Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19000

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de maio de 2013 pola que se resolve a convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, anunciada pola Orde do 4 de abril de 2013.

Por Orde do 4 de abril de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 75, do 18 de abril, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo vacantes na Consellería de Facenda que se detallan no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e, no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada por Orde desta Consellería do 4 de abril de 2013 e designar os/as funcionarios/as, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar os postos que tamén se especifican.

Segundo. O cesamento no actual destino efectuarase segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde preste servizos actualmente a persoa, ou dun mes se radica en distinta localidade ou comporta o reingreso ao servizo activo, de conformidade co disposto no referido precepto e na base sétima da convocatoria.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa o funcionario ou funcionaria, así como a daquel en que acada o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión e, a seguir, realizaranse os trámites para a súa alta na nómina.

Da dilixencia efectuada remitirase copia á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Datos da funcionaria:

Nome e apelidos: María Paz Filloy Mato.

Número de rexistro de persoal: 7685882957 A2060.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: Xefatura do Servizo de Xestión Económica.

Código do posto: FCC020000115770030.

Nivel: 28.

Centro directivo ou dependencia: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Localidade: Santiago de Compostela.

Datos do funcionario:

Nome e apelidos: Jacinto Álvarez Somoza.

Número de rexistro de persoal: 3498661457 A207E.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia. Superior de finanzas. Especialidade intervención.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: subdirector/a xeral de Fondos Comunitarios e Subvencións.

Código do posto: FCC030000315770001.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.

Datos do funcionario:

Nome e apelidos: Juan José González Acevedo.

Número de rexistro de persoal: 7651603846 A207E.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia. Superior de finanzas. Especialidade intervención.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: subdirector/a xeral de Fiscalización e Control Interno.

Código do posto: FCC030000115770001.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.

Datos do funcionario:

Nome e apelidos: Germán Ferreiro Vilariño.

Número de rexistro de persoal: 3331392513 A207E.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia. Superior de finanzas. Especialidade intervención.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: subdirector xeral de Contabilidade.

Código do posto: FCC030000215770001.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.

Datos do funcionario:

Nome e apelidos: Roberto Castelo Feliu.

Número de rexistro de persoal: 3489534302 A207E.

Corpo ou escala: corpo superior da Administración da Xunta de Galicia. Superior de finanzas. Especialidade intervención.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: interventor/a delegado/a Consellería de Economía e Industria.

Código do posto: FCC0300001415770001.

Nivel: 30.

Centro directivo ou dependencia: Intervención Xeral da Comunidade Autónoma.

Localidade: Santiago de Compostela.