que figura no anexo I, dirixiranse á Dirección Xeral de Conservación da Natureza e irán acompañadas, se for o caso, da documentación administrativa e técnica que se especifica no artigo 5.

2. As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, nos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ou a través de calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. Así mesmo, tamén poderán presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es, onde estarán dispoñibles as solicitudes. Neste caso, a documentación que debe ir xunto coa solicitude poderá anexarse mediante arquivos en formato PDF, que o/a solicitante deberá obter como copias dixitalizadas a partir dos documentos orixinais, garantindo e responsabilizándose el mesmo da fidelidade co orixinal co emprego da súa sinatura electrónica, todo iso de conformidade co disposto no artigo 35.2. da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

3. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, computado de data a data, contado desde o día seguinte á data da publicación da presente orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O prazo de presentación rematará o día correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación, con dúas excepcións. En primeiro lugar, cando no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes. En segundo lugar, se o derradeiro día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

4. Consonte o disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude de iniciación non reúne os requisitos sinalados, requirirase o/a interesado/a para que nun prazo máximo e improrrogable de 10 días emende a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

5. A presentación da solicitude de concesión da axuda ou subvención polo/a interesado/a comportará:

a) Segundo o artigo 23 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deba emitir a Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia. A dita comprobación efectuarase tanto antes de ditar a resolución de concesión como na tramitación do pagamento. Non obstante, o/a solicitante poderá denegar expresamente o consentimento e deberá presentar entón as certificacións no momento da solicitude e, no caso de resultar beneficiario/a, no momento da xustificación dos traballos.

b) Se o interesado no modelo de solicitude autoriza o órgano xestor, este órgano procederá á verificación electrónica dos datos de carácter persoal que figuren no documento nacional de identidade, segundo o artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde de 7 de xullo de 2009 da Consellería de Presidencia, que o desenvolve, no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Se o interesado non o autorizar, deberá presentar a fotocopia dos documentos acreditativos.

c) Se o interesado no modelo de solicitude autoriza o órgano xestor, este órgano procederá á verificación electrónica dos datos relativos ao domicilio e á residencia dos/as interesados/as, conforme o artigo 3 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro, e a Orde de 7 de xullo de 2009 da Consellería de Presidencia, que o desenvolve, no Sistema de Verificación de Datos de Identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Se o interesado non o autorizar, deberá presentar a fotocopia dos documentos acreditativos.

6. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza poderá requirir motivadamente consonte prevé o artigo 54 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, calquera documentación aclaratoria necesaria, en relación coas subvencións que se van outorgar, que considere conveniente.

Artigo 5. Requisitos e documentación administrativa e técnica

1. Conforme o artigo 23.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións:

a) As solicitudes dos/as interesados/as acompañarán os documentos e as informacións determinados na norma ou convocatoria, salvo que os documentos exixidos xa estivesen en poder de calquera órgano da administración actuante; neste caso o/a solicitante poderá acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

b) Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle ao/á solicitante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. O/A solicitante deberá engadir, anexa ao impreso de solicitude, a documentación que se relaciona a seguir con carácter xeral, sen prexuízo da que, tras a comunicación da resolución, lle sexa requirida para determinadas actividades e que será necesaria para a correcta finalización do expediente.

2.1. Para todo/a interesado/a:

a) Documentos que acrediten a personalidade do/a solicitante (só no caso de non autorizar a verificación electrónica) e identificación fiscal compulsados e, se procede, acreditación da representación do/a solicitante por calquera medio válido en dereito, de acordo co disposto no artigo 32 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

b) Certificado de empadroamento (só no caso de non autorizar a verificación electrónica).

c) Número de conta bancaria en que se queren recibir os pagamentos da axuda segundo o modelo que se xunta no anexo I.

d) Declaración xurada de non atoparse o/a solicitante incurso en ningunha das circunstancias que dan lugar á inhabilitación para a obtención de subvencións ou axudas públicas segundo o teor do disposto no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Memoria descritiva da finalidade para a cal se solicita a subvención. Conterá, como mínimo, a descrición dos traballos ou actividades, planos de situación e detalle, orzamento detallado co IVE desagregado, prazo aproximado de execución e calendario, tendo en conta que as actividades subvencionables deben comezar no presente exercicio.

f) Cando a actuación se localice nun lugar concreto, achegarase un plano de situación, sen prexuízo dos demais planos de detalle que exixa a definición técnica da actuación.

g) Declaración expresa responsable sobre a solicitude ou concesión doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, con relación detallada delas e indicación da entidade concedente e do importe ou, se for o caso, a non concorrencia con outras subvencións ou axudas.

h) No seu caso, acreditación de dispoñer de todas as licenzas e autorizacións necesarias para o exercicio da actividade ou de estar en trámite de conseguilas. Neste caso deberase dispoñer da autorización ou licenza ao inicio das actuacións.

2.2. Deberase xuntar, ademais, a seguinte documentación complementaria, dependendo da natureza do/a beneficiario/a:

a) Cando se trate de actuacións sobre terreos ou bens inmobles concretos, certificación acreditativa da plena dispoñibilidade dos devanditos bens para executar a actuación.

b) No caso de arrendatarios/as, documento que acredite a condición, así como manifestación do consentimento, coñecemento ou non oposición polo/a propietario/a ás obras, de acordo co disposto no artigo 30 da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.

c) No caso de montes veciñais en man común, certificación acorde coa asemblea xeral, conforme autoriza a xunta reitora para solicitar axudas. De xeito interno, solicitarase certificado do Rexistro Provincial de Montes Veciñais en Man Común de posuír os estatutos en regra e coa composición da xunta reitora actualizada.

d) No caso de comunidades de bens diferentes aos montes veciñais en man común, declaración responsable sobre o importe do investimento a aplicar por cada un dos/as membros da agrupación, expresado en forma de porcentaxe sobre o total, e identificación de cada unha das persoas integrantes (núm. DNI).

e) Para entidades locais, privadas e institucións sen ánimo de lucro, documento acreditativo do acordo adoptado pola entidade para efectuar a solicitude de subvención, así como da representación das persoas que a subscriban.

f) No caso de concellos que subscriban convenios para a xestión compartida de servizos municipais, presentarán copia cotexada do convenio subscrito.

g) Para institucións sen ánimo de lucro, certificado de inscrición da institución sen ánimo de lucro no rexistro público correspondente e copia dos estatutos.

h) No caso de asociacións, acordo da xunta de goberno ou figura similar para solicitar axudas á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e certificación do concello, ou documento semellante, que acredite que máis do 50 % dos/as socios/as residen nalgún dos concellos do parque nacional. De xeito interno solicitarase certificación de estaren inscritas no Rexistro de Asociacións.

i) Tratándose de empresas e particulares, será de aplicación a disposición adicional primeira, polo que deberán engadir a declaración de calquera outra axuda sometida ao réxime de minimis.

j) No caso de solicitantes dunha concesión segundo o Decreto 174/2010, do 1 de outubro, que regula o procedemento para outorgamento das concesións da Illa de Ons, escrito en que exprese a dita condición e cite as súas características.

k) No caso de empresas ou autónomos/as:

– Documento acreditativo que xustifique estar de alta no imposto de actividades económicas (IAE), cando proceda.

– Acreditación de posuír a sede social nalgún concello do parque nacional.

l) No suposto de que o terreo obxecto dos traballos sexa propiedade de varios/as copropietarios/as, deberase presentar:

– Acreditación da titularidade do terreo de cada propietario/a.

– Documento que acredite o consentimento de todos/as os/as copropietarios/as.

– Representación do/a solicitante para realizar a acción obxecto da subvención.

Artigo 6. Instrución do procedemento de concesión de subvencións

1. A instrución das axudas recollidas no artigo 2 da presente orde será efectuada pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

2. No proceso de instrución darase traslado das solicitudes recibidas á comisión de valoración, que elaborará unha proposta de concesión das axudas, tendo en conta o informe emitido pola Dirección do Parque Nacional.

3. Cumpridos os trámites anteriores, elevaranse as correspondentes propostas de resolución á persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, quen resolverá.

Artigo 7. Criterios de avaliación dos proxectos

1. Para a asignación das subvencións que se recollen na presente orde, terase en conta o informe elaborado pola Dirección do Parque Nacional sobre o grao de adecuación de cada solicitude aos obxectivos do parque nacional, e o resultado da inspección da viabilidade e realidade das actuacións propostas.

2. A asignación das citadas subvencións farase en virtude da baremación realizada pola comisión de valoración, composta pola persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, que a presidirá. Ademais, serán membros da citada comisión a persoa titular da Subdirección Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, da xefatura do Servizo de Conservación de Espazos Naturais e o/a director/a do Parque Nacional. Actuará como secretario/a a persoa titular da Sección de Espazos Naturais e Biodiversidade. Así mesmo, asistirá ás reunións o persoal técnico e administrativo que sexa requirido en cada ocasión. En caso de ausencia dalgunha delas, a persoa titular da dirección xeral procederá a nomear unha persoa substituta.

3. O baremo inclúe un factor de multiplicación (× 1,4) para discriminar os proxectos que, referidos a investimentos, repercutan directa e positivamente sobre o a calidade de vida dos/das residentes no interior do parque nacional, e (x 1,2) se repercuten directa e positivamente na calidade de vida dos residentes na área de influencia socioeconómica

4. A dispoñibilidade orzamentaria asignada na convocatoria limitará o número de expedientes que se aproben. Para iso ordenaranse os investimentos solicitados de acordo cos criterios do baremo indicado, e aprobaranse os investimentos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento.

5. Os criterios de avaliación e baremación de proxectos serán os seguintes:

Criterios de avaliación de actividades subvencionables

Segundo o tipo de actuacións que se realicen (artigo 2.1):

Puntos

Grupo a)

10

Grupo b)

8

Grupo c)

10

Grupo d)

5

Grupo e)

8

Grupo f)

8

Grupo g)

No caso de solicitantes de concesión regulado polo

Decreto 174/2010 (engadirase 2 puntos, ata os 12 máx.)

10

Grupo h)

5

O carácter de exemplificación dun modelo de desenvolvemento compatible coa conservación dos procesos naturais

Ata 10

Volume de creación de emprego estable

Ata 10

A intensidade do efecto sobre a mellora da calidade de vida e o desenvolvemento económico

Ata 5

Repercusión social

Ata 3

Promoción do emprego da lingua galega na realización das actividades

Ata 2

Se o/a solicitante é residente ou non dentro do perímetro do parque nacional:

– Residente

3

No caso de solicitudes de axudas de convenios para a xestión compartida de servizos municipais de actuacións do grupo a) do artigo 2.1, a avaliación da solicitude terá un incremento da puntuación obtida: un 10 por cento pola mera presentación da solicitude conxunta; outro 10 por cento pola presentación dunha memoria de aforro de custos respecto da presentación de modo individual; e un último 10 por cento segundo o número de concellos asociados.

Artigo 8. Inspección

Os/As funcionarios/as do parque nacional realizarán unha inspección no campo para comprobar os datos da solicitude, comprobar a viabilidade dos traballos e verificar, de ser o caso, as superficies e que os traballos non están executados. Esta inspección realizarase antes da resolución de aprobación.

A Dirección do Parque Nacional emitirá informe individualizado para cada solicitude no cal se reflicta o resultado da inspección anterior e a compatibilidade cos instrumentos de xestión do parque e co mantemento dos valores que xustificaron a declaración do espazo como parque nacional.

Artigo 9. Resolución e notificación

1. O prazo máximo para resolver será de tres meses, contando a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Consonte o establecido no artigo 25 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, unha vez transcorrido o devandito prazo sen que se ditase a resolución expresa, os/as solicitantes deberán entender desestimada a súa solicitude nos termos previstos no artigo 44.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente, de acordo co disposto no artigo 42.1 do mencionado texto legal.

O prazo máximo para resolver rematará o día correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación, con dúas excepcións. En primeiro lugar, cando no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes. En segundo lugar, se o derradeiro día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

2. As solicitudes de axudas serán resoltas pola persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

3. A resolución do procedemento notificarase de forma individual aos adxudicatarios. Na notificación indicarase o/a beneficiario/a, a cantidade concedida, o prazo de execución e xustificación, a finalidade da subvención e o programa e crédito orzamentario a que se imputen.

4. A resolución ditada, segundo o disposto no número 1 deste artigo, porá fin á vía administrativa e en contra dela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes a partir da notificación da resolución, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro e 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 10. Aceptación

De renunciar á subvención concedida, o/a beneficiario/a, no prazo de dez días hábiles contado desde o seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, deberá notificalo á Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Se así non o fixer no prazo indicado, entenderase que acepta a axuda.

Artigo 11. Publicidade

1. De conformidade cos puntos 3 e 4 do artigo 13 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados no artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza publicará no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputen, beneficiarios/as, cantidades concedidas e finalidade da subvención. Do mesmo xeito incluiranse as sancións que, como consecuencia das referidas axudas, poidan impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación de solicitudes leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos persoais dos/as beneficiarios/as e a referida publicidade, con plena observancia do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, pola que se regula a protección de datos de carácter persoal.

2. Así mesmo, as resolucións de concesión da subvención incluiranse no Rexistro Público de Subvencións, Axudas e Convenios e no Rexistro Público de Sancións, creados polos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, co fin da ordenación e coñecemento da actividade subvencional en Galicia. Os datos incorporados a el poden ser obxecto de rectificación, cancelación e oposición polo/a interesado/a. No suposto de que a publicación dos datos do/da beneficiario/a poida ser contraria ao respecto e salvagarda da honra e á intimidade persoal e familiar das persoas físicas segundo a Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, este poderá facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos.

3. O/a beneficiario/a terá a obriga de publicitar a axuda concedida en toda actividade subvencionada durante a realización desta, así como nos anuncios e programas previos.

No caso de obras materiais instalarase un cartel segundo o modelo do anexo IV desta orde, que deberá permanecer colocado no lugar por un período de 5 anos contado desde a notificación da resolución de concesión da axuda. O cartel de publicidade da subvención, que será a cargo do/da beneficiario/a, deberá presentar en todo momento as adecuadas condicións de imaxe, obrigándose o adxudicatario a mantelo en perfecto estado e substituílo no caso de que sufra unha deterioración significativa.

Nas publicacións e demais material de divulgación, farase mención a que a actividade foi financiada con cargo ao programa de subvencións da Rede de Parques Nacionais e da Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, debendo figurar os correspondentes logos segundo o anexo V.

Artigo 12. Obrigas do/da beneficiario/a

1. Son obrigas do/da beneficiario/a as que se establecen con carácter xeral na normativa de aplicación en materia de subvencións e, en particular:

a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determina a concesión ou o goce da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto estatais como autonómicos, fornecendo canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Estar ao día no cumprimento da súas obrigas coa Comunidade Autónoma, tributarias e fronte á Seguridade Social, tanto no momento de concesión da axuda como no da xustificación do gasto realizado.

f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao/á beneficiario/a en cada caso, así como de cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control.

g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en tanto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, sen prexuízo da exixencia por parte da Administración dos correspondentes xuros de demora, cando se perda o dereito ao cobramento.

i) No caso de axudas á divulgación, no momento da xustificación final entregaranse dous exemplares do material editado, xunto co resto da documentación xustificativa.

Artigo 13. Gastos subvencionables

Ao abeiro do disposto no artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións:

a) Considéranse gastos subvencionables, para os efectos previstos na citada lei, aqueles que de xeito indubitable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido polas diferentes bases reguladoras das subvencións. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

b) Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación determinado pola convocatoria da subvención.

c) Cando o gasto subvencionable supere os 30.000 €, no caso de obras, ou 12.000 € no suposto de subministración de bens de equipamento ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o/a solicitante deberá achegar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores/as, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.

A elección entre as ofertas presentadas, que se presentarán xunto coa solicitude de axuda, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica mais vantaxosa.

2. As subvencións outorgadas ao abeiro da presente orde serán compatibles con outras axudas para a mesma actividade proveniente doutras administracións públicas ou de entidades privadas, sen que en ningún caso se supere, pola concorrencia delas, o cen por cen do investimento que se vai realizar.

3. O IVE non será subvencionable.

4. As obras e actuacións obxecto da subvención deberán axustarse á lexislación vixente e, en particular, aos instrumentos de planificación e xestión do parque nacional.

5. No suposto de rehabilitación e mellora de bens inventariables, o período durante o cal o/a beneficiario/a deberá destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención no poderá ser inferior a cinco anos no caso de bens inscritibles nun rexistro público, nin a dous anos para o resto dos bens.

6. Os investimentos obxecto de subvención deberán respectar os prazos e deben obrigatoriamente comezar no exercicio económico da convocatoria en curso.

Artigo 14. Subcontratación

1. Para os efectos do disposto no artigo 29 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, permitirase a subcontratación total ou parcial da actividade obxecto da subvención, agás cando, aumentando o custo da actividade subvencionada, non achegue valor engadido ao seu contido.

Artigo 15. Modificación da resolución

1. Toda alteración nas condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, de acordo co disposto no artigo 19 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e segundo o establecido na normativa que regula o seu desenvolvemento.

2. O/A beneficiario/a poderá solicitar a modificación do contido da resolución, sempre que se solicite antes de que conclúa a metade do prazo concedido para a realización da actividade, non supoña incremento da axuda concedida e se cumpra o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

3. O/A beneficiario/a poderá solicitar a prórroga do prazo de execución, sempre que se solicite cunha anticipación dun mes antes da finalización do prazo de xustificación e se teña executado ao menos o 50 % do importe da axuda e se cumpra o establecido no artigo 35.7 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En todo caso, o prazo da prórroga non será superior á metade do prazo de execución inicial.

4. Corresponde á persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a resolución das solicitudes de modificación.

Artigo 16. Xustificación e pagamento da actividade

1. O pagamento da subvención segundo proceda:

a) Un pagamento único correspondente ao ano 2013, unha vez xustificada a realización da actividade obxecto de subvención.

b) No caso de se aprobar unha prórroga que implique repartición entre anualidades, realizarase un pagamento parcial polo importe das actuación cuxa execución se xustifique no ano 2013. O importe restante pagarase no ano 2014, unha vez xustificada a realización da actividade obxecto de subvención.

2. No momento da xustificación da execución total ou parcial, con anterioridade ao pagamento o/a beneficiario/a deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.

3. Unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade, o/a beneficiario/a deberá comunicar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza o remate das accións e solicitar o aboamento do importe da axuda correspondente. Esta comunicación tamén será obrigatoria no caso de xustificación de pagamentos parciais.

4. O servizo técnico do órgano xestor do Parque Nacional deberá certificar que os investimentos se realizaron de acordo coa resolución aprobada. Tras esta certificación, poderá tramitarse o pagamento das axudas.

5. O pagamento da subvención realizarase logo de xustificación polo/a beneficiario/a da realización da actividade, da execución do proxecto ou investimento ou da consecución do obxectivo para o cal se concedeu, de forma que a súa falta de xustificación ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas na normativa en materia de subvencións determinará a perda do dereito a cobramento.

6. O incumprimento do dito prazo ou das obrigas previstas na presente orde producirá a perda total ou parcial das axudas recibidas, e o/a beneficiario/a deberá reintegrar á Administración a cantidade que tivese percibido cos xuros que correspondan, sen prexuízo da posible incoación do correspondente procedemento sancionador cando os feitos motivadores do reintegro constitúan infracción administrativa.

7. Para realizar o pagamento final, deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Memoria-resumo da actividade subvencionada, se é o caso, detalle de cal foi o alcance do investimento finalmente executado.

b) Certificado do/a secretario/a, interventor/a ou tesoureiro/a do concello, da entidade, empresa ou asociación, ou da persoa física do «visto e prace» do alcalde/alcaldesa ou presidente/a, cando proceda, que inclúa unha relación das facturas, correspondentes aos gastos realizados coa axuda concedida, indicando concepto do gasto, data, número de factura, nome e NIF do provedor e o seu importe con e sen IVE.

c) No caso de particulares, montes veciñais ou empresas; xustificación, documentada mediante facturas, dos gastos e pagamentos realizados. Ademais, o/a beneficiario/a deberá presentar xustificación do pagamento efectivo dos gastos en que incorreu, mediante copia da transferencia bancaria ou xustificante bancario de ingreso na conta do/a contratista en que figure o número da factura pagada.

No caso de particulares que realicen os traballos subvencionados con medios propios, cando non existan facturas polos traballos realizados, os gastos xustificaranse mediante declaración xurada en que consten claramente os custos soportados, segundo o orzamento que se achegase coa solicitude de axuda e que servise de base para a súa concesión. Isto non eximirá os/as beneficiarios/as de presentaren facturas para xustificar o importe dos materiais adquiridos para a obra.

d) No caso de municipios ou entidades de dereito público, a xustificación das actuacións realizarase conforme o establecido no artigo 28.5 da Lei xeral de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Control das subvencións

1. O control e avaliación das axudas reguladas na presente orde axustaranse ao disposto na lexislación de orzamentos, de facenda e contabilidade da Comunidade Autónoma de Galicia e, con carácter xeral, á normativa básica estatal que resulte de aplicación.

2. A Dirección Xeral de Conservación da Natureza velará polo cumprimento das condicións exixidas para a concesión das axudas económicas e pola correcta realización dos investimentos previstos. Para tal efecto poderá realizar as inspeccións e comprobacións oportunas, así como demandar o/a beneficiario/a a información que se considere necesaria relativa á actividade obxecto da subvención concedida.

3. Nos supostos de falsidade, inexactitude ou omisión nos datos subministrados para a solicitude das subvencións, de incumprimento das condicións impostas na concesión, ou calquera dos recollidos na normativa estatal ou autonómica, producirase a perda total ou parcial das axudas recibidas, e o/a beneficiario/a deberá reintegrar á Administración a cantidade que percibise cos xuros que correspondan, sen prexuízo da posible incoación do procedemento sancionador cando os feitos motivadores do reintegro constitúan infracción administrativa.

Artigo 18. Revogación

1. Son causa de revogación:

a) O destino das axudas concedidas a unha finalidade diferente daquela para a cal foron concedidas, despois da súa comprobación.

b) A non realización da obra ou traballos obxecto da subvención.

c) A non presentación, ou presentación fóra de prazo, de calquera documentación requirida en calquera momento da tramitación.

d) A existencia de modificacións das accións previstas de forma que desvirtúen os obxectivos descritos na presente orde.

e) A ocultación, manipulación, falseamento de datos ou entorpecemento de forma deliberada do labor de inspección e control.

f) A perda da titularidade dos terreos ou a perda de personalidade xurídica das empresas ou asociacións, se o/a novo/a titular non se subroga expresamente.

g) O incumprimento polo/a beneficiario/a de calquera das condicións establecidas tanto nesta orde como no resto da normativa aplicable.

h) O incumprimento de calquera dos prazos establecidos na presente orde.

i) O incumprimento de calquera das disposicións vixentes.

2. O incumprimento total ou parcial das obrigas asumidas polo/a beneficiario/a levará consigo o reintegro, total ou parcial, do importe recibido, xunto cos xuros de demora, ao abeiro do establecido no título II da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e sen prexuízo da posibilidade de incoación do correspondente procedemento sancionador. No caso de execucións parciais da actividade e sempre que non comprometan a finalidade da actividade obxecto da subvención, detraerase da axuda inicialmente concedida a parte proporcional da actividade non executada. Do mesmo xeito, se o custo xustificado da actividade ou investimento for inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda, pero diminuirase proporcionalmente ao seu importe.

Sección 2ª. Convocatoria de axudas para o ano 2013

Artigo 21. Convocatoria

Convócanse para o exercicio 2013 as axudas públicas, con cargo aos orzamentos do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, reguladas pola presente orde.

Artigo 22. Condicións e finalidade

1. Para poder acceder a estas axudas deberanse cumprir os requisitos establecidos pola presente orde, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións públicas con cargo os orzamentos xerais do Estado na área de influencia socioeconómica do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia e se convocan para o exercicio orzamentario 2013.

2. Estas axudas teñen por finalidade promover o desenvolvemento sustentable das poboacións asociadas ao Parque Nacional marítimo terrestre das Illas Atlánticas de Galicia mediante a concesión de axudas económicas para a realización de actividades na súa área de influencia socioeconómica.

Artigo 23. Solicitudes

As solicitudes, documentación, procedemento de xestión e xustificación das axudas serán os establecidos con carácter xeral na presente orde.

Artigo 24. Prazo

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes, computado de data a data, contando desde o día seguinte á data da publicación da presente orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. O prazo de presentación rematará o día no mes seguinte, correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación.

Artigo 25. Prazo de execución e xustificación

O prazo de execución das accións para xustificar remata o 15 de setembro de 2013 e fixase como data máxima de presentación da documentación xustificativa e finalización do período de xustificación o 30 de setembro de 2013.

Artigo 26. Financiamento

A dotación de crédito total para o ano 2013 das liñas de subvención contidas no artigo 2 da presente orde é de 273.123,49 €, financiadas con cargo ás partidas orzamentarias que a seguir se indican, que se distribúen entre os distintos tipos de beneficiarios/as segundo as porcentaxes e importes seguintes:

a) Para entidades locais: con cargo á partida orzamentaria 07.05.541B.760.2 por importe total de 80.000,00 €.

b) Para entidades empresariais: con cargo á partida orzamentaria 07.05.541B.770.2 por importe total de 120.000,00 €.

c) Para particulares e asociacións sen fin de lucro: con cargo á partida orzamentaria 07.05.541B.780.2 por importe total de 73.123,49 €.

A dita distribución terá carácter indicativo, para os efectos do disposto no Real decreto 887/2006, de 21 de xullo. Así mesmo, os ditos importes iniciais poderanse incrementar con achegas adicionais, sen nova convocatoria previa tras a oportuna tramitación orzamentaria, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional primeira

1. As axudas a empresas e particulares que se poidan conceder ao abeiro da presente orde sométense ao réxime de minimis do Regulamento (CE) nº 1998/2006, da comisión, do 15 de decembro de 2006, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DOUE L379/5, do 28 de decembro de 2006), polo que cada beneficiario/a non poderá recibir máis de 200.000 euros de axudas sometidas ao antedito réxime, durante calquera período de tres exercicios fiscais.

2. Para tal efecto, os/as posibles beneficiarios/as indicados/as nos números 1.2 e 1.3 do artigo 3.1 da presente orde, deberán xuntar, coa súa solicitude, declaración sobre calquera outra axuda sometida ao devandito réxime de minimis recibida nos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio en curso. Tamén deberán xuntar unha declaración de non ter a condición de empresa en crise, conforme a definición prevista no artigo 1 número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, de 6 de agosto, da comisión, en relación ás pemes e conforme o disposto no número 2.1 das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C 244/02) en relación ás grandes empresas.

3. Na resolución de concesión farase constar o importe da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, así como a súa natureza de minimis, segundo o Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro.

Disposición adicional segunda. Delegación de funcións

Delégase no/a secretario/a xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o exercicio da competencia para conceder ou denegar as axudas obxecto desta orde, contida no seu artigo 9.2º, de acordo co disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como a modificación da resolución de concesión.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza para ditar cantas instruccións sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación do disposto na presente orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2013

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file