Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Xoves, 6 de xuño de 2013 Páx. 20871

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de maio de 2013 pola que se modifica a Orde do 20 de febreiro de 2013 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.

A Orde do 20 de febreiro de 2013 (DOG núm. 40, do 26 de febreiro), pola que se convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, establece na base III os méritos valorables no punto 5.2 da dita base, e baixo a rúbrica de Titulación académica atribúe as seguintes puntuacións:

– «Graduado en ESO ou equivalente: 0,20 puntos.

– Bacharel ou equivalente: 0,40 puntos.

– Diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico, grao ou equivalente: 0,60 puntos.

– Licenciado universitario, enxeñeiro, arquitecto, grao ou equivalente: 0,80 puntos.

– Título de doutor: 1 punto».

Contra a dita base interpúxose recurso potestativo de reposición no cal se alega que o título de grao se valore con distinta puntuación e se solicita a emenda da base III 5.2.

Por Resolución do 30 de abril de 2013 estimouse o recurso de reposición no sentido de asignarlle ao título de grao unha única puntuación de 0,80 puntos.

Polo exposto,

RESOLVO:

Modificar a base III 5.2 da Orde do 20 de febreiro de 2013 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, que queda redactada nos seguintes termos:

«Titulación académica:

– Graduado en ESO ou equivalente: 0,20 puntos.

– Bacharel ou equivalente: 0,40 puntos.

– Diplomado universitario, enxeñeiro técnico, arquitecto técnico ou equivalente: 0,60 puntos.

– Licenciado universitario, enxeñeiro, arquitecto, grao ou equivalente: 0,80 puntos.

– Título de doutor: 1 punto».

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a mesma consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda