Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Luns, 29 de xullo de 2013 Páx. 29983

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria suxeito a regulación harmonizada, dun servizo para o desenvolvemento da campaña publicitaria de sensibilización para a dinamización demográfica de Galicia (expediente 77/2013).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Subdirección Xeral de Contratación e Control).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4. Fax: 981 54 01 18.

5. Correo electrónico: contratosareatraballo@xunta.es

6. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7 Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 77/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para o desenvolvemento da campaña publicitaria de sensibilización para a dinamización demográfica de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: desde o día seguinte á sinatura do contrato ata o 15 de marzo de 2014.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 79341000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

4. Valor estimado do contrato: cincocentos vinte e oito mil novecentos vinte e cinco euros con sesenta e dous céntimos (528.925,62 €).

5. Orzamento base de licitación: o importe total deste contrato é de cincocentos vinte e oito mil novecentos vinte e cinco euros con sesenta e dous céntimos de euro (528.925,62 €) máis cento once mil setenta e catro euros con trinta e oito céntimos de euro (111.074,38 €) en concepto do imposto sobre o valor engadido a un tipo do 21 %, o que fai un total de seiscentos corenta mil euros (640.000,00 €), distribuído do seguinte xeito:

Ano 2013: 355.371,90 € + 74.628,10 € (IVE 21 %) = 430.000,00 €.

Ano 2014: 173.553,72 € + 36.446,28 € (IVE 21 %) = 210.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo T (servizos de contido), subgrupo 1 (servizos de publicidade), categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: exclusivamente para os empresarios non españois de Estados membros da Unión Europea, será suficiente que estes acrediten a súa solvencia económica e financeira e a técnica ou profesional da maneira relacionada nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 26 de agosto de 2013.

b) Lugar de presentación: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cualitativos, é dicir, non cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

Apertura dos sobres C: apertura en acto público da documentación relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, hora e lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 17.7.2013.

12. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19263

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2013

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar