Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Martes, 11 de xuño de 2013 Páx. 22044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, coa necesidade de urxente ocupación que implica, a aprobación do proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica e o estudo ambiental das instalacións referidas ao parque eólico do Merendón (concellos de Oia e O Rosal, provincia de Pontevedra, expediente IN661A 2011/19-4).

En cumprimento do disposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia; no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, modificado pola Lei 6/2010, do 24 de marzo; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia; sobre autorización de instalacións eléctricas, sométense a información pública por solicitude da empresa Tiraventos, S.L., as instalacións que a seguir se describen:

Título: Parque Eólico do Merendón.

Solicitante: Tiraventos, S.L.

Domicilio social: Poligono de Torneiros, s/n, A Relva, 36410 O Porriño.

Municipios afectados: Oia e O Rosal.

Superficie afectada: 412,63 ha.

Emprazamento: (coordenadas UTM).

Coordenadas da poligonal:

X

Y

X

Y

513.020

4.647.940

512.050

4.649.630

513.730

4.648.590

512.130

4.649.330

514.020

4.648.460

511.180

4.648.450

514.177

4.647.834

511.310

4.647.530

513.445

4.646.535

512.350

4.647.140

510.910

4.646.600

512.700

4.647.090

510.730

4.647.080

513.310

4.647.340

511.230

4.649.380

513.326

4.647.425

511.890

4.649.820

As coordenadas dos aeroxeradores son:

X

Y

511.887

4.649.513

513.694

4.647.781

510.949

4.647.084

511.137

4.646.869

511.473

4.647.196

511.761

4.647.031

513.775

4.648.317

Características técnicas do parque eólico:

• 7 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 3.000 kW.

• Potencia total admitida: 21 MW.

• Produción neta anual estimada: 61.069,90 MWh/ano.

• Orzamento total: 23.532.748,81 euros.

Características técnicas da infraestrutura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

• 7 transformadores de 3.500 kVA instalados no interior do aeroxerador cunha relación de transformación 0,40/30 kV.

• Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 30 kV.

• Subestación de manobra de 30 kV.

Obxecto da información pública:

• Estudo ambiental.

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

• Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

A relación concreta e individualizada dos propietarios, bens e dereitos afectados figuran no anexo que se insire con esta resolución.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante e que figuran na relación do anexo que se insire con esta resolución, así como das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar o proxecto e presentar as alegacións que consideren oportunas nesta xefatura territorial, sita na avda. Fernández Ladreda, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días contados a partir da última publicación desta resolución ou notificación individual.

O prazo de información pública para o proxecto sectorial é de 30 días contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O proxecto sectorial poderase examinar nesta xefatura territorial e nos concellos de Oia e O Rosal.

Así mesmo, o estudo ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderanse examinar nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra, concellos de Oia e O Rosal, e nesta xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, e poden presentarse ante ela cantas alegacións se consideren oportunas dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior.

Rematado o dito prazo, o expediente, xunto coas alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Esta publicación faise igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, cando intentada a notificación, non se puidese realizar.

Pontevedra, 6 de maio de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Parque Eólico O Merendón

Concello do Rosal

(Pontevedra)

Superficie en m2

Pleno dominio

Servidume vía e gabia

Servidume de voo

Servidume de protección eólica

Nº predio

Nº polígono

Nº predio catastro

Nome

Enderezo

Cimentación

Plataforma

Subestación

Vías

Gabia

Voo

P. eólica

Clasificación

Paraxe

1

6

163

CMVMC do Rosal

Alto de Novás, s/n, 36770 O Rosal

962

1.990

 

4.327

 

4.875

31.763

Mato e piñeiro para madeira

Río Rigueiro

2

10

1

CMVMC do Rosal

Alto de Novás, s/n, 36770 O Rosal

962

1.973

 

18.476

349

4.162

36.568

Mato, piñeiro para madeira e eucalipto

Sen paraxe

3

11

1

CMVMC do Rosal

Alto de Novás, s/n, 36770 O Rosal

 

 

 

 

3.126

 

 

Mato, piñeiro para madeira e eucalipto

Sen paraxe

Concello de Oia

(Pontevedra)

Superficie en m2

Pleno dominio

Servidume vía e gabia

Servidume de voo

Servidume de protección eólica

Nº predio

Nº polígono

Nº predio catastro

Nome

Enderezo

Cimentación

Plataforma

Subestación

Vías

Gabia

Voo

P. eólica

Clasificación

Paraxe

1

39

1230

CMVMC de Sta. María de Oia

Vista Alegre, 24, 36794 Oia

2.886

5.999

 

8.615

12.337

15.787

84.177

Piñeiro para madeira

Río Rigueiro

2

39

529

CMVMC de Sta. María de Oia

Vista Alegre, 24, 36794 Oia

 

394

 

875

2.767

281

33.456

Descoñecido

Sen paraxe

3

50

168

CMVMC de Sta. María de Oia

Vista Alegre, 24, 36794 Oia

 

 

5.001

 

3.696

 

 

Mato, piñeiro para madeira e eucalipto

Sen paraxe

4

40

7

CMVMC de Loureza

Acevedo, 98, Loureza,

36779 Oia

1.924

4.196

 

17.450

4.325

10.049

66.444

Mato, piñeiro para madeira e eucalipto

Sin paraxe