Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 6 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2013107TA-LU, por infraccións en materia sanitaria.

O 22 de xullo de 2013, a xefa territorial de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador nº 2013107TA-LU, incoado a Diyelo, S.L., titular do establecemento Bar Gardel.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e ao abeiro do disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Diyelo, S.L., titular do establecemento Bar Gardel, o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e recórdaselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita na rúa Montevideo nº 9 de Lugo, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 6 de agosto de 2013

(Resolución da Consellería de Sanidade do 4.7.2013)
María del Carmen Lourés Fraga
Xefa territorial suplente

ANEXO

Nº de expediente: 2013107TA-LU.

Denunciada: Diyelo, S.L., titular do establecemento Bar Gardel.

CIF: B27168061.

Último enderezo coñecido: rúa Benigno Quiroga, nº 14, 27600 Sarria (Lugo).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: artigos 7.u) e 19.3.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: mil douscentos euros (1.200,00 €).