Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19021

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 10 de maio de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de posto de persoal directivo na estrutura de Xestión Integrada de Ferrol.

De conformidade co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 199, do 15 de outubro); no artigo 121 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia (DOG nº 143, do 24 de xullo), e nos artigos 59 e 60 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en uso das atribucións conferidas a esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir na estrutura de Xestión Integrada de Ferrol, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

Segundo. As retribucións fixas dos postos ofertados serán as que correspondan de acordo coa normativa vixente sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica. As retribucións variables serán percibidas en función do cumprimento dos obxectivos previamente pactados para cada posto directivo cos órganos competentes do Servizo Galego de Saúde.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria poderán presentarse no Rexistro Xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados deberán presentar, xunto co modelo de solicitude do anexo II, un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que nel aleguen.

Cuarto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos ofertados.

Quinto. Consonte os artigos 59 e 60 do citado Decreto 206/2005, o vínculo da persoa seleccionada formalizarase nun nomeamento de carácter administrativo para o persoal estatutario ou funcionario con vínculo de fixeza ao servizo de calquera Administración pública, pertencente ao grupo de clasificación que se corresponda co nivel académico que se require para cada posto directivo e que se especifica no anexo I. Noutro caso, nos supostos previstos nos citados artigos, a vinculación da persoa seleccionada poderá formalizarse mediante contrato laboral de alta dirección.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Denominación do posto: director/a de Procesos de Soporte.

Titulación requirida: licenciado/a sanitario/a ou equivalente segundo o Espazo Europeo de Educación Superior.

Localidade: Ferrol.

ANEXO II
Modelo de solicitude

DATOS PERSOAIS

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Data de nacemento

Domicilio, rúa e nº

Provincia

Localidade

Teléfono

NO CASO DE PRESTAR SERVIZOS NA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

Vínculo xurídico

Categoría profesional

Situación administrativa

Destino actual

SOLICITO

Posto

Estrutura de Xestión Integrada de Ferrol

DIRECCIÓN DE RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE