Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18629

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se procede á publicación da relación definitiva de nenas/os admitidas/os para o curso 2013/14 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería.

Con data do 20 de febreiro de 2013 publicouse a Orde do 14 de febreiro de 2013 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta consellería para o curso 2013/14.

Unha vez estudadas pola comisión de baremación todas as reclamacións presentadas e resoltas pola persoa titular da Xefatura Territorial, procédese á publicación da relación definitiva de admitidas e admitidos e da lista de espera coa puntuación obtida en cada caso.

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva, que se poderá consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, nas páxinas web http://benestar.xunta.es e http://www.escolasinfantis.net e nos propios centros.

As/os solicitantes admitidas/os disporán do prazo establecido no artigo 13 da Orde do 14 de febreiro para matricularse, presentando no centro onde obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto acompañado do certificado médico da/o nena/o. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como nas páxinas web http://benestar.xunta.es e http://www.escolasinfantis.net

De non formalizar a matrícula no prazo sinalado, considerarase decaída/o na súa solicitude.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Traballo e Benestar, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución do Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de maio de 2013

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña