Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36020

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

ANUNCIO de convocatoria de axudas de acción social para o exercicio 2013.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia, na súa reunión do 6 de xuño de 2013, aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2013: axudas para a atención a discapacitados. As ditas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución, o prazo de presentación de solicitudes queda aberto a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

Luciano Fariña Busto
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia