Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 29 de maio de 2013 Páx. 19028

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (1021/2009).

Francisca María Martín Sánchez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, anuncio que neste procedemento seguido por instancia de Autos Saborido, S.L. fronte a Yago Álvarez Limes e Andrés Cárdenas Arango ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 2 de marzo de 2011

Vistas por Mª Lourdes Platero Parada, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo e do seu partido xudicial, as presentes actuacións de xuízo ordinario seguidas co nº 1021/2009, entre partes, sobre reclamación de cantidade, promovidas por instancia da procuradora dos tribunais Sra. Pazo Irazu, en nome e representación de Autos Saborido, S.L., fronte a Yago Álvarez Limes, representado polo procurador dos tribunais José F. Vaquero Alonso, e Andrés Felipe Cárdenas Arango, en rebeldía, resultando os seguintes

(…)

Decido que debo aceptar integramente a demanda formulada pola procuradora dos tribunais Sra. Pazo Irazu, en nome e representación de Autos Saborido, S.L., fronte a Yago Álvarez Limes, representado polo procurador dos tribunais José F. Vaquero Alonso, e Andrés Felipe Cárdenas Arango, en rebeldía; debo condenar e condeno solidariamente os ditos demandados a lle aboar ao demandante a cantidade de 4.039,55 euros, mais os xuros xerados desde a interposición da demanda e as custas deste xuízo.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que, de ser o caso, deberá interporse ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, acórdoo, mándoo e asínoo».

Publicación. Unha vez ditada e lida a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe en audiencia pública do día da data. Dou fe.

E, atopándose o demandado Andrés Felipe Cárdenas Arango en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 21 de marzo de 2013

A secretaria xudicial