Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Xoves, 13 de xuño de 2013 Páx. 22548

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 22 de maio de 2013 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración autonómica de Galicia.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 102, do 30 de maio, cómpre facer a seguinte corrección:

No anexo II, páxina 19209, no curso: Obradoiro de contratación administrativa. Nivel avanzado, na columna de Localidade/Modalidade, onde di: «Teleformación», debe dicir: «Mixto» e na columna horario, onde di: «Teleformación», debe dicir: «17.00 a 20.00 horas».

No anexo II, páxina 19210, no curso: Obradoiro de subvencións. Nivel avanzado, na columna de Localidade/Modalidade, onde di: «Teleformación», debe dicir: «Mixto».