Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 29 de agosto de 2013 Páx. 34509

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2013 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, así como a composición do tribunal cualificador, e a data, a hora e o lugar de realización das probas.

En virtude da Resolución do 22 de xullo de 2013, da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia número 146, do xoves 1 de agosto de 2013, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

Unha vez transcorrido o prazo establecido para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos e excluídos, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos e excluídos ás probas para a obtención da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas.

A listaxe definitiva de aspirantes excluídos figura publicada como anexo a esta resolución.

A listaxe definitiva de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.es, e nela farase constar, así mesmo, se está exento ou non da proba de coñecemento do idioma galego.

Composición do tribunal cualificador.

1. O tribunal cualificador das probas correspondentes a esta convocatoria está formado polos seguintes membros titulares e suplentes:

– Tribunal titular:

Presidenta: Mónica Mª Castro Pérez.

Secretaria: Mercedes Gayoso Gómez.

Vogais:

Guillermina Núñez Rodríguez.

Jesús Lata Buceta.

Javier Sorribas Chaves.

– Tribunal suplente:

Presidente: José Antonio Grandas Arias.

Secretario: Roberto Pérez Fonte.

Vogais:

José Antonio Fernández López.

José González Cores.

Monserrat Carracedo Goldar.

2. A súa actuación e funcionamento rexerase polo disposto para os órganos colexiados na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Desenvolvemento das probas:

Convócanse os aspirantes que figuran na listaxe de admitidos para a realización das probas, que terán lugar o vindeiro día 17 de setembro de 2013 na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, sita na avenida da Cultura, s/n, A Estrada.

A actuación dos/das aspirantes terá lugar por orde alfabético:

– Proba de coñecementos: ás 9.30 horas.

– Proba psicolóxica: ás 11.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, así como de bolígrafo de cor azul.

A Estrada, 20 de agosto de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe de excluídos

Arias González, Israel

Blanco Pérez, Águeda

Cortés Villaverde, Jesús

Gallas Otero, Enrique

González Torres, Juan Carlos

Gutiérrez Roma, José Vicente

López Ures, Manuel

Lorenzana Bargueiras, Andrés Jesús

Lorenzana Díaz, Caitán

Ortiz González, Gerardo

Otero Fernández, Francisco Javier

Perez López, Roberto

Ramos Cebei, Francisco Manuel

Trigo Gómez, Roberto

Vecino Magri, Sergio Germán Jorge

Vilasuso Vázquez, Jacobo