Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Venres, 21 de xuño de 2013 Páx. 24179

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 5 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN214A).

A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia posúe, entre outras competencias, as referidas ao comercio interior e á planificación e desenvolvemento das estruturas comerciais, nos termos recollidos no Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria. Dentro destas cabe sinalar, especificamente, a promoción, fomento, modernización e desenvolvemento do comercio e a programación e xestión de axudas destinadas a estes fins.

O sector comercial ten unha importancia vital no desenvolvemento económico de Galicia: a súa densidade comercial é das máis altas en comparación co resto das comunidades autónomas, sendo a rama de actividade con maior número de ocupados.

Por iso é necesario mellorar a competitividade do sector, e un dos instrumentos para conseguilo é incrementar os niveis de penetración das tecnoloxías da información e a comunicación entre os comerciantes. A potenciación e mellora destas tecnoloxías no comercio galego son instrumentos xeradores de riqueza e un reforzo da competitividade do sector para mellorar a xestión comercial, tanto interna coma na cadea de subministración, para así dar resposta aos problemas actuais do comercio retallista e de proximidade.

Segundo o exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Economía e Industria en materia de comercio interior, e no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía e Industria ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2013.

3. Para a concesión destas subvencións destínase un crédito de 438.700 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.751A.770.1-proxecto 2013 00305 «Modernización e fomento da calidade no comercio retallista», dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

Artigo 2. Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude (anexo III) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

2. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no DOG e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

5. A Consellería de Economía e Industria velará polos datos de carácter persoal que serán obxecto de tratamento e, para tal efecto, procederase á súa incorporación a un ficheiro que cumprirá as exixencias da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, adoptándose tanto as medidas de seguranza técnicas como organizativas.

A finalidade da recolla e tratamento dos datos persoais será estritamente a xestión e tramitación do expediente correspondente e as que deriven da aplicación da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega.

Os datos non serán obxecto de cesión a terceiros; non obstante, a Consellería de Economía e Industria revelará ás autoridades públicas competentes os datos persoais e calquera outra información que estea no seu poder ou sexa accesible a través dos seus sistemas e se requira de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias aplicables ao caso.

Decláranse recoñecidos e poderán exercerse os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición por escrito e enviando identificación suficiente ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou ben mediante o procedemento habilitado para o efecto e que se poderá encontrar na guía do cidadán da páxina web da Xunta de Galicia.

Artigo 3. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez finalizado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco meses.

Artigo 4. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN214A, poderase obter información na Dirección Xeral de Comercio, a través dos seguintes medios:

a) Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo:

https://sede.xunta.es

b) Na páxina web oficial da Consellería de Economía e Industria, na súa epígrafe de axudas (http://economiaeindustria.xunta.es).

c) Nos teléfonos 981 54 55 25 ou 881 99 94 81 da Dirección Xeral de Comercio.

d) No enderezo electrónico cei.dxc.axudas@xunta.es

e) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012 (desde o resto do Estado 902 12 00 12).

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Comercio para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2013

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión en réxime de concorrencia competitiva
das subvencións ao comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías
da información (TIC) e fomento do comercio electrónico para o ano 2013

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto incentivar o comercio de proximidade para a incorporación das tecnoloxías da información (TIC) e fomento do comercio electrónico.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e quedará suxeito, ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión da Unión Europea, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE nº L379/5, do 28 de decembro).

3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

En concreto, considéranse actuacións subvencionables, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2013 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 17 a adquisición de:

1. Ordenadores de sobremesa para uso comercial.

2. Paquetes de software de xestión:

• Módulo de xestión comercial e/ou almacén máis control económico.

• Complemento do módulo de xestión: soporte técnico e a implantación in situ.

3. Páxinas web comerciais cos seguintes elementos mínimos:

• Portada ou páxina de inicio.

• Formulario de contacto.

• Sistema de catálogo en liña ou páxinas de produtos ou servizos facilmente actualizables desde o xestor, incluíndo o servizo de maquetación das dúas primeiras páxinas como mínimo.

• Formación para actualización das páxinas polo xestor.

• Como mínimo un complemento preinstalado tipo blog, foro, xestor de noticias, xestor de enquisas ou similar.

• Epígrafe de situación cos datos de contacto da empresa.

• Rexistro nome de dominio.

• Outras características: a tecnoloxía da páxina debe ser facilmente accesible e indexable polos motores de busca.

4. Periféricos e outros compoñentes:

• Lectores de código de barras.

• Caixóns portamoedas.

• Impresoras de tickets.

5. TPV integrados.

Artigo 2. Financiamento e concorrencia

1. Para a concesión destas subvencións destínase un crédito de 438.700 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.751A.770.1-proxecto 2013 00305 «Modernización e fomento da calidade no comercio retallista», dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013.

2. Contía das subvencións: o investimento máximo subvencionable (IVE excluído) estará determinado polos diferentes tipos de actuación, segundo se indica a seguir:

1. Ordenadores de sobremesa para uso comercial: 600,00 €.

2. Paquetes software de xestión:

• Módulo de xestión comercial e/ou almacén máis control económico: 1.000,00 €.

• Complemento do modulo de xestión: soporte técnico e implantación in situ: 400,00 €.

3. Páxinas web comerciais: 1.000,00 €.

4. Periféricos e outros compoñentes:

• Lector de código de barras: 200,00 €.

• Caixón portamoedas: 60,00 €.

• Impresora de tickets: 230,00 €.

5. TPV integrados: 2.000,00 €.

3. Os solicitantes en ningún caso poderán superar polo conxunto de subvencións a que concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 2.000,00 € (IVE excluído).

4. O importe da subvención regulada nesta orde será do 75 % do investimento subvencionable para establecementos comerciais situados en concellos de menos de 5.000 habitantes e para comerciantes ambulantes e do 70 % para o resto dos establecementos comerciais. En ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras axudas das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do investimento subvencionable.

Artigo 3. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís ou comunidades de bens, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Desenvolver a súa actividade en establecementos comerciais ou no comercio ambulante no territorio galego e que, se é o caso, os investimentos se realicen en establecementos comerciais situados na Comunidade Autónoma de Galicia, e deben, así mesmo, ter o seu enderezo social en Galicia.

b) Figurar inscritos no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

c) Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo II desta orde. A data de alta deberá ser anterior á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

d) Non superar os 10 traballadores.

e) Que, de ser o caso, os seus locais comerciais non superen os 150 m2 de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público. Esta limitación non será de aplicación para as actividades encadradas nas epígrafes 653.1 e 663.

f) Os/as beneficiarios/as de ordes de convocatoria desta consellería para equipamentos similares dos exercicios 2008 a 2012 non poderán ser novamente beneficiarios/as para os mesmos conceptos xa subvencionados, a menos que se trate de investimentos destinados a un establecemento comercial de nova apertura.

Artigo 4. Solicitudes

1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión da subvención presentaranse na forma e prazo que se indica na convocatoria.

2. Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:

• Anexo IV, que conterá:

– Declaración expresa sobre a concesión ou solicitude doutras axudas ou subvencións para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

– Declaración expresa sobre a concesión ou solicitude doutras axudas por calquera concepto suxeitas ao réxime de minimis nos anos fiscais 2011, 2012 e 2013.

– Declaración expresa de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007.

– Declaración expresa de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007.

– Declaración responsable de estar ao día nas obrigas tributarias, coa seguridade social e de non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deben emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

• Anexo V, que conterá:

– Declaración expresa de que respecta a prohibición de subcontratación cos provedores de bens ou servizos en que recaia algunha das condicións establecidas no artigo 27 da Lei 9/2007 e de que os provedores non están vinculados coa entidade solicitante ou con algún dos seus órganos directivos ou xestores (de estaren vinculados, farase constar de xeito expreso neste punto).

– Declaración expresa de que a entidade solicitante non ten a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1.h) do Regulamento (CE) nº 1998/2006, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis.

– Se é o caso, declaración de compromiso de utilización da lingua galega en todas as relacións que o interesado manteña coa Administración autonómica, de acordo co establecido no artigo 6.3º da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, así como de uso e posterior utilización da lingua galega nas accións subvencionables.

– Declaración expresa de que o seu local comercial non supera os 150 m2 de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público. Esta limitación non será de aplicación para as actividades encadradas nas epígrafes 653.1. e 663 e localización do local comercial para o cal solicita a axuda.

– Declaración expresa de non ter recibido axudas para os mesmos conceptos subvencionables da Consellería de Economía e Industria durante o período 2008-2012.

– Autorización ao órgano xestor para solicitar a certificación de alta no imposto de actividades económicas.

• Anexo VI, só no caso de que o solicitante sexa unha comunidade de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado:

2.1. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante (orixinal ou copia compulsada) que deberá estar en vigor:

• Se é unha persoa física:

– Só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade ou número de identificación de estranxeiro.

• No caso de persoa xurídica:

– Número de identificación fiscal.

– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

– Só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade e documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración do representante legal da entidade solicitante.

• No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica:

– Número de identificación fiscal.

– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

Deberán constar expresamente na solicitude e na resolución de concesión os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. Deberá nomearse un representante único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

2.2. Certificación expedida pola Axencia Tributaria na cal se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura dada de alta a entidade solicitante, así como a situación censual.

2.3. Certificacións emitidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

As certificacións indicadas nos puntos 2.2 e 2.3 só deben presentarse no caso de que a entidade solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para que a solicite de oficio ou no caso de que da certificación do punto 2.3 non se realice a declaración responsable. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o devandito documento sen compulsar.

2.4. Documentación acreditativa do número de traballadores da empresa (TC2) do mes anterior á presentación da solicitude ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social da non existencia de traballadores.

2.5. Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas polo solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel.

2.6. Para os efectos sinalados no artigo 9 destas bases, achegarase, de ser o caso, a seguinte documentación, que en ningún caso será obxecto de requirimento:

– Certificado expedido polo órgano competente de estar integrado nun centro comercial aberto ou asociación de comerciantes ou empresarios.

– Enderezo da páxina web onde ten implantada a venda on line, así como acreditación da titularidade do dominio.

– Solicitude ou certificación de estar adherido ao Sistema Arbitral de Consumo.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Artigo 5. Consentimentos e autorizacións

1. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación das bases reguladoras.

De acordo co disposto no artigo 35.f) da Lei 30/1992, non será necesario presentar a documentación xurídico-administrativa que xa se encontre en poder desta consellería sempre que se manteña vixente e se identifique nos formularios de solicitude o ano de presentación e o código de procedemento administrativo para que foi presentada.

No suposto de imposibilidade material de obter a documentación conforme o punto anterior ou que se conste a súa invalidez, o órgano competente poderá requirir o solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Igualmente, de conformidade co mesmo artigo 20.3º da Lei 9/2007, se o solicitante indica que certa documentación que se deba usar neste procedemento xa consta no poder da consellería, a presentación da solicitude implica a autorización ao órgano instrutor para acceder a esa documentación.

2. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellaría publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a referida publicidade.

Artigo 6. Órganos competentes

A Dirección Xeral de Comercio será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, así como para realizar a proposta de resolución ao conselleiro, correspondendo ao conselleiro de Economía e Industria ditar a resolución que corresponda, sen prexuízo da delegación noutros órganos.

Artigo 7. Instrución dos procedementos

1. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que subministre cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 8. Comisión de valoración

1. A comisión de valoración será o órgano colexiado encargado de avaliar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

1º) Presidente: subdirector/a xeral da Dirección Xeral de Comercio.

2º) Vogal: un/unha xefe/a de servizo da Dirección Xeral de Comercio.

3º) Vogal: un/unha xefe/a de sección da Dirección Xeral de Comercio.

4º) Vogal: un/unha técnico da Dirección Xeral de Comercio, que fará as funcións de secretario/a.

3. No informe de valoración que formule a comisión figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obteren a subvención, especificándose a valoración que lles corresponde segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada un deles, ata esgotar o crédito dispoñible.

4. O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para seren atendidas, ben co crédito que quede libre, se se producir algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ben coa ampliación dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencions de Galicia. Para estes efectos poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 9. Criterios de valoración

Os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da concesión da subvención serán os seguintes:

1. Por pertenza a unha asociación de comerciantes ou empresarios, ou por estar integrado nun centro comercial aberto: 2 puntos.

2. Por estar dada de alta nunha das epígrafes do IAE relacionadas no anexo II, a partir do 1 de xaneiro de 2012: 2 puntos.

3. Ter implantada na súa páxina web a venda on line: 2 puntos.

4. Por ser muller a persoa titular da actividade (1): 1 punto.

5. Por estar adherida ao Sistema Arbitral de Consumo: 2 puntos.

6. Por exercer a actividade nun municipio de menos de 5.000 habitantes: 2 puntos.

(1) No caso de sociedades ou comunidades de bens, deberase acreditar que a muller ten unha participación superior ao 50 %.

No caso de que máis dunha solicitude obteña a mesma puntuación, e o crédito dispoñible sexa insuficiente, o desempate realizarase tendo en conta os seguintes criterios e coa seguinte orde de prioridade:

1º. Por estar dada de alta nunha das epígrafes do IAE relacionadas no anexo II a partir do 1 de xaneiro de 2012.

2º. Ter implantada na súa páxina web a venda on line.

3º. Por ser muller a persoa titular da actividade.

Artigo 10. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñerase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Non obstante, poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 11. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o instrutor formulará a proposta de resolución, que se elevará, a través do órgano instrutor, ao conselleiro.

2. O conselleiro, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a actuación que se subvenciona e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía ou, se é o caso, a causa de denegación.

En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá superar o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable establecido.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorrer o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, no caso das subvencións concedidas poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Economía e Industria. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, os/as beneficiarios/as, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada.

As resolucións de inadmisión ou desestimación de solicitudes notificaranse individualmente, con indicación das súas causas.

Artigo 12. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

2. Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 13. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión da subvención poderá acordar a modificación da resolución por instancia do beneficiario, cumpríndose, en todo caso, os seguintes requisitos:

1) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

2) Que se acredite a inexistencia de prexuízos a terceiros.

3) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non suporían a denegación da axuda ou subvención.

3. O beneficiario deberá solicitar a modificación mediante instancia dirixida ao conselleiro de Economía e Industria xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior, cun límite de vinte días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento.

4. O acto polo que se acorde a modificación da resolución ou, se é o caso, se denegue, será ditado polo órgano concedente despois da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia aos interesados na forma prevista no artigo 10 destas bases.

Artigo 14. Aceptación e renuncia

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución, transcorridos dez días hábiles desde a notificación ou publicación desta sen que o interesado comunique expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e, desde ese momento, adquirirá a condición de beneficiario.

2. A renuncia á subvención, debidamente motivada, poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. En caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o conselleiro ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1º da mesma lei.

Artigo 15. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas do beneficiario:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o disfrute da subvención.

3. Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Comunicar ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 1.2º destas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

5. Acreditar con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

6. Manter os investimentos subvencionados coa axuda outorgada e a aplicación dos fondos recibidos, durante un período de cinco anos desde a súa concesión.

7. Adoptar as medidas de difusión contidas no punto 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Os beneficiarios deberán dar a adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, as entidades beneficiarias de axudas deberán facer constar o cofinanciamento dos activos adquiridos ao abeiro desta axuda con fondos da Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía e Industria. Para isto empregarán adhesivos ou distintivos similares coa inscrición «Proxecto cofinanciado», acompañado do escudo normalizado da Xunta de Galicia.

8. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da devandita lei.

Artigo 16. Subcontratación

Enténdese que un beneficiario subcontrata cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúa o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada.

Será de aplicación o disposto nos artigos 27 da Lei 9/2007 e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007.

Faise especial indicación de que as persoas ou entidades subcontratadas non poderán estar vinculadas coa entidade solicitante, salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1. Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2. Que se solicite e conceda a súa autorización previa (a solicitude de autorización e a súa xustificación presentaranse xunto coa solicitude de subvención).

Artigo 17. Xustificación da subvención

1. O pagamento da subvención quedará condicionada á presentación, nos lugares sinalados no artigo 2 da convocatoria e ata o 31 de outubro de 2013, do orixinal ou copia compulsada da seguinte documentación:

a) Xustificantes dos investimentos: facturas dos provedores e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil e con eficacia administrativa nos termos que se establezan regulamentariamente (importe sen IVE e importe total), en relación cos gastos subvencionables, emitidas dentro do período comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite de xustificación do proxecto.

b) Xustificación dos pagamentos: acreditarase a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento comprendido entre data de inicio do proxecto e a data límite da xustificación do proxecto. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou non dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da devandita entidade bancaria.

c) No caso de que o solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor ou non realice a declaración responsable, certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o dito documento sen compulsar.

d) Anexo IV debidamente asinado.

2. Os órganos competentes da Consellería de Economía e Industria poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes.

Artigo 18. Pagamento

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da consellería, antes de procederen ao pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

2. O libramento da subvención aboarase nun único pagamento, mediante transferencia bancaria á entidade financeira ao número de conta designado polo beneficiario.

3. As subvencións minoraranse proporcionalmente se o investimento xustificado é inferior ao orzamento que serviu de base para a resolución de concesión, sempre que estea garantida a consecución do obxecto. En caso de concorrencia con outras subvencións ou axudas, observarase o establecido no artigo 2.4 destas bases reguladoras.

Artigo 19. Incumprimento, reintegros e sancións

1. Nos supostos de falta de xustificación, de concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 33 da Lei de subvencións de Galicia ou de incumprimento dos deberes contidos nestas bases reguladoras, na convocatoria ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución de concesión, producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de mora correspondente desde o momento do pagamento da subvención incluíndo a data en que se acorde a orixe do reintegro.

2. O procedemento para declarar a orixe da perda deste dereito será o establecido no artigo 38 da Lei de subvencións de Galicia.

3. Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da dita Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 20. Control

1. A Consellería de Economía e Industria poderá levar a cabo as activacións de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Á parte do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 21. Publicidade

No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, o beneficiario, o crédito orzamentario, a contía e a finalidade da subvención.

Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia e será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Economía e Industria.

Artigo 22. Remisión normativa

En todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no Regulamento desta lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro; na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na anualidade, no Regulamento (CE) nº 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (DO L 379 do 28.12.2006) e no resto da normativa que resulte de aplicación.

Concellos con menos de 5.000 habitantes

(cifras oficiais da poboación en 1 de xaneiro de 2012)

A Coruña

Lugo

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Aranga

2.072

Abadín

2.760

Ribas de Sil

1.058

Baña, A

3.967

Alfoz

2.009

Ribeira de Piquín

630

Boimorto

2.200

Antas de Ulla

2.219

Riotorto

1.439

Boqueixón

4.417

Baleira

1.448

Samos

1.556

Cabana de Bergantiños

4.759

Baralla

2.834

Saviñao, O

4.314

Cabanas

3.299

Barreiros

3.124

Sober

2.478

Capela, A

1.376

Becerreá

3.072

Taboada

3.221

Cariño

4.373

Begonte

3.322

Trabada

1.268

Carnota

4.605

Bóveda

1.589

Triacastela

756

Cerdido

1.312

Carballedo

2.532

Valadouro, O

2.123

Cesuras

2.174

Castroverde

2.887

Vicedo, O

1.895

Coirós

1.765

Cervantes

1.593

Xermade

2.101

Corcubión

1.731

Cervo

4.483

Xove

3.512

Curtis

4.159

Corgo, O

3.828

Dodro

2.977

Folgoso do Courel

1.160

Dumbría

3.291

Fonsagrada, A

4.198

Fisterra

4.990

Friol

4.137

Frades

2.566

Guntín

3.018

Irixoa

1.492

Incio, O

1.875

Laxe

3.313

Láncara

2.866

Lousame

3.621

Lourenzá

2.399

Mañón

1.537

Meira

1.775

Mazaricos

4.533

Mondoñedo

4.183

Mesía

2.879

Monterroso

3.969

Moeche

1.358

Muras

754

Monfero

2.129

Navia de Suarna

1.337

Oza dos Ríos

3.227

Negueira de Muñiz

213

Paderne

2.597

Nogais, As

1.295

Pino, O

4.732

Ourol

1.142

Rois

4.871

Palas de Rei

3.656

San Sadurniño

3.061

Pantón

2.860

Santiso

1.838

Paradela

2.038

Sobrado

2.037

Páramo, O

1.555

Somozas, As

1.279

Pastoriza, A

3.393

Toques

1.302

Pedrafita do Cebreiro

1.199

Tordoia

3.924

Pobra do Brollón, A

1.968

Touro

3.979

Pol

1.794

Trazo

3.433

Pontenova, A

2.673

Val do Dubra

4.234

Portomarín

1.690

Vilarmaior

1.261

Quiroga

3.595

Vilasantar

1.368

Rábade

1.674

Concellos con menos de 5.000 habitantes

(cifras oficiais da poboación en 1 de xaneiro de 2012)

Ourense

Pontevedra

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Concello

Hab.

Amoeiro

2.278

Monterrei

2.924

Agolada

2.803

Arnoia, A

1.051

Muíños

1.779

Arbo

3.191

Avión

2.408

Nogueira de Ramuín

2.336

Barro

3.724

Baltar

1.076

Oímbra

2.062

Campo Lameiro

2.009

Bande

1.958

Paderne de Allariz

1.574

Catoira

3.484

Baños de Molgas

1.774

Padrenda

2.244

Cerdedo

1.916

Beade

500

Parada de Sil

648

Cotobade

4.394

Beariz

1.205

Peroxa, A

2.085

Covelo

2.931

Blancos, Os

974

Petín

982

Crecente

2.367

Boborás

2.862

Piñor

1.322

Cuntis

4.992

Bola, A

1.398

Pobra de Trives, A

2.388

Dozón

1.328

Bolo, O

1.084

Pontedeva

654

Forcarei

3.916

Calvos de Randín

1.064

Porqueira

1.005

Fornelos de Montes

1.906

Carballeda de Avia

1.487

Punxín

801

Illa de Arousa, A

4.981

Carballeda de Valdeorras

1.773

Quintela de Leirado

716

Lama, A

2.918

Cartelle

3.163

Rairiz de Veiga

1.568

Meis

4.992

Castrelo de Miño

1.754

Ramirás

1.812

Mondariz

4.841

Castrelo do Val

1.169

Riós

1.803

Mondariz-Balneario

690

Castro Caldelas

1.486

Rúa, A

4.695

Moraña

4.402

Cenlle

1.331

Rubiá

1.557

Neves, As

4.300

Chandrexa de Queixa

586

San Amaro

1.237

Oia

3.101

Coles

3.216

San Cibrao das Viñas

4.745

Pazos de Borbén

3.170

Cortegada

1.277

San Cristovo de Cea

2.560

Pontecesures

3.123

Cualedro

1.924

San Xoán de Río

685

Portas

3.073

Entrimo

1.391

Sandiás

1.342

Rodeiro

2.931

Esgos

1.180

Sarreaus

1.408

Gomesende

914

Taboadela

1.642

Gudiña, A

1.506

Teixeira, A

415

Irixo, O

1.689

Toén

2.567

Larouco

557

Trasmiras

1.534

Laza

1.541

Veiga, A

1.036

Leiro

1.763

Verea

1.150

Lobeira

909

Viana do Bolo

3.180

Lobios

2.175

Vilamarín

2.119

Maceda

3.112

Vilamartín de Valdeorras

1.988

Manzaneda

1.001

Vilar de Barrio

1.572

Maside

2.969

Vilar de Santos

922

Melón

1.479

Vilardevós

2.131

Merca, A

2.197

Vilariño de Conso

632

Mezquita, A

1.304

Xunqueira de Ambía

1.649

Montederramo

894

Xunqueira de Espadanedo

892

Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes. Extraído de http://www.ine.es

Anexo II
Epígrafes do IAE subvencionables

641. Comercio polo miúdo de froitas, verduras, hortalizas e tubérculos.

642. Comercio polo miúdo de carnes e miúdos; de produtos derivados cárnicos elaborados: de ovos, aves, coellos de granxa, caza; e de produtos derivados deles.

643. Comercio polo miúdo de peixes e doutros produtos da pesca e da acuicultura e caracois.

644. Comercio polo miúdo de pan, pastelaría, confeitaría e similares, e de leite e produtos lácteos.

645. Comercio polo miúdo de viños e bebidas de todas as clases.

647.1. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en establecementos con vendedor.

647.2. Comercio polo miúdo de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en establecementos cuxa sala de vendas teña unha superficie inferior a 120 metros cadrados.

647.3. Comercio polo miúdo de calquera clase de produtos alimenticios e de bebidas en réxime de autoservizo ou mixto en supermercados, denominados así cando a superficie da súa sala de vendas se encontre comprendida entre 120 e 399 metros cadrados.

651. Comercio polo miúdo de productos téxtiles, confección, calzado, peles e artigos de coiro.

652.2. Comercio polo miúdo de produtos de drogaría, perfumaría e cosmética, limpeza, pinturas, vernices, disolventes, papeis e outros produtos para a decoración, e de produtos químicos.

652.3. Comercio polo miúdo de produtos de perfumaría e cosmética, e de artigos para hixiene e aseo persoal.

652.4. Comercio polo miúdo de plantas e herbas en herbolarios.

653. Comercio polo miúdo de artigos para o equipamento do fogar e a construción.

654.2. Comercio polo miúdo de accesorios e pezas de recambio para vehículos terrestres.

654.5. Comercio polo miúdo de toda clase de maquinaria, salvo aparellos do fogar, de oficina, médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

657. Comercio polo miúdo de instrumentos musicais en xeral, así como dos seus accesorios.

659.2. Comercio polo miúdo de mobles de oficina e máquinas e equipamentos de oficina.

659.3. Comercio polo miúdo de aparellos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos.

659.4. Comercio polo miúdo de libros, xornais, artigos de papelaría e escritorio e artigos de debuxo e belas artes.

659.5. Comercio polo miúdo de artigos de xoiaría, reloxaría, prataría e bixutaría.

659.6. Comercio polo miúdo de xoguetes, artigos de deporte, roupa deportiva, de vestido, calzado e toucado, armas, cartucharía e artigos de pirotecnia.

659.7. Comercio polo miúdo de sementes, fertilizantes, flores e plantas e pequenos animais.

661.3. Comercio polo miúdo en almacéns populares, entendendo por tales aqueles establecementos que ofrecen en seccións múltiples e venden en autoservizo ou en preselección unha variedade relativamente ampla e pouco profunda de bens de consumo, cunha gama de prezos baixa e un servizo reducido.

662.2. Comercio polo miúdo de toda clase de artigos, incluíndo alimentación e bebidas, en establecementos distintos dos especificados no grupo 661 e na epígrafe 662.1.

663.1. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de produtos alimenticios, incluso bebidas e xeados.

663.2. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de produtos téxtiles e de confección.

663.3. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de calzado, peles e artigos de coiro.

663.4. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente de artigos de drogaría e cosméticos e de produtos químicos en xeral.

663.9. Comercio polo miúdo fóra dun establecemento comercial permanente doutras clases de mercadorías n.c.n.p.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file