Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37731

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 17 de setembro de 2013 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2012/13 convocados pola Orde do 22 de abril de 2013 (DOG do 30 de abril).

A Orde do 22 de abril de 2013 (DOG do 30 de abril) pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2012/13, establece, no seu artigo 10.3, que o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa elevará a proposta feita polo tribunal ao conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Unha vez realizadas as probas, publicada a acta provisional coas cualificacións obtidas polos alumnos e alumnas, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta definitiva do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2012/13 e a correspondente proposta do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de bacharelato, correspondentes ao curso 2012/13, ao alumnado que figura no anexo a esta orde.

Segundo. Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde a súa publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Relación de premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao
curso 2012/13

Sol.

Apelidos e nome

Código centro

Centro estudos

Importe (€)

7707

Fernández Prado, Diego

27003151

IES Lama das Quendas

1.000

7264

De La Fuente Rey, Antía

15027654

IES Agra de Leborís

1.000

7439

Fernández Blanco, Beatriz

27006437

CPR Plurilingüe San José

1.000

7790

Berriochoa Rodríguez, Ana

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000

7890

González Portela, Javier

27012036

IES Gregorio Fernández

1.000

7396

García González, María

36019050

IES de Beade

1.000

7616

Dasilva Villanueva, Nerea

32009190

IES As Lagoas

1.000

8014

Paradela Del Río, Mauro

32008604

CPR Plurilingüe Santa María

1.000

7961

Pérez Piñeiro, David

27020586

CPR Galén

1.000

7471

Vázquez Bengochea, Leticia

32008941

IES Eduardo Blanco Amor

1.000

7796

Codesido Sánchez, Carlos

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000

7441

Toledo Amor, Amadeo

27006541

IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes

1.000

7285

Larrañaga Cores, María

15006791

IES Saturnino Montojo

1.000

7735

Souto Villanustre, Ana

15026352

IES Brión

1.000

7501

Fernández Fernández-Campoamor, Marina

15020556

IES Breamo

1.000

7292

Núñez Sánchez, Silvia

27006528

CIFP As Mercedes

1.000

7974

Carral López, Gabriel María

27020586

CPR Galén

1.000

7663

Vidal Arboiro, José Manuel

27013958

IES Monte Castelo

1.000

7340

Ramos Fuentes, Carlos

15027733

IES de Arzúa

1.000

7531

Capón Lamelas, María Nerea

27016704

IES Leiras Pulpeiro

1.000

Os/as gañadores/as deberán enviar, no prazo de dez días, á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, Edificio Administrativo, s/n, bloque 2, 1º andar, 15781, Santiago de Compostela, a indicación da titularidade dunha conta bancaria con 20 díxitos e presentar unha declaración responsable acerca da veracidade dos datos relativos á dita conta na cal se ingresará mediante transferencia bancaria a dotación do premio.