Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Martes, 3 de setembro de 2013 Páx. 35050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación da subministración enerxética prestacional e mantemento e conservación de edificios e instalacións de centros sanitarios, con inclusión de servizos de redacción de proxectos, dirección facultativa de obras e coordinación de seguridade e saúde, cofinanciada pola Unión Europea a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (AB-SER3-12-005).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-12-005.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: subministración enerxética prestacional e mantemento e conservación de edificios e instalacións de centros sanitarios, con inclusión de servizos de redacción de proxectos, dirección facultativa de obras e coordinación de seguridade e saúde (cofinanciado pola Unión Europea a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71.24.00.00, 09.12.30.00, 09.11.14.00, 09.13.40.00, 09.32.00.00, 34.91.30.00, 50.53.00.00.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE S159, do 21.8.2012; BOE nº 208, do 30.8.2012; DOG nº 153, do 10.8.2012, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde o 10.8.2012.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 9.103.975,24 euros, coa seguinte desagregación:

– Redacción de proxectos: 407.160,90 euros.

– Dirección de obra, dirección de execución, coordinación de seguridade e saúde: 990.112,34 euros.

– Servizo de mantemento e subministración enerxética prestacional: 7.706.702,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 9.103.975,24 euros. IVE (%): 21 %. Importe total: 11.015.810,15 euros. Véxanse pregos.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 16.7.2013.

b) Data de formalización do contrato: 6.8.2013.

c) Contratista: Cofely España, S.A.U.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 9.015.891,99 euros. IVE (%): 21 %. Importe total: 10.909.229,31 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e obter a máxima puntuación de entre todas as admitidas, segundo a resolución de adxudicación do 16.7.2013 (publicado no perfil de contratante).

7. Información complementaria: cofinanciado pola Unión Europea a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e polo Programa de desenvolvemento rural sustentable do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos