Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35817

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO relativo á publicación das bases reguladoras dunha praza de funcionario interino.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 186, do 14 de agosto de 2013, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a unha praza de funcionario interino, auxiliar de Administración xeral, do Concello de Ribadeo.

De conformidade co previsto na base 7ª das referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no boletín oficial correspondente (DOG).

Os sucesivos anuncios realizaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo.

Ribadeo, 14 de agosto de 2013

Fernando Suárez Barcia
Alcalde