Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Xoves, 22 de agosto de 2013 Páx. 33943

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de información pública sobre hotel canino e centro de adestramento no Barco (Mañufe) (expediente 11376).

O día 8 de novembro de 2012 solicitouse neste concello licenza de actividade de hotel canino e centro de adestramento que se desenvolverá no Barco número 1, parroquia de Mañufe. En cumprimento do establecido polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sométese o dito expediente a información pública durante vinte (20) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, BOP ou no taboleiro de anuncios deste concello, para os efectos de ser consultado e formular as alegacións que consideren oportunas. O expediente estará á súa disposición dentro do dito prazo, no Departamento de Urbanismo deste concello, das 9.00 ás 13.30 horas. Do trámite de información pública exceptuaranse os datos da solicitude e documentación anexa que estén amparados polo réxime de confidencialidade.

Gondomar, 28 de maio de 2013

Fernando Guitián Guitián
Alcalde