Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Luns, 15 de xullo de 2013 Páx. 28022

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2013 pola que se conceden catro bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio, convocadas pola Orde do 23 de abril de 2013, e se establece a listaxe de reserva.

Mediante a Orde da Consellería de Economía e Industria, do 23 de abril de 2013 (DOG nº 88, do 8 de maio), establecéronse as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio e procedeuse á súa convocatoria.

Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias e avaliadas as solicitudes presentadas de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo 12 das bases da convocatoria, a Comisión de Valoración elevou unha relación de catro persoas propostas para a adxudicación das bolsas e a listaxe de reserva para o caso de non-aceptación ou renuncia dalgunha delas.

En virtude do anterior, e de conformidade co establecido no artigo 14.1 das bases da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles catro bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio ás persoas beneficiarias que se relacionan no anexo I desta resolución.

Cada bolsa estará dotada con 900 euros brutos por mes.

As persoas que obteñan a bolsa terán que contratar unha póliza de seguro de asistencia sanitaria, no caso de non estar cuberta pola Seguridade Social ou por un seguro privado e contratar un seguro de accidentes polo período de duración da bolsa. Tales circunstancias acreditaranse no momento de comezar o desfrute da bolsa.

Segundo. Establecer a listaxe de reserva, por orde de prelación, que se indica no anexo II desta resolución para o caso de non-aceptación ou renuncia dalgunha das bolsas concedidas.

Terceiro. Inadmitir as solicitudes presentadas polas persoas que se indican a seguir:

a) As presentadas por Débora Fontenla Rodríguez, Alicia Estívalis Toirán, María Dolores Benavides Falcón, Manuel Jesús Paderne Cebey, Elena Villares Vázquez, Gabriel Alonso Martínez e Christian Añón Dosil, xa que non están en posesión dalgún título universitario de segundo ciclo ou grao superior, tal e como exixe o artigo 3.c) das bases reguladoras.

b) A presentada por Avelino González Ordóñez, xa que non acredita un coñecemento da lingua galega con nivel de perfeccionamento ou equivalente (celga 4), exixido no artigo 3.b) das bases reguladoras.

c) A presentada por Carlos Alberto Bugallo Sarmiento, xa que incumpre o requisito de non desfrutar anteriormente doutra bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio, exixido no artigo 3.d) das bases reguladoras.

d) As presentadas por María Diana Méndez Vizcaíno e Lorena García López por presentar as súas solicitudes de bolsa fóra de prazo, segundo o disposto no artigo 3.2 das disposicións da devandita orde.

Cuarto. Desestimar as demais solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 23 de abril de 2013.

Quinto. Dispoñer gastos mediante a expedición do documento contable «D» con cargo ás partidas orzamentarias 2013.08.02.751A.480.0, «formación en materia de comercio» e 2013.08.02.751A.484.0, «cotas sociais para formación en materia de comercio» dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2013, para cada persoa beneficiaria. A contía de cada bolsa calcúlase desde a data de incorporación das persoas bolseiras ata o 31 de decembro de 2013.

Sexto. As/os bolseiras/os deberán comunicar a súa aceptación ou renuncia no prazo máximo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación desta resolución. No caso de aceptación, achegarán con ela a certificación bancaria da conta en que debe aboarse a bolsa.

Despois de transcorrer o dito prazo, se as/os beneficiarias/os non se declarasen en ningún sentido, entenderase que aceptan a bolsa.

Así mesmo, no caso de que as/os adxudicatarias/os non acepten a bolsa ou non poidan incorporarse por calquera outro motivo, poderán ser substituídas/os polas persoas que figuren na listaxe de reserva en función da súa puntuación.

Sétimo As persoas beneficiarias das bolsas terán as obrigas establecidas no artigo 19 das bases reguladoras da concesión delas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Notifíquese esta resolución ás persoas interesadas.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 30 de abril de 2009; DOG nº 87, do 6 de maio)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

Anexo I

Relación de persoas beneficiarias das catro bolsas de formación na Dirección Xeral de Comercio:

Orde

Solicitante

DNI

1

Montserrat Dopico González

76578954V

3

María Teresa López Freire

32707446C

2

Celestino Fernando Amigo de Pascual

18053153Q

4

Fernando Domínguez Arcos

76732088V

Anexo II

Listaxe de persoas suplentes, por orde de prelación, para cubrir as vacantes que poidan producirse por non aceptación ou renuncia dalgunha das bolsas concedidas:

Orde

Solicitante

DNI

1

Manuel Ángel Nogueira Moreiras

44846039H

2

Ana María Blázquez López

44836886L

3

Gala Curros Varela

53166422J

4

Vanesa Caneiro Navarrete

32697621Q