1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: contratación da obra de ampliación en edificio independente do CEIP Emilia Pardo Bazán.
b) Lugar de execución: A Coruña.
c) Prazo de execución: 12 meses.
d) Clasificación: grupo C e categoría E.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación.
a) Valor estimado: 1.665.124,46 €.
b) IVE: 349.676,14 €.
c) Importe total: 2.014.800,60 €. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75.
5. Garantía provisional.
a) Non se exixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Teléfono: 981 54 44 55.
d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18961
7. Presentación das ofertas.
a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de vinte e seis (26) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación das proposicións.
c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Lugar de presentación:
i) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.
Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.
ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univeristaria.
b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o décimo día hábil, ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións, non sendo que o último día for sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 24 de maio de 2013
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria