Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Xoves, 8 de agosto de 2013 Páx. 32161

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO polo que se publica a convocatoria de prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2010.

No BOP de Ourense do 5 de agosto de 2013 publicáronse íntegras as bases para cubrir as prazas da oferta ordinaria de emprego público do ano 2010 e posteriormente no BOP de Ourense do 8 de agosto de 2013 publícase anuncio de corrección de erros.

As prazas que se convocan son as seguintes:

I. Oferta ordinaria de emprego público 2010.

A) Cadro de persoal:

A.1) Inclúense as seguintes prazas de funcionarios de acceso libre:

– Unha (1) praza de arquitecto, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Concurso-oposición libre. Título universitario de grao, licenciado en arquitectura superior, ou equivalente.

– Unha (1) praza de asesor xurídico en asuntos de urbanismo e demais servizos municipais, subgrupo A1, escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Concurso-oposición libre. Título universitario de grao, licenciado en dereito ou equivalente.

– Cinco (5) prazas de auxiliares administrativos, subgrupo C2, escala de Administración xeral, subescala auxiliar administrativa, clase auxiliar. Concurso-oposición libre. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.

A.2) Inclúese a seguinte praza de funcionario de acceso por promoción interna vertical:

– Unha (1) praza de técnico de xestión, subgrupo A2, escala de Administración xeral, subescala de xestión, clase media. Concurso-oposición por promoción interna vertical. Título universitario de grao, licenciado en Dereito ou equivalente.

B) Cadro laboral:

Inclúense as seguintes prazas de persoal laboral fixo:

– Unha (1) praza de encargado de obras y servizos municipais, asimilada ao subgrupo C2. Concurso-oposición libre. Título de graduado en educación secundaria obrigatoria ou equivalente.

– Unha (1) praza de operario de servizos varios, asimilada ás agrupacións profesionais sen requisito de titulación. Concurso-oposición libre, permiso de circulación clase B.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello durante o prazo dos 20 días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, en modelo oficial que se facilitará nas oficinas do Concello e na páxina web. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 38.4 da Lei 30/1992.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro de edictos, en todo caso, na páxina web www.concellopereiro.com e no BOP de Ourense cando proceda de conformidade coas bases das probas selectivas.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

O Pereiro de Aguiar, 5 de agosto de 2013

Eliseo Fernández Gómez
Alcalde