Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 31 de xullo de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial do Medio Rural sita na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo-2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 31 de xullo de 2013

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0039/2013-VNA.

Denunciado: Gabriel Fernández Martínez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0094/2013-BIO.

Denunciado: Celso Castro Garrido e outros.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0143/2013-BIO.

Denunciada: Inrola, S.L.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0148/2013-IO.

Denunciado: José Antonio Cacabelos Soutullo.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: MON-PO-0004/2011-TSA.

Denunciado: Milucho Obras y Construcciones.

Acto de notificación: imposición 10ª multa coercitiva.

Expediente: MON-PO-0103/2012-CSA.

Denunciado: Milucho Obras y Construcciones.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: MON-PO-0110/2012-VNA.

Denunciado: Roberto C. Estévez Sanmartín.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: SAN-PO-0062/2013-IA.

Denunciado: José Rodríguez López.

Acto de notificación: acordo de incoación.