Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 27 de maio de 2013 Páx. 18674

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2012.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga, por medio desta resolución dáse publicidade á relación dos convenios subscritos no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2012 pola Consellería do Medio Rural e do Mar que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2013

Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Convenio e obxecto

Importe

Data de sinatura

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Santiago de Compostela para a participación na prevención de incendios forestais mediante a realización de tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais de titularidade municipal, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013.

Sen custo

31.8.2012

Acordo de prórroga do convenio marco de colaboración entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estatística.

Sen custo

27.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos.

417 455,88 €

28.12.2012

Convenio de colaboración entra a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Asociación de Sectorial Forestal Galega (Asefoga) para a participación no proxecto Life: o monte vivo (LIFE08 INF/ES/000179).

689 534,00 €

21.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Asociación Profesional de Silvicultores (Silvanus) para a participación no proxecto Life: o monte vivo (LIFE08 INF/ES/000179).

689 534,00 €

21.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade La Voz de Galicia, S.A. para promover campañas informativas de publicidade e comunicación institucional (autorizadas polo artigo 3 da Lei 29/2005, do 29 de decembro, de publicidade e comunicación institucional).

149 000,00 €

21.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade Faro de Vigo, S.A. para promover campañas informativas de publicidade e comunicación institucional (autorizadas polo artigo 3 da Lei 29/2005, do 29 de decembro, de publicidade e comunicación institucional).

149 000,00 €

21.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade El Progreso de Lugo, S.L. para promover campañas informativas de publicidade e comunicación institucional (autorizadas polo artigo 3 da Lei 29/2005, do 29 de decembro, de publicidade e comunicación institucional).

100 000,00 €

21.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade Editorial Compostela, S.A. para promover campañas informativas de publicidade e comunicación institucional (autorizadas polo artigo 3 da Lei 29/2005, do 29 de decembro, de publicidade e comunicación institucional).

149 000,00 €

21.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade La Opinión de A Coruña, S.L. para promover campañas informativas de publicidade e comunicación institucional (autorizadas polo artigo 3 da Lei 29/2005, do 29 de decembro, de publicidade e comunicación institucional).

50 000,00 €

21.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade Grupo Lérez Ediciones, S.L. para promover campañas informativas de publicidade e comunicación institucional (autorizadas polo artigo 3 da Lei 29/2005, do 29 de decembro, de publicidade e comunicación institucional).

30 000,00 €

21.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade Rías Baixas Comunicación, S.A. para promover campañas informativas de publicidade e comunicación institucional (autorizadas polo artigo 3 da Lei 29/2005, do 29 de decembro, de publicidade e comunicación institucional).

10 000,00 €

21.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a entidade Medios Digitales de Galicia, S.A.U. para promover campañas informativas de publicidade e comunicación institucional (autorizadas polo artigo 3 da Lei 29/2005, do 29 de decembro, de publicidade e comunicación institucional).

100 000,00 €

21.12.2012

Protocolo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, a entidade pública empresarial Augas de Galicia, a Asociación Agacome e as empresas Ameixa de Carril, S.L.; Batemar, S.L.; Mejillones Nidal, S.L.; Mejillones Ría de Arosa, S.L.; Pescadona, S.A.; Ramón Franco, S.A.; Sefarín, Santorum, S.L.; Cocedero Barrañamar, S.L.; Pescados Marcelino, S.L.; Cocedero Suárez, S.L. e Paquito, S.L. para a consecución dunha redución da carga contaminante das augas residuais provenientes do proceso de cocción industria de mexillón.

Sen custo

18.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) para o desenvolvemento do estudo das implicacións da reautorización das proteínas animais procesadas (PAP) no sector da alimentación animal en Galicia.

40 000,00 €

11.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para actividades de apoio tecnolóxico e asistencia técnica mutua.

Sen custo

8.11.2012

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e as asociacións provinciais de control leiteiro (Africor) da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra para desenvolver as funcións do Centro Galego de Control Leiteiro (Cegacol) e participar no desenvolvemento do Programa de mellora xenética Frisón de Galicia 2011-2015.

Sen custo

20.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Asociación Galega de Fabricantes de Alimentos Compostos (Agafac) para a recollida de datos estatísticos no sector de pensos de Galicia.

Sen custo

3.12.2012

Acordo entre a Comunidade Autónoma de Galicia e o sector produtor e compromisos da Administración e dos operadores da cadea de valor en Galicia.

Sen custo

7.12.2012

Acordo de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería do Medio Rural e do Mar para o desenvolvemento de ensinanzas de formación profesional da familia de industrias alimentarias na comarca do Ribeiro.

Sen custo

10.10.2012

Acordo de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería do Medio Rural e do Mar para o desenvolvemento de ensinanzas de formación profesional da familia de industrias alimentarias na comarca do Salnés.

Sen custo

10.10.2012

Conversión dos consorcios comunais da Gudiña OR-2063 e comunais da Gudiña OR-3029 a convenio do monte veciñal en man común Comunal de Parada da Serra (Ourense).

Sen custo

12.9.2012

Conversión de consorcio a convenio do monte veciñal en man común Prado da Canda (Covelo)

Sen custo

19.9.2012

Modificación do convenio Colón 1515546 pertencente á comunidade de Lesende no concello de Lousame.

Sen custo

22.11.2012

Modificación do convenio Peón de Comoxo 1515573 pertencente á comunidade de Comoxo no concello de Boiro.

Sen custo

22.11.2012

Modificación dos convenios dos montes Peñido e Caxola e Salcedo e Bairán no Concello da Pobra do Brollón.

Sen custo

4.10.2012

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Fene para a realización de obras de infraestrutura rural.

100 038,12 €

10.10.2012

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Rianxo para a realización de obras de infraestrutura rural.

63 655,77 €

26.10.2012

Convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Vigo para a realización de obras de infraestrutura rural.

49 951,46 €

16.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Toques para a realización de obras de infraestrutura rural.

37 024,31 €

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Poio para a realización de obras de infraestrutura rural.

22 614,28 €

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Sandiás para a realización de obras de infraestrutura rural.

45 176,45 €

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Xunqueira de Espadanedo para a realización de obras de infraestrutura rural.

25 208,37€

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Marín para a realización de obras de infraestrutura rural.

19 040,45 €

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Muíños para a realización de obras de infraestrutura rural.

50 620,42 €

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Padrón para a realización de obras de infraestrutura rural.

38 107,36 €

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Moeche para a realización de obras de infraestrutura rural.

39 402,10 €

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Muros para a realización de obras de infraestrutura rural.

45 719,06 €

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Dumbría para a realización de obras de infraestrutura rural.

96 407,52 €

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Malpica de Bergantiños para a realización de obras de infraestrutura rural.

45 979,13 €

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello das Somozas para a realización de obras de infraestrutura rural.

59 007,77 €

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Cee para a realización de obras de infraestrutura rural.

43 629,44 €

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello da Pobra do Caramiñal para a realización de obras de infraestrutura rural.

43 880,60 €

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello da Laracha para a realización de obras de infraestrutura rural.

33 246,78 €

13.11.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Boborás para a realización de obras de infraestrutura rural.

55 886,04 €

27.12.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Chandrexa de Queixa para a realización de obras de infraestrutura rural.

53 223,60 €

27.12.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Maside para a realización de obras de infraestrutura rural.

52 701,30 €

31.12.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Paderne de Allariz para a realización de obras de infraestrutura rural.

23 421,52 €

31.12.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Castro Caldelas para a realización de obras de infraestrutura rural.

56 309,87 €

31.12.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Amoeiro para a realización de obras de infraestrutura rural.

24 974,32 €

31.12.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Nogueira de Ramuín para a realización de obras de infraestrutura rural.

52 817,33 €

31.12.2012

Addenda ao convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Piñor para a realización de obras de infraestrutura rural.

51 799,88 €

31.12.2012

Terceiro acordo de prórroga do convenio de colaboración entre a Administración xeral do Estado, a través do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, e a Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar, para o desenvolvemento dun programa piloto de desenvolvemento rural sustentable.

Sen custo

28.12.2012

Terceiro acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e a Consellería do Medio Rural da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actuacións en materia de desenvolvemento rural, subscrito o 10 de setembro de 2009.

Sen custo

28.12.2012

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e a Consellería do Medio Rural da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actuacións en materia de desenvolvemento rural, subscrito o 18 de novembro de 2011.

Sen custo

28.12.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Confraría de Pescadores de Camariñas para a xestión das zonas de produción, nos anos 2012 e 2013, financiado co Fondo Europeo da Pesca nun 75 %.

22 599,17 €

20.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e a Confraría de Pescadores de Camariñas para a realización das actividades de conservación, protección e sustentabilidade da explotación dos recursos mariños mediante operacións de salvagarda do medio mariño e das súas especies, establecendo as condicións de acceso ás zonas de pesca, nos anos 2012 e 2013, financiado co Fondo Europeo da Pesca nun 75 %.

41 014,75 €

20.10.2012

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar, e a Universidade de Vigo para a realización do proxecto de investigación: Plan nacional de análise e avaliación de diferentes métodos de sacrificio de peixes mariños de cultivo, consecuencias sobre a calidade da carne, estrés e benestar.

8 698,49 €

4.10.2012

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, para a realización do Plan nacional de caracterización da situación sanitaria do litoral español relativa á infección por virus herpes en moluscos bivalvos e avaliación do impacto da enfermidade.

8 172,00 €

27.9.2012

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural e do Mar, e a Universidade de Santiago de Compostela polo que se modifica o asinado entre ambas as entidades o 30 de setembro de 2011 polo que se regulan as condicións en que se lles concede unha subvención directa para a realización do proxecto Táboas Input-Output da pesca galega 2010.

Custo do convenio orixinal (141.176,00 €)

27.12.2012

Convenio de colaboración entre as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e a Consellería do Medio Rural e do Mar para a realización de prácticas de alumnos do máster interuniversitario en bioloxía mariña.

Sen custo

11.9.2012

Acordo para modificar o convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Melide para a actuación do grupo local de pronto auxilio (GLPA) na loita contra os incendios forestais.

Custo do convenio orixinal (16.000,00 €)

17.9.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación de Labregos do Val e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación Val do Miño e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Agroflor, Sociedade Cooperativa Limitada, e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) San Isidro e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación Herbamoura e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación Hortícola da Mariña e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación de Viticultores da Peroxa e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Viticultores das Terras de Valdeorras e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Terra de Vides e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación Unión de Agricultores da Limia e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación de Propietarios de Soutos de Viana do Bolo e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) O Salnés-Umia e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación Profesional do Kiwi de Galicia e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación Baixada do Castrove e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Maceiras de Tabeirós e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Asociación Rural Agroruris e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Amigos do Salnés e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Defensa Fitosanitaria (ADF) Horticultores do Umia, SAT e a Consellería do Medio Rural e do Mar.

Sen custo

31.10.2012

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e o Concello de Oia para a participación na prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a actuación dun vehículo motobomba.

Sen custo

3.9.2012