Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37283

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2013 pola que se concede a acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e se procede ao nomeamento dos seus membros.

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 77, do 22 de abril) ten por obxecto determinar os fins, obxectivos, funcionamento, composición e procedemento de acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia e dos comités territoriais de ética da investigación, como órganos colexiados encargados da valoración ética, metodolóxica e legal dos estudos de investigación con seres humanos, o seu material biolóxico ou os seus datos de carácter persoal no seu respectivo ámbito de actuación.

O 19.8.2013 presentouse perante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade unha solicitude para a acreditación do novo Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia.

Unha vez examinada a documentación presentada xunto coa devandita solicitude, e logo da comprobación do cumprimento do disposto nos artigos 5 e 11.4 do Decreto 63/2013, do 11 de abril, o 13.9.2013 o secretario xeral técnico desta consellería efectuou, de acordo co disposto no artigo 11.7 do dito decreto, unha proposta favorable á acreditación daquel comité.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto nos números 4 e 6 do artigo 5, e nos números 1, 8 e 9 do artigo 11, do Decreto 63/2013, do 11 de abril, polo que se regulan os comités de ética da investigación en Galicia, e de acordo coa proposta efectuada pola Secretaría Xeral Técnica desta consellería,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a acreditación do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia, a cal se outorga por un período de catro anos, contados a partir da data da presente resolución.

Segundo. Establecer a sede do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia en Santiago de Compostela, no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, da Consellería de Sanidade.

Terceiro. Nomear como membros do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia ás persoas que se relacionan no anexo desta resolución. O seu nomeamento leva implícito o cesamento dos membros do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Composición do Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia:

– Secretaria:

• Paula M. López Vázquez, médico especialista en Farmacoloxía Clínica.

– Vicesecretario:

• Juan Manuel Vázquez Lago, médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública.

– Membros:

• Jesús Alberdi Sudupe, médico especialista en Psiquiatría. Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

• Rosendo Bugarín González, médico especialista en Medicina de Familia e Comunitaria. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

• Juan Casariego Rosón, médico especialista en Cardioloxía. Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

• Emilio Casariego Vales, médico especialista en Medicina Interna. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

• Xoán X. Casas Rodríguez, médico especialista en Medicina de Familia e Comunitaria. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

• Juan Fernando Cueva Bañuelos, médico especialista en Oncoloxía Médica. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

• Juana M. Cruz del Río, traballadora social e xerontóloga social. Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

• José Álvaro Fernández Rial, médico especialista en Medicina Interna. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.

• José Luis Fernández Trisac, médico especialista en Pediatría. Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

• Pilar Gayoso Diz, médico especialista en Medicina de Familia e Comunitaria. Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

• Marta Gil Pérez, licenciada en Dereito. Departamento Territorial de Sanidade da Coruña.

• Paula M. López Vázquez, médico especialista en Farmacoloxía Clínica. Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.

• Agustín Pía Morandeira, farmacéutico de Atención Primaria. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

• Salvador Pita Fernández, médico especialista en Medicina de Familia e Comunitaria. Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

• María Ponte García, licenciada en Dereito. Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

• Manuel Portela Romero, médico especialista en Medicina de Familia e Comunitaria. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

• Carmen Rodríguez-Tenreiro Sánchez, licenciada en Farmacia. Fundación Ramón Domínguez.

• Susana Romero Yuste, médico especialista en Reumatoloxía. Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

• Juan Manuel Vázquez Lago, médico especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.

• Teresa Vázquez Pumariño, diplomada universitaria de Enfermaría. Xerencia de Xestión Integrada Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

• Asunción Verdejo González, médico especialista en Farmacoloxía Clínica. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

• Irene Zarra Ferro, farmacéutica especialista en Farmacia Hospitalaria. Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela.