Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33946

VI. Anuncios

b) Administración local

Sociedade Municipal de Xestión do Transporte Urbano de Santiago de Compostela S.A.

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2013, do Consello de Administración, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto, da contratación do servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: servizo de limpeza da estación de autobuses de Santiago de Compostela e oficina do aparcadoiro Xoán XXIII.

Orzamento máximo de licitación: 160.000 euros (máis o IVE).

Procedemento de adxudicación: licitación pública por procedemento aberto.

Duración do contrato/prazo de execución: dous anos.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións nas oficinas de TUSSA (praza de Camilo Díaz Baliño, s/n (estación de autobuses), 15704 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no DOG.

Documentación e información: nas oficinas de TUSSA. Tfno. 981 56 82 10, fax 981 57 43 24 e na web da sociedade: www.tussa.org

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

Clasificación do contratista: grupo U, subgrupo 1, categoría b.

Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula 10.3 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de plicas: a data e o lugar de apertura do sobre número 2, que terá lugar en acto público, anunciarase cunha antelación mínima de tres días naturais ao da súa realización, no perfil do contratante: www.tussa.org

Gastos de anuncios: o gasto derivado das publicacións desta licitación será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2013

José Ramón Mosquera Ferreiro
Director xerente da Sociedade Municipal de Xestión
do Transporte Urbano de Santiago de Compostela, S.A. (TUSSA)