Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37738

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se adxudican cinco prazas de bolseiro/a nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 8 de xullo de 2013.

A Orde do 8 de xullo de 2013 (DOG nº 134, do 16 de xullo) establece as bases e anuncia a convocatoria –en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade– de cinco prazas de bolseiro nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas dos centros de estudos galegos localizados noutras tantas universidades estranxeiras.

Logo de ver a acta da reunión da Comisión de Valoración, constituída ao abeiro do artigo 10 da dita orde, así como a certificación e proposta de resolución remitidas pola subdirectora xeral de Política Lingüística, na súa condición de presidenta da dita comisión, e os documentos de compromiso achegados polos candidatos propostos en que aceptan a adxudicación da bolsa para a que resultaron seleccionados, esta secretaría xeral, en uso das facultades que, en virtude da disposición adicional única da mencionada Orde do 8 de xullo de 2013, lle son delegadas,

DISPÓN:

Artigo 1

Aprobar definitivamente a relación de admitidos que se especifican no anexo I, con indicación da orde de preferencia das prazas solicitadas polos candidatos presentados.

Artigo 2

Aprobar definitivamente as relacións de excluídos e desistidos que se especifican nos anexos II e III, respectivamente, con indicación da causa que orixina a súa exclusión ou desistencia.

Artigo 3

Adxudicar as prazas de bolseiro/a nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas dos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se especifican ás persoas relacionadas no anexo IV, coas condicións establecidas na orde da convocatoria.

Artigo 4

Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o/a titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2013

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

ANEXO I
Relación de admitidos

Apelidos e nome

Universidade/s solicitada/s (orde de preferencia)

1

Alonso Comesaña, Silvia

Berlín

 

 

2

Álvarez Fernández, Bárbara

Berlín

 

 

3

Ameneiro Menéndez, María Matilde

Nova de Lisboa

 

 

4

Anido Regueiro, Rubén

Nova de Lisboa

 

 

5

Barbero Patiño, Daniel

Nova de Lisboa

Berlín

Zádar

6

Barrera García, Ana Belén

Berlín

Zádar

 

7

Bermúdez Salgueiro, Miguel

Zádar

Estado do Río de Janeiro

Nova de Lisboa

8

Campos Carballude, César

Nova de Lisboa

São Paulo

Estado do Río de Janeiro

9

Castro González, Inmaculada

Zádar

São Paulo

Estado do Río de Janeiro

10

Ces Ares, Ana

Nova de Lisboa

Zádar

Berlín

11

Díaz Díaz, Pilar

Zádar

 

 

12

Dorado Cadilla, Jairo

Berlín

Zádar

 

13

Fente Parada, Antonio

Nova de Lisboa

São Paulo

Estado do Río de Janeiro

14

Fernández Pazo, Noa

São Paulo

Estado do Río de Janeiro

Nova de Lisboa

15

Freire Álvarez, Zeltia

Zádar

 

 

16

Lado Lago, Xoán Antón

Nova de Lisboa

Berlín

Zádar

17

Lareu Riveiro, Ramón Ángel

Nova de Lisboa

Berlín

Zádar

18

Lema Martínez, Rebeca

Zádar

Berlín

 

19

Lois Lugilde, Salvia

Nova de Lisboa

Berlín

Zádar

20

López González, Xaquín

Nova de Lisboa

Estado do Río de Janeiro

São Paulo

21

López López, Lorena

Nova de Lisboa

 

 

22

López Ratón, Sara

Berlín

Zádar

 

23

López Veleiro, Raquel

Nova de Lisboa

 

 

24

Lorenzo Gómez, Leticia

Nova de Lisboa

 

 

25

Lourido Hermida, Isaac

Nova de Lisboa

 

 

26

Penelas Devesa, Patricia María

Zádar

São Paulo

Nova de Lisboa

27

Pérez Durán, Gabriel

Berlín

Nova de Lisboa

 

28

Portela Núñez, Darío

Nova de Lisboa

 

 

29

Regueira Fernández, Mario Ibán

Nova de Lisboa

São Paulo

 

30

Rosales Fernández, María

Zádar

Berlín

 

31

Salgueiro González, Alfonso

São Paulo

Estado do Río de Janeiro

Zádar

32

Sánchez Núñez, Alma

Berlín

Zádar

 

33

Sande Siaba, Lucía

Nova de Lisboa

Estado do Río de Janeiro

São Paulo

34

Solís Cortizas, María Vanesa

Nova de Lisboa

Berlín

Zádar

35

Taboada Lorenzo, Verónica

Nova de Lisboa

Berlín

Zádar

36

Vázquez Agra, Sonia

Berlín

 

 

37

Vicente Rodríguez, Denis

Estado do Río de Janeiro

São Paulo

Nova de Lisboa

ANEXO II
Relación de excluídos

Apelidos e nome

Motivo

1

Díaz Bande, Ana María

Non acredita a titulación exixida. Artigo 4.1

2

López Ratón, Sara

Excluída para a praza da Universidade do Estado do Río de Janeiro por non acreditar a titulación exixida. Artigo 4.1

3

Rosales Fernández, María

Excluída para a praza da Universidade Nova de Lisboa por non acreditar a titulación exixida. Artigo 4.1

ANEXO III
Relación de desistidos

Apelidos e nome

Motivo

1

Costa Boquete, Rosario

Non achega a documentación requirida. Artigo 9.2

2

Fernández Rodríguez, María Alicia

Non achega a documentación requirida. Artigo 9.2

3

Freire Álvarez, Zeltia

Non achega a documentación requirida para a Universidade de Berlín.

Artigo 9.2

4

Garrido Guitián, Noemia

Non achega a documentación requirida. Artigo 9.2

5

Lado Lago, Xoán Antón

Non se presenta á fase de entrevista para as seguintes universidades: Berlín. Artigo 11.4

6

Lamazares Vázquez, Xoán

Non achega a documentación requirida. Artigo 9.2

7

Ríos Fernández, Marta

Non achega a documentación requirida. Artigo 9.2

8

Sanjurjo Rodríguez, Gema

Non achega a documentación requirida. Artigo 9.2

ANEXO IV
Adxudicación de lectorados

Destino

Apelidos e nome

NIF

Universidade de Berlín

Dorado Cadilla, Jairo

36153803B

Universidade Nova de Lisboa

Lourido Hermida, Isaac

32685152J

Universidade de Zádar

Rosales Fernández, María

77413873J

Universidade do Estado do Río de Janeiro

Vicente Rodríguez, Denis

44848875W

Universidade de São Paulo

Fernández Pazo, Noa

44839310M