Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38577

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 18 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013, e se convocan para o ano 2013.

O Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no seu artigo 27 establece o aumento do valor económico dos bosques. As súas disposicións de aplicación establécense no Regulamento (CE) nº 1974/2006 da Comisión do 15 de decembro de 2006.

Como resposta ás disposicións do citado Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, do 20 de setembro de 2005, a Xunta de Galicia elaborou o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia para a etapa 2007-2013 na que se inclúe a medida 122, accións de aumento do valor económico dos bosques mediante a promoción da diversificación das producións forestais.

O Regulamento de execución (UE) nº 679/2011 da Comisión do 14 de xullo de 2011 que modifica el Regulamento (CE) nº 1974/2006 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) recolle que os Estados membros poderán establecer a contía das axudas previstas no artigo 27 do Regulamento (CE) nº 1698/2005, baseándose en custos estándar.

O Real decreto 2128/2004, do 29 de outubro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, establece as normas de aplicación do dito sistema e a súa utilización como instrumento de xestión no marco do sistema integrado de xestión e control e resto de réximes de axuda relacionados coa superficie da política agrícola común. Así mesmo, a Orde do 24 de xaneiro de 2005 (DOG nº 19, do 28 de xaneiro) da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural establece o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas en Galicia.

A Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 27.10 do Estatuto de autonomía, ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais.

A Consellería do Medio Rural e do Mar, segundo o establecido no Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Fondo Galego de Garantía Agraria, é o organismo competente para a xestión destas axudas que teñen como obxectivos os seguintes:

a) Fomentar a plantación de especies forestais.

b) A diminución das masas forestais monoespecificas favorecendo o aumento da diversidade.

c) O aumento da superficie forestal arborada.

d) A diminución do risco de incendios forestais mediante a valorización dos terreos forestais.

e) Aumento da diversificación de producións.

f) Plantación de frondosas caducifolias.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu Regulamento teñen por obxecto a regulación do réxime xurídico propio das subvencións cuxo establecemento e xestión lles corresponde á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, organismos e demais entidades vinculadas ou dependentes desta, así como tamén ás entidades locais de Galicia, incluídos os organismos e entidades dependentes delas.

A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia establece o ámbito normativo dos montes ou terreos forestais da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, o Decreto 105/2006, do 22 de xuño, regula as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais e a Orde do 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal.

Na elaboración desta orde de axudas téñense en conta as directrices e os obxectivos da actuación de potenciación dos soutos de castiñeiro incluído no plan de competitividade do Plan Impulsa da Xunta de Galicia.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e, no uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

De acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto da axuda e ámbito de aplicación

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas para fomentar a creación e regulación de espazos con elevado interese socioeconómico para a diversificación de producións mediante la plantación de castiñeiro para froito e proceder á súa convocatoria para o ano 2013 en réxime de concorrencia competitiva.

2. O disposto nesta orde será de aplicación para todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, con exclusión de:

a) Os bosques ou outras superficies forestais que sexan propiedade da Administración central ou autonómica.

b) Os bosques e outras superficies forestais propiedade da Coroa.

c) Os bosques que pertenzan a empresas públicas.

d) Os bosques propiedade de persoas xurídicas, cando polo menos o 50 % do seu capital pertenza a algunha das institucións anteriormente citadas.

Artigo 2. Liña de axuda

A liña de axuda obxecto de subvención é a seguinte:

Plantación con castiñeiro para froito no ámbito xeográfico (anexo VI) de produción da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia que comprende a área do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia que se atopa delimitada ao oeste pola Dorsal Galega e pola Serra do Xistral cara ao norte, concretamente:

1. Provincia da Coruña: a Comarca da Terra de Melide, e os concellos de Arzúa e Boimorto (comarca de Arzúa).

2. O conxunto da provincia de Lugo, a excepción dos concellos do Vicedo, Viveiro, Xove e Cervo (comarca da Mariña Occidental), Burela e Foz (comarca da Mariña Central) e Barreiros e Ribadeo (comarca da Mariña Oriental).

3. A totalidade dos concellos da provincia de Ourense.

4. Provincia de Pontevedra: as comarcas do Deza e de Tabeirós-Terra de Montes, os concellos de Cotobade, A Lama e Campo Lameiro (comarca de Pontevedra) e o concello de Cuntis (comarca de Caldas).

A demarcación da dita área de produción responde a unhas condicións pluviométricas, térmicas, ombrotérmicas, hipsométricas e de solos óptimas para o cultivo de castaña de calidade.

Artigo 3. Tipos de superficies obxecto de axuda

1. Poderá ser obxecto de axuda todo tipo de terreos que estean identificados no Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) agás camiños.

2. En todo caso, será de aplicación o disposto no capítulo II da Orde do 24 de xaneiro de 2005 (DOG nº 19, do 28 de xaneiro), da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, que establece o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas en Galicia.

3. Non se poderán realizar solicitudes de axuda sobre hábitats prioritarios.

Artigo 4. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios das axudas previstas nesta orde as sociedades de fomento forestal, os propietarios particulares de xeito individual, as sociedades ou agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas e inscritas no Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia, as cooperativas agrarias, os pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens, as entidades locais, outras persoas xurídicas ou as comunidades de montes veciñais en man común.

2. Os beneficiarios serán persoas físicas ou xurídicas que sexan propietarios ou titulares dos terreos obxecto de axuda. Non se admite a cesión por parte do propietario do terreo a un terceiro.

3. Os beneficiarios deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2º e 10.3º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro provincial de montes veciñais en man común, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Artigo 5. Intensidade da axuda

A intensidade de axuda para estas actuacións será como máximo do 60% en zonas desfavorecidas (ver anexo IV) e do 50 % noutras zonas, calculándose a axuda sobre o custo real subvencionable do investimento determinado, IVE excluído no correspondente proxecto técnico.

Artigo 6. Actuacións obxecto de axuda e importes máximos subvencionables

Unicamente poderán ser obxecto de subvención as actuacións seguintes:

1. Gastos de plantación forestal (o proxecto non é subvencionable).

2. Infraestruturas de acompañamento u obras complementarias das plantacións.

O IVE non é subvencionable.

1. Gastos de plantación forestal:

Estes gastos incluirán os necesarios para o tratamento da vexetación preexistente, a preparación previa do terreo, adquisición de planta, protección da planta mediante protectores, os titores e outros materiais necesarios, así como os de plantación propiamente dita. O valor máximo do investimento en euros por hectárea de actuación é o seguinte:

Especies do anexo I para froito (castiñeiros): o valor máximo do investimento en euros por hectárea de actuación, que se calculará aplicando os módulos recollidos no anexo II, é o seguinte, segundo a densidade de plantación:

• 100 plantas/ha (10*10): plantacións de planta enxertada: 2.200 €/plantacións de planta portaenxerto: 1.600 €/ha.

• 69 plantas/ha (12*12) plantacións de planta enxertada: 1.800 €/plantacións de planta portaenxerto: 1.400 €/ha.

• 50 plantas/ha (14*14) plantacións de planta enxertada: 1.500 €/plantacións de planta portaenxerto: 1.200 €/ha.

2. Infraestruturas de acompañamento, obras complementarias e cartel das plantacións que se realicen ao abeiro desta orde. Estarán suxeitas aos seguintes condicionantes:

– Deberanse localizar dentro ou estremeiras coa área obxecto da plantación.

– O valor máximo do investimento en euros por quilómetro de actuación que se calculará aplicando os módulos recollidos no anexo II, é o seguinte:

• 255,00 € por cartel (máximo subvencionable un cartel por solicitude).

• 7.000,00 € por km de peche.

• 7.997,96 € por km de apertura de pista forestal.

• 2.956,07 € por km de arranxo de pista forestal.

– A repercusión máxima por ha de actuación será a seguinte:

Euros por ha de actuación

Peche

280,00

Apertura pistas forestais

320,00

Arranxo pistas forestais

120,00

– Peche perimetral: poderá subvencionarse o peche perimetral, sempre e cando se xustifique a súa necesidade (gando, fauna cinexética,...) independentemente do tipo de beneficiario de que se trate.

Artigo 7. Condicións técnicas

As solicitudes deberán axustarse ás seguintes condicións técnicas:

1. As densidades mínimas de plantación deberán ser as seguintes:

Na plantación con castiñeiro para froito, a densidade máxima de será de 100 plantas/ha (marco 10 m*10 m) e a mínima de 50 plantas/ha (marco 14 m*14 m). As variedades que se poderán enxertar, por ser consideradas de maior interese, son: a Amarelante, a Famosa, a Garrida, a Longal, a De Parede, a Ventura e a Xudía, así como as de boa actitude macho polinizador que son: a Negral, a Picona, a Serodia e a Rapada.

2. Especies que hai que utilizar:

A planta de castiñeiro que se subvenciona é o porta-enxerto ou a planta enxertada con algunha das varidedades a Amarelante, a Famosa, a Garriga, a Longal, a De Parede, a Ventura e a Xudía, así como das variedades de boa actitude macho polinizador: a Negral, a Picona, a Serodia e a Rapada. En caso de que a planta subvencionada sexa o porta-enxerto, non se realizará o enxerto ata transcorrido un ano desde a súa implantación.

3. Características da planta:

– A planta empregada deberá cumprir co establecido no Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución e supletoriamente cos requisitos de procedencia e calidade exterior exixidos polo Real decreto 289/2003, e a súa modificación recollida no Real decreto 1220/2011, do 5 de setembro, e sanitarios regulados polo Real decreto 58/2005, do 21 de xaneiro.

– Empregarase como porta-enxerto o castiñeiro (clave B7 do anexo I) ou o castiñeiro híbrido (clave B8 do anexo I) dos clons aprobados oficialmente pola Consellería do Medio Rural e do Mar Transcorrido un ano desde a súa plantación deberá ser enxertada. A variedade e método utilizado no enxerto terá que ser autorizado, logo de solicitude pola Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes.

– A produción e a comercialización do material forestal de reprodución poderá proceder de calquera persoa provedora da Unión Europea.

4. A lonxitude máxima subvencionable, suma de arranxo e construción de pista forestal, que se deberá realizar dentro da superficie obxecto de actuación, será de 40 metros lineais por hectárea de actuación, excepto no caso de solicitudes de propietarios particulares de xeito individual en superficies de actuación inferior a 10 hectáreas que non as poderán solicitar.

5. As condicións técnicas mínimas e limitacións de uso que deben observarse figuran no anexo III.

6. Nos terreos obxecto de subvención, unha vez aprobada a axuda, colocarase en lugar visible desde o acceso, como mínimo, un cartel identificativo, segundo o modelo indicado no anexo V, excepto no caso de propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior as 10 hectáreas que non é necesaria a colocación do cartel.

7. A planificación da plantación deberá axustarse ás novas distancias que exixe a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia e que se concretan no artigo 68 e anexo 2 da lei.

8. Nos terreos obxecto de solicitude de axuda deberase cumprir, en todo caso, o disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, no Decreto 105/2006, do 22 de xuño, que regula as medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais e na Orde do 31 de xullo de 2007 pola que se establecen os criterios para a xestión da biomasa vexetal.

9. Poderanse tramitar peticións de axuda co obxecto de realizar traballos en montes que teñan subscrito un convenio ou consorcio coa Xunta de Galicia logo de informe de viabilidade do servicio provincial de montes correspondente. Os montes consorciados coa Administración non poden solicitar as axudas dentro da superficie consorciada; ben que naqueles montes para os cales se solicitase a rescisión do consorcio ou o paso a convenio con anterioridade á publicación desta orde, si que poderán ser obxecto de axuda.

Os montes que teñan un convenio ou solicitasen o paso a convenio coa Xunta de Galicia, antes de propoñerse a aprobación da axuda, deberán ter un informe do servizo provincial de montes correspondente.

10. En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas para traballos de plantación, áreas de defensa contra incendios forestais e infraestruturas de defensa en terreos nos cales o acordo de concentración parcelaria sexa firme. Non obstante, poderanse aprobar as axudas nos casos en que, non sendo firme o acordo, o Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias emita un certificado no que indique o nome do propietario e a manifestación de que o dito predio non va sufrir cambios.

11. Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse destas axudas.

12. No caso de existir valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico, literario e paisaxístico delimitarase a súa localización e zona de influencia e excluiranse da superficie de actuación.

Artigo 8. Condicións técnicas para a redacción do proxecto das actuacións

1. O proxecto das actuacións ten que incluír como cartografía planos sobre mapas oficiais, preferentemente a escala 1:5.000, ou no seu defecto, escala 1:10.000. No caso de comunidades de montes veciñais en mano común deberase presentar a maiores planos a escala 1:25.000. En caso de agrupacións, incluirase nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie coa que participa cada membro da agrupación e, en calquera caso, ficha SIXPAC.

2. O proxecto das actuacións que se presente deberá incluír un punto onde se definan os labores mínimos de mantemento e o seu orzamento a realizar nos primeiros dez (10) anos.

3. Farase constar no proxecto das actuacións se a superficie de actuación comprende zonas de protección lateral do Camiño de Santiago e solicitaráselle de forma interna, antes da aprobación da axuda, informe á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

4. Farase constar no proxecto das actuacións se na superficie de actuación existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, que regula o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, e solicitaráselle de forma interna, antes da aprobación da axuda, informe á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

5. Farase constar no proxecto das actuacións se a superficie de actuación se atopa dentro da Rede Natura 2000 e solicitaráselle de forma interna, antes da aprobación da axuda, informe ao Servizo de Conservación da Natureza; en caso de que o dito informe sexa desfavorable non se admitirá a trámite a solicitude de axuda, agás no caso de que a superficie dispoña dun plan de xestión forestal aprobado e co informe favorablemente do departamento competente en materia de conservación da natureza. Non se poderán realizar solicitudes de axuda sobre hábitats prioritarios.

6. O proxecto das actuacións deberá conter como mínimo, o seguinte:

a) Estado legal do predio obxecto de solicitude de axuda: superficie, localización, estremeiros, accesos.

b) Descrición das actuacións que se vaian levar a cabo.

– Variedades, densidade final.

– Cartografía: planos sobre mapas oficiais e, en calquera caso, ficha SIXPAC.

– Todas as consideracións técnicas descritas nesta orde.

c) Fichas SIXPAC.

d) Orzamento.

e) Fichero DXF coa planimetría que deberá estar xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum de traballo, en ficheiro DXF (nun CD), obtido a partir dun plano de escala mínima 1:10.000 e, preferentemente 1:5.000. O ficheiro DXF estructurarase da seguinte maneira:

Elemento do plano

Nivel ou capa

Cor

Observacións

Contorno da mouteira de plantación

2

Morada

Código de mouteira

4

Negra

Corresponde cos códigos da portada

Pistas xa existentes

5

Azul

Pistas de nova creación

6

Azul escura

Pistas arranxadas

7

Azul clara

Devasas existentes

8

Verde

Código de propietario

12

Negra

Artigo 9. Superficies mínimas e máximas para solicitar as axudas e superficies excluídas

1. Superficie mínima:

a) Para montes veciñais en man común, SOFOR, cooperativas agrícolas, proindivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas ou sociedades e agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas, a superficie de actuación mínima por solicitude para plantación de castiñeiro para froito será de 3,75 hectáreas en couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

b) Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación mínima por solicitude será de 1 hectárea en couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

2. Superficie máxima:

a) Para montes veciñais en man común, SOFOR, cooperativas agrícolas, proindivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas ou sociedades e agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídos, a superficie máxima de actuación por solicitude será de 15 hectáreas, admitíndose máis dun couto redondo sempre e cando supere a superficie mínima. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

b) Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación máxima por solicitude será de 10 hectáreas nun só couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.

3. Excluiranse da superficie de actuación os enclavados de extensión igual ou superior a 100 m2, liñas eléctricas, pistas, estradas, devasas.

Artigo 10. Compromisos

Os beneficiarios das axudas comprometeranse expresamente ao cumprimento das condicións previstas nesta orde.

1. Compromisos de mantemento e conservación:

O titular comprométese a manter a plantación conforme as condicións de comprobación e a conservar a masa creada durante a quenda da especie ou ao menos 20 anos, e proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus xuros legais se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados silvícolas por parte do solicitante. Así mesmo, deberanse manter operativas as súas infraestruturas de acompañamento.

No caso de sociedades e agrupacións de propietarios legalmente constituídas, comunidades de bens, os pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, todos os seus membros comprométense a cumprir todos os compromisos e obrigas establecidos nesta orde, así como na demais normativa concorrente. A responsabilidade do bo fin da actuación será esixible a cada propietario membro da agrupación. Todos os membros integrantes comprométense a levar unha xestión conxunta da plantación durante a quenda da especie.

2. Se as superficies plantadas se transmitisen en todo ou en parte durante o período de compromiso, adecuaranse as primas á situación do novo titular, debendo, en todo caso, o novo titular cumprir as condicións exixibles para a percepción das axudas que se lle outorgaron.

3. Poderán ter lugar usos gandeiros complementarios cando estes xa non prexudiquen a plantación, logo da autorización do servizo de montes da provincia correspondente.

4. Se, unha vez efectuada a solicitude e antes da plantación, o terreo fose obxecto dun incendio forestal ou da queima do mato, o beneficiario deberallo comunicar inmediatamente, por escrito, ao servizo de montes co obxecto de adecuar a memoria descritiva das actuacións á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.

5. No caso de abandono ou destrución da plantación por calquera causa, suspenderanse todas as axudas pendentes ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que se deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar, no prazo máximo dun mes, os feitos e circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de parte da plantación.

6. O beneficiario comprométese en todo momento a lle facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á Consellería do Medio Rural e do Mar nas materias relacionadas con esta orde.

7. Nos montes conveniados que formen parte do Sistema de Xestión Forestal Sustentable da Xunta de Galicia, os beneficiarios das axudas comprométense a cumprir co establecido no Manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable, que forma parte do Sistema de Xestión Forestal Sustentable da Xunta de Galicia.

8. En todos os casos, e para calquera tipo de titular, o persoal que executou os traballos deberá estar dado de alta no réxime xeral da Seguridade Social e poderase solicitar en calquera momento que verifique que cumpre o dito requisito.

Artigo 11. Prioridades

1. Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 21, segundo o tipo de beneficiario:

a) Propietarios particulares de xeito individual: 20 %.

b) Sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, pro indivisos, comunidades de bens, entidades locais e outras persoas xurídicas (S.A., S.L.,...): 40 %.

c) CMVMC con superficie total clasificada inferior ou igual a 50 hectáreas: 20 %.

d) CMVMC con superficie total clasificada superior a 50 hectáreas: 20 %.

2. Dentro de cada unha das alíneas anteriores establecerase unha orde de prioridade segundo a seguinte prelación.

a) Por hectárea forestada con castiñeiro para froito:

a.1) SOFOR: 20 puntos.

a.2) Particulares de xeito individual, sociedades e agrupacións de propietarios particulares, cooperativas agrícolas, proindivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, comunidades de bens, entidades locais e outras persoas xurídicas (S.A., S.L,...): 15 puntos.

a.3) Comunidades veciñais en man común: 10 puntos.

b) Para os montes veciñais en man común que tivesen investido en melloras do monte aplicarase a puntuación maior dos tres puntos seguintes:

1. Investimentos de máis dun 15 % dos seus ingresos nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude da axuda: 10 puntos.

2. Investimentos de dun 40 % a un 60 % dos seus ingresos no último exercicios fiscal pechado anterior á solicitude da axuda: 20 puntos.

3. Investimentos de máis dun 60 % dos seus ingresos no último exercicio fiscal pechado anterior á solicitude da axuda: 30 puntos.

c) No caso de montes veciñais en man común sen ingresos nos últimos tres exercicios fiscais pechados anteriores á solicitude da axuda: 10 puntos.

d) Por cada membro, da sociedade ou agrupación de propietarios particulares, da cooperativa agrícola, do proindiviso (copropietarios), os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou da comunidade de bens: 1 punto (ata un máximo de 10 puntos).

e) Unha sociedade ou agrupación de propietarios legalmente constituída con xestión conxunta: 10 puntos.

f) Sociedade de fomento forestal rexistrada: 50 puntos.

g) Monte con instrumento de xestión rexistrado: 10 puntos. (Orde do 12 de xuño de 1998 pola que se crea o Rexistro de Proxectos de Ordenación e Plans Técnicos de Xestión de Montes).

h) Montes con certificación forestal co sistema PEFC ou FSC: 20 puntos. A data que se terá en conta á hora de computar os méritos será a correspondente ao derradeiro día de presentación de solicitudes.

i) Sociedade ou agrupación de propietarios en zonas de concentración parcelaria forestal: 10 puntos.

j) Monte veciñal en man común sen convenio ou consorcio en toda a superficie clasificada da comunidade de montes: 30 puntos.

3. No caso de empate no que o tipo de beneficiario sexa propietario particular de xeito individual primarase o que os predios para os que solicitou a axuda estean dados de alta no Rexistro da propiedade.

4. No caso de empate no tipo de beneficiario de SOFOR, sociedades e agrupacións de propietarios particulares legalmente constituídas, cooperativas agrícolas, pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo,comunidades de bens, entidades locais ou outras persoas xurídicas (S.A., S.L.,...), priorizarase segundo os seguintes criterios:

a) Solicitudes que sumen un maior número de propietarios.

b) No caso de seguir empatados, por maior superficie de actuación.

5. No caso de empate en MVCM priorizarase segundo os seguintes criterios:

a) % do límite do monte deslindado.

b) % de reinvestimento nas melloras do monte.

6. De persistir o empate, de maior a menor valor das catro últimas cifras do DNI ou NIF do titular dos terreos.

7. No caso de que, unha vez priorizados os expedientes solicitados, non se cubra a totalidade do importe especificado nos distintos puntos, os importes sobrantes dos distintos puntos pasarán aos demais para facer fronte aos expedientes solicitados.

Artigo 12. Solicitudes

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

2. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos ou documentos coa finalidade de acreditar a identidade da persoa solicitante. Polo tanto, o modelo de solicitude normalizado incluirá unha autorización expresa ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos achegados no procedemento administrativo. No caso de que a persoa interesada non autorice ao órgano xestor para realizar esta operación, estará obrigada a achegalos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención polo interesado comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento, debendo presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. Neste modelo formalizado de solicitude, inclúese unha declaración, ao abeiro do establecido no artigo 20.4 da Lei de subvencións de Galicia, no que o solicitante declara baixo a súa responsabilidade que todos os datos reflectidos na solicitude/declaración son certos, sen prexuízo da presentación da xustificación acreditativa dos requisitos que nela se reflicten, con anterioridade á proposta de resolución da concesión.

Entre outros datos, esta declaración inclúe:

• Para todo tipo de titulares de terreos, excepto comunidades de montes veciñais en man común, a declaración responsable de ser o titular da propiedade.

• Se a superficie das actuacións se a superficie de actuación comprende zonas de protección lateral do Camiño de Santiago.

• Se na superficie de actuación existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia, que regula o Decreto 232/2008, do 2 de outubro.

• Se a superficie de actuación se atopa dentro da Rede Natura 2000.

5. O solicitante fará constar na solicitude se a superficie de actuación comprende calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal.

Nestes casos, solicitarase de forma interna antes da aprobación da axuda, informe ao órgano competente por razón da materia. No caso de que o dito informe sexa desfavorable non se admitirá a trámite a solicitude de axuda, agás no caso de que a superficie dispoña dun instrumento de xestión forestal aprobado e informado favorablemente polo departamento competente.

Non se poderá conceder axuda sobre terreos que conteñan hábitats prioritarios.

6. Deberán presentar a solicitude debidamente cuberta, conforme o anexo VII, segundo a liña de subvención. A solicitude terá a consideración de declaración responsable. Os datos da solicitude que se citan a seguir:

– Datos da persoa solicitante.

– Datos do tipo de solicitante.

– Outros datos.

– Datos do investimento.

– Datos SIXPAC. Son esenciais para a súa priorización polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar a inadmisión da solicitude, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas a que tivese lugar.

Os datos que non veñan recollidos na solicitude non se terán en conta na priorización.

7. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.es/guia-de-procedementos-e-servizos

Tamén se poderá acceder a través da Oficina Agraria Virtual (OAV) dispoñible no enderezo http://emediorural.xunta.es/oav

Artigo 13. Prazos

1. Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.

2. Soamente se poderá presentar unha solicitude por titular e ano e para os terreos que se atopen nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite, as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase empregar un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

3. Os traballos obxecto de solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da aprobación da axuda.

Artigo 14. Documentación

1. Documentación que hai que presentar xunto coa solicitude:

a) Documentación xeral:

a.1) Fotocopia do DNI, NIF do solicitante, do representante deste e dos membros que constitúen os pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens.

As persoas físicas que consintan expresamente na solicitude a autorización de comprobación por parte do órgano competente da Administración, a través de medios electrónicos, os seu datos persoais non terán que presentar a copia do DNI ou NIF.

a.2) Declaración doutra axudas segundo o anexo X desta orde.

b) Documentación específica:

b.1) Para agrupacións formalmente constituídas en trámites de alta no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia, presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación o anexo VIII ou acordo de cesión.

b.2) Para proindiviso, de varas, fabeo, voceiros, de voces, abertais e comunidade de bens presentarán debidamente asinado por todos e cada un dos seus compoñentes o anexo IX «acordo de compromisos e obrigas».

2. Documentación que hai que presentar unha vez sexa requirido pola Administración de acordo co establecido no artigo 16.4 desta orde:

• Documentación xeral:

a) Documentación acreditativa dos méritos reflectidos na declaración xurada.

b) As comunidades de montes veciñais en man común, as sociedades e agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas, cooperativas agrícolas, pro indivisos, de varas, abertais, de voces, voceiros, de fabeo, comunidades de bens, entidades locais, outras persoas xurídicas e os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas deberán presentar o proxecto e unha copia, asinado por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal, e o nomeamento do director de obra.

c) Documento descritivo das actuacións, ou anexo XII, no caso de propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas.

d) Unha copia compulsada do documento que acredite a titularidade dos terreos.

• Documentación para comunidades de montes veciñais en man común:

– Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan o presidente da comunidade a pedir axudas á Consellería do Medio Rural e do Mar para a execución das accións obxecto da solicitude.

– Certificado de ingresos e reinversión en melloras no monte veciñal en man común (anexo XI).

• Documentación complementaria:

a) Para agrupacións de propietarios particulares formalmente constituídas: NIF e documento acreditativo de constitución desta onde conste as persoas que forman parte da dita sociedade ou agrupación.

A agrupación deberá estar de alta no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia á data do remate do prazo concedido no requirimento para achega da documentación acreditativa dos méritos.

b) No caso de cooperativas agrarias: copia dos estatutos.

c) No caso doutras entidades xurídicas: copia dos estatutos ou escrituras de constitución e acreditación da persoa física que as representa.

d) No caso de entidades locais: certificado do secretario municipal conforme foi informada a comisión de goberno da solicitude de axuda.

e) No caso dos pro indivisos, os de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, as comunidades de bens deberán presentar a xustificación acreditativa da representación na persoa designada na solicitude mediante constancia fidedigna en documento público ou comparecencia persoal ante un funcionario desta Administración pública.

f) Para todos: declaración responsable na que relacionen as parcelas SIXPAC, a súa clasificación catastral e a urbanística para a superficie para a cal solicitan a axuda.

Artigo 15. Tramitación

1. O órgano competente para levar a cabo a tramitación desta orde de axudas é a Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

2. A solicitude presentada enviarase, revisarase e codificarase nos servizos de montes provinciais. As solicitudes nas que non estivesen cubertos os campos obrigatorios establecidos no artigo 12.6 desta orde, non serán admitidas a trámite.

3. Os servizos provinciais de montes examinarán as solicitudes presentadas e emitirán un informe no que se recollan todas as solicitudes que se axustan ás condicións requiridas nesta orde, así como as que non se axustan, indicando claramente a súa causa de incumprimento, e elevarano á Subdirección Xeral de Recursos Forestais.

A Subdirección Xeral de Recursos Forestais, como órgano instrutor, clasificaraas por orde decrecente segundo os criterios de prioridade establecidos no artigo 11 desta orde e emitirá un informe no cal se reflicte a relación de solicitudes admitidas e clasificadas na orde de maior a menor, especificando para cales existe suficiente dispoñibilidade orzamentaria, así como, as solicitudes que non poden admitirse a trámite por non ter recollido os datos mínimos que se exixen no artigo 12.6 desta orde.

4. A seguir, a Administración requirirá aos solicitantes para que os que existe suficiente dispoñibilidade orzamentaria, que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles acheguen:

a) A documentación acreditativa dos datos reflectidos na solicitude.

b) O proxecto xunto cunha copia asinado por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal das actuacións que se levarán a cabo e o nomeamento dun director de obra. No caso dos propietarios particulares de xeito individual con superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, será suficiente con presentar cuberto o anexo XII.

c) E, no caso de que a súa solicitude conteña defectos ou omisións, a súa emenda, conforme se establece no artigo 72 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

Neste requirimento indicarase ademais que se non se fixese terase por desistido da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 42 da citada Lei 30/1992 modificada pola Lei 4/1999.

A notificación deste feito, por tratarse dun acto integrante dun procedemento de concorrencia competitiva e, de conformidade co establecido nos artigos 59.6º b), 60 e 61 da indicada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, farase mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e, producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. Esta publicación tamén se realizará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar ao cal se remitirá desde o texto publicado no Diario Oficial de Galicia. Se a instrución do procedemento o aconsellase, o órgano competente poderá substituír esta publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web, pola notificación individualizada de conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 30/1992.

5. Os servizos provinciais de montes analizarán a documentación xustificativa. No caso de discrepancia entre a solicitude/declaración xurada e a documentación acreditativa dos criterios obxecto da priorización na axuda, dado que se trata dun procedemento por concorrencia competitiva que afecta a terceiros, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

De ser o caso que o proxecto sexa de cantidade económica superior ao estimado na solicitude prevalecerá a contía reflectida na solicitude.

De ser o caso que no proxecto a superficie total das parcelas sobre as que se solicita a axuda non coincidan coa superficie total indicada na solicitude, considerarase como unha discrepancia e a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

6. A Subdirección Xeral de Recursos Forestais emitirá un informe onde se reflicten os criterios de priorización, as solicitudes que, de acordo coa clasificación realizada atendendo a estes criterios, cubrisen a dispoñibilidade orzamentaria, os solicitantes que presentaron correctamente a documentación acreditativa a que se refire o artigo 14 desta orde, así como as incidencias que deran lugar ao decaemento en trámite dalgunha solicitude e elevará a súa proposta ao secretario xeral de Medio Rural e Montes para que continúe o procedemento para a súa aprobación e execución das actuacións.

Na aplicación deste procedemento, requirirase a documentación xustificativa aos seguintes solicitantes que, de acordo coa clasificación a que se refire o artigo 15.3 desta orde, completen de novo a dispoñibilidade orzamentaria, procedendo seguidamente do mesmo xeito que se establece dende o artigo 15.4 desta orde.

7. O subdirector xeral de Recursos Forestais formulará a proposta de resolución e, de acordo co artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, elevaraa ao secretario xeral de Medio Rural e Montes con base nas funcións delegadas pola conselleira do Medio Rural e do Mar.

O secretario xeral de Medio Rural e Montes resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non-discriminación.

8. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses, contados a partir do seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Este prazo poderase ampliar segundo o indicado no artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.

No caso de non recaer resolución expresa no prazo indicado, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da mesma lei.

9. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De conformidade co establecido no artigo 59.6º b) da indicada lei, a notificación realizarase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios e na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar. Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como a indicación das causas da desestimación e expresarán, ademais, os recursos que contra a resolución procedan, órgano administrativo ou xudicial ante o que deben presentarse e o prazo para interpoñelos.

10. As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución.

Artigo 16. Inspeccións previas

1. Dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar realizarán unha inspección no campo para verificar as superficies, comprobar os datos da solicitude e comprobar a viabilidade dos traballos. Esta inspección poderase realizar antes da resolución de aprobación.

2. Ademais, para as solicitudes de plantación de castiñeiro para froito, antes da concesión da axuda, unha comisión formada por persoal da Secretaría Xeral do Medio Rural e do IXP Castaña de Galicia que avaliará a súa viabilidade.

Artigo 17. Execución e certificación dos traballos

1. Na resolución de concesión indicarse o prazo para a execución dos traballos que, con carácter xeral, non será inferior a 2 meses. A data límite de xustificación da subvención será o 31 de decembro para a anualidade de 2013 e 31 de xullo na anualidade de 2014.

2. En cumprimento do disposto no artigo 29 punto 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dentro do prazo dun mes da concesión, cando o importe do investimento sexa igual ou supere os 50.000 euros o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas a diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme a criterios de eficiencia e economía, debendo xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable.

3. Para os efectos do disposto no artigo 29 punto 2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, dado que existen módulos para cada unidade de obra que supoñen que, en ningún caso, o custo de execución dos traballos subvencionados poda ser superior ao valor de mercado, considérase gasto realizado o que foi efectivamente comprobado por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar.

4. O beneficiario poderá subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada, conforme o previsto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

O beneficiario poderá subcontratar con terceiros o 100 % do importe do investimento da actividade subvencionada.

Os contratistas quedarán obrigados só fronte ao beneficiario que asumirá a total responsabilidade da execución da actividade fronte á Consellería de Medio Rural e do Mar.

Ademais deberá terse en conta o disposto no Real decreto 1852/2009, que establece os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados con Feader, e que determina no seu artigo 3, que non serán subvencionables:

– Os gastos relativos os subcontratos que aumenten o custo de execución da operación sen achegar un valor engadido.

– Os celebrados con intermediarios ou asesores nos que o pagamento consista nunha porcentaxe do custo total da operación, a no ser que o beneficiario xustifique ese pagamento por referencia o valor real do traballo realizado ou dos servizos prestados.

5. A axuda definitiva será a resultante da comprobación final realizada por dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo.

Coa comprobación final poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas sempre que se acade o mínimo de actuación exixible para obter a axuda.

6. No caso de que o importe xustificado polo beneficiario coa notificación de remate dos traballos supere en máis dun 3 % o importe da comprobación final realizada polos dous funcionarios da Consellería do Medio Rural e do Mar, reducirase a maiores a axuda que se percibirá resultante da comprobación final na diferenza entre ambos os importes. Non obstante, non se aplicará ningunha redución se o beneficiario pode demostrar que non é responsable da inclusión do importe xustificado.

7. Poderán admitirse certificacións parciais, por petición por escrito do solicitante, para importes de certificación superiores a 12.020,24 euros.

8. As prórrogas serán solicitadas motivadamente e cun mes de antelación ao remate do prazo para a execución dos traballos. Os servizos provinciais de Montes propoñeranas ao subdirector xeral de Recursos Forestais, quen elevará a proposta á ao secretario xeral de Medio Rural e Montes para a súa aprobación con base nas funcións delegadas pola conselleira do Medio Rural e do Mar para resolver. A duración máxima das prórrogas será de 6 meses.

Artigo 18. Xustificación dos traballos subvencionables

1. Xunto coa notificación de remate dos traballos, achegarase a seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) Unha memoria económica xustificativa que conterá, como mínimo, os seguintes extremos:

– Acreditación sobre o número de unidades físicas executadas. No caso de solicitudes cunha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas a acreditación deberá estar asinada por un enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal.

– Contía da subvención calculada sobre a base das actividades cuantificadas na memoria de actuación e os prezos das unidades de obra previstos no anexo II.

– Un detalle doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada, con indicación do importe e a súa procedencia.

c) Arquivo gráfico (medición con GPS) en formato dixital DXF ou similar coa superficie afectada polos traballos de plantación.

d) As facturas en orixinal que se marcarán cun selo indicando nel a subvención para cuxa xustificación foron presentadas e, se o importe do xustificante, se imputa total ou parcialmente á subvención, reflectindo, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención. Unha vez marcadas devolveranse ao beneficiario.

e) Documentación da planta empregada de todas as especies incluídas no anexo I e XII Real decreto 289/2003: pasaporte fitosanitario, etiquetas e documentos do provedor consonte os modelos especificados no anexo IX do Real decreto 289/2003, cos requisitos de calidade exterior exixidos no artigo vixésimo oitavo do Decreto 220/2007.

f) Certificado final de obra emitido polo director de obra, excepto no caso de superficie inferior a 10 hectáreas, no cal figure unha relación valorada dos traballos executados.

g) Só no caso de montes veciñais en man común, certificado expreso que xustifique o cumprimento do establecido no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia; recórdase que as cotas mínimas de reinvestimento dos montes veciñais serán do 40 % de todos os ingresos xerados.

Artigo 19. Revogacións

1. A axuda poderá revogarse, total ou parcialmente, se se dá algún dos seguintes supostos:

En xeral:

a) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destinar as axudas a fins distintos aos sinalados na solicitude.

b) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

c) Incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a subvención.

d) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás entidades colaboradoras e aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

e) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na Lei 14/2006.

f) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables rexistrais ou de conservación de documentos, cando signifique a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade remitidas de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

g) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

h) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, segundo o establecido nesta orde, na Lei 9/2007 e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

i) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención

E, en particular:

j) Execución de menos do 80 % das accións previstas sen autorización previa ou causa xustificada de forza maior.

k) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente, ou se é o caso, da prórroga concedida.

l) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta orde.

m) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que impliquen obrigas por parte do beneficiario.

Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora que, conforme co disposto no artigo 2 do Regulamento 937/2012 se calcularán en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación que non poderá fixarse en máis de 60 días entre a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.

Se se descobre que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recupéranse todos os importes que fosen aboados polo devandito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído da axuda para a medida en cuestión durante o exercicio do Feader de que se trate e durante o exercicio do Feader seguinte.

2. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios, de acordo coa relación de prioridades e coa orde establecida.

3. Naqueles supostos nos cales o importe das subvencións recibidas polo beneficiario excedan os custos da actividade, procederase a solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

Artigo 20. Controis

1. A Consellería do Medio Rural e do Mar realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas.

2. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas e as instancias de control comunitarias.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta orde e non se poderá efectuar ningún pagamento sen realizar o pertinente control sobre o terreo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión reguladas no Regulamento (CE) 65/2011 polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento 1698/2005 do Consello no que respecta á aplicación dos procedementos de control e a condicionalidade en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

4. A Consellería do Medio Rural e do Mar, ao abeiro do establecido no Regulamento (CE) nº 65/2011, realizará controis administrativos de todas as solicitudes de axuda e de pagamento con respecto a todos os aspectos que sexa posible controlar en relación coa admisibilidade da solicitude, así como controis sobre o terreo antes do pagamento final dunha mostra que represente, ao menos, o 4 % do gasto público cada ano civil e, ao menos, o 5 % do gasto público subvencionable en todo o período de programación, así como a posibilidade, se é o caso, de sometemento a controis a posteriori dada a posibilidade de realizar actividades de investimento.

Artigo 21. Financiamento

1. As accións previstas nesta orde financiaranse, nos exercicios dos anos 2013 e 2014, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

• Ano 2013: 1.010.101 € na aplicación orzamentaria 12.20.713B.770.0.

• Ano 2014: 930.303 € na aplicación orzamentaria 12.20.713B.770.0.

2. Este orzamento pode verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

3. Estas axudas financiaranse con cargo ao Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75 %, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 12,13 % e da Xunta de Galicia do 12,87 %.

Artigo 22. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Alteración de condicións

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

O beneficiario poderá solicitar a modificación do seu contido, de concorrer as circunstancias previstas para tales efectos nas bases reguladoras, de conformidade co previsto no artigo 14.1º m) da Lei de subvencións de Galicia, debendo ter en conta o seguinte:

• A solicitude deberá presentarse antes dun mes dende que conclúa o prazo para a realización da actividade.

• A modificación poderase autorizar sempre que non se danen dereitos de terceiro.

• Para a modificación da resolución non poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento no que se ditou a resolución, tiveron lugar con posterioridade a esta.

Artigo 24. Obrigas

1. Coidados culturais mínimos:

Durante cinco (5) anos, contados a partir da data de remate dos traballos, realizarase obrigatoriamente, como mínimo, o control da vexetación de competencia e a reposición de marras e no caso de que o estado da plantación o requira:

a) Corta de formación e de calidade.

b) Fertilización cando o estado da planta o demande.

c) Mantemento das infraestruturas.

O enxerto realizarase unha vez que transcorra un ano, ou ao máximo dous, dende a súa implantación.

2. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas e a levar un sistema de contabilidade separado, ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta orde.

3. O solicitante e o beneficiario están obrigados a realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

4. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á Consellería de Cultura e Turismo de conformidade coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.

5. As actuacións na zona lateral de protección do Camiño de Santiago seranlle comunicadas polo solicitante á Consellería de Cultura e Turismo, co obxecto de contar coa súa autorización previa de conformidade coa Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago.

6. Esta subvención está sometida ao disposto no Real decreto 1852/2009 que establece os criterios para subvencionar os gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural cofinanciados con Feader.

Artigo 25. Avaliación de impacto ambiental

O solicitante deberá cumprir a normativa en materia de avaliación de impacto ambiental, en concreto o establecido no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación do impacto ambiental de proxectos.

Artigo 26. Medidas informativas e publicitarias

Conforme o establecido no artigo 58 e no anexo VI do Regulamento (CE) 1974/2006, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo VI do referido regulamento. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 50.000 euros, o beneficiario deberá colocar unha placa explicativa na cal figurará unha descrición do proxecto así como a bandeira europea e o lema «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural».

Artigo 27. Comprobacións

1. O beneficiario comprométese a someterse ás actuacións de control que deba efectuar a entidade concedinte, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, en relación coas subvenciones e axudas concedidas e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, de acordo co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e ás instancias comunitarias de control derivadas da aplicación do Regulamento (CE) nº 65/2011.

2. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.

3. A Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, como órgano xestor, antes de levar a cabo a valoración das solicitudes de axuda, comprobará que os beneficiarios cumpren coas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social; nas agrupacións de propietarios todos os membros cumpriran as ditas obrigas excepto no caso de sociedades legalmente constituídas. No caso de concesión da axuda, esta comprobación tamén se levará a cabo antes de cada pagamento.

Disposición adicional primeira

As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas para o cesamento anticipado da actividade agraria e con calquera outro réxime de axuda comunitaria.

Disposición adicional segunda

De acordo co establecido no artigo 15 da Lei de subvencións de Galicia publicaranse no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou as finalidades da subvención. Igualmente, publicaranse na correspondente páxina web oficial da Consellería do Medio Rural e do Mar nos termos previstos no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega. Para isto, presentar a solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

Disposición adicional terceira

De acordo co establecido na disposición adicional primeira do Decreto 132/2006, do 27 de xullo, de creación dos rexistros de axudas, subvencións e convenios e de sancións da Xunta de Galicia, a persoa solicitante da axuda consentirá expresamente a inclusión e publicidade dos datos relevantes referidos ás axudas e subvencións recibidas, así como ás sancións impostas, de ser o caso.

Disposición derradeira primeira

Facúltase o secretario xeral de Medio Rural e Montes para ditar as instrucións ou actos de aplicación que estime oportunas para executar esta orde.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO I

B7

Castiñeiro

Castanea sativa Mill.

B8

Castiñeiro híbrido

Castanea X hybrida (resistente tinta)

(Clon aprobado por orde da Consellería do Medio Rural)

B----

Castiñeiro enxertado

Castanea spp

(Enxerto das variedades Amarelante, Famosa, Garriga, Longal, De Parede, Ventura, Xudía, Negral, Picona, Serodia e Rapada)

ANEXO II
Anexo de prezos máximos atendibles de unidades de obra de plantación

1. Acción previa sobre o mato.

Concepto

Importe

Nº de clave

Ha de corta mecanizada

474,76

2

Importes en euros

2. Preparación do solo.

Concepto

Importe

Nº de clave

Unidade aburatamento de dimensión mínima de 60 cm × 60 cm × 60 cm mecanizado con retroescavadora

1,06

18

Importes en euros

3. Implantación vexetal.

Concepto

Importe

Nº de clave

Plantación dunha frondosa a raíz núa e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatamento mecanizado

0,63

48

Plantación manual dunha frondosa de dous zumes ou con máis de 1 m de altura sobre aburatamento mecanizado con retroescavadora ou manual

0,66

17

Importes en euros

4. Outras accións incluíbles na plantación.

Concepto

Importe

Nº de clave

Ha de fertilización (inclúe fertilizante e man de obra)

227,71

19

Unidade de protector de planta, incluso colocado

1,53

41

Unidade de cartel identificativo

255,00

51

Unidade de titor para castiñeiro para froito

0,80

-----

Importes en euros

5. Unidade planta.

Concepto

Importe

Nº de clave

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de 0,5 ata 1 m, de 1 zume

2,13

26

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de máis de 1 ata 2 m, de 1 zume

3,20

27

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de 0,5 ata 1 m, de 2 zumes

3,19

85

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de máis de 1 ata 2 m, de 2 zumes

4,24

86

Ud. castiñeiro híbrido resistente/sativa de máis de 1 ata 2 m, de 2 zumes enxertado cunha das variedades das sinaladas no punto 7.2.b) desta orde

12,00

----

Importes en euros

6. Infraestruturas de acompañamento das plantacións que se realicen ao abeiro desta orde.

Concepto

Importe

Nº de clave

Metro lineal de peche mediante poste de madeira tratada de 6-8 cm de diámetro e 2 m de altura cada 5 m e malla cinexética

7,58

15

Km de pista forestal (apertura)

7.997,96

10

Km de arranxo de pista forestal (incluíndo pasos de auga)

2.956,07

11

Importes en euros

ANEXO III

Limitacións de uso e condicións técnicas mínimas dos traballos.

Concepto

Condicións técnicas mínimas que deben cumprir os traballos

Condicións do terreo

Pendente igual ou inferior ao 15 %

Non asolagado

Profundidade do solo superior a un metro

Non pedregoso

Roza mecánica

A altura do mato unha vez rozado non superará os 10 cm

Traballos de preparación do terreo

Marco de plantación:

– Máximo: 14*14-Densidade mínima: 49 plantas/ha

– Mínimo: 10*10-Densidade máxima: 100 plantas/ha

Aburatamento con retroescavadora ou con ripper modificado

Dimensións mínimas do burato: 0,60*0,60*0,60 metros cúbicos

Planta

En altitudes ata 550 m: castiñeiro patrón híbrido

En altitudes superiores a 550 m: Castanea sativa

Limitacións de uso e outras condicións técnicas mínimas dos traballos.

Traballo

Limitacións de uso

Condicións técnicas mínimas que deben
cumprir os traballos

Fertilización completa

• Realizarase con fertilizantes CEE o UE, de aplicación localizada e liberación lenta, adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, co fin de evitar a contaminación dos acuíferos.

• Os fertilizantes poderán aplicarse en forma de pastillas ou cápsulas resinadas.

Apertura de pista

• Non se superará a densidade de 40 m de pista/ha.

• Nas áreas de montaña a densidade non poderá superar os 20 m de pista/ha.

• Adaptaranse no seu trazado ao contorno natural do terreo.

• A largura da caixa, incluídos foxos e plataforma, terá entre 3-5 m e dotarase dos pasos de auga e foxos necesarios.

• A pendente máxima da rasante non superará o 12 %.

• A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2 % para facilitar a evacuación das augas cara aos foxos.

• Realizaranse suficientes apartadoiros para garantir a circulación en ambos sentidos.

• Dotaranse as pistas ou camiños de, polo menos, 2 pasos de auga por quilómetro.

• Eliminarase o cordón que se podería formar na parte exterior da pista ao abrir a caixa.

• Nos tramos con pendente, realizaranse cortes transversais en forma de cano dirixidos ao exterior da pista para facilitar a evacuación das augas cada 50 m.

Mellora de pista

• Só se realizará sobre as pistas que conten cunha largura de caixa, incluídos foxos e plataforma, maior de 3 m.

• Non se superará a densidade de 40 m de pista/ha.

• A pendente máxima da rasante non superará o 12 %.

• A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2 % para facilitar a evacuación das augas cara aos foxos.

• Realizaranse suficientes apartadoiros para garantir a circulación en ambos os sentidos.

• Dotarase as pistas ou camiños de polo menos 2 pasos de auga por quilómetro.

• Nos tramos con pendente, realizaranse cortes transversais en forma de cano dirixidos ao exterior da pista para facilitar a evacuación das augas cada 50 m.

Peche

• Xustificación técnica da súa necesidade.

• Peche perimetral que delimite unha área concreta.

ANEXO IV
Concellos en zonas desfavorecidas

A Coruña

Concello

Aranga

Arzúa

Boimorto

Capela, A

Cedeira

Cerceda

Cerdido

Coirós

Curtis

Frades

Irixoa

Mañón

Melide

Mesía

Monfero

Ordes

Oroso

Ortigueira

Pino, O

P. García Rodríguez, As

San Sadurniño

Santiso

Sobrado

Somozas, As

Toques

Tordoia

Touro

Trazo

Val do Dubra

Vilasantar

Cariño

Lugo

Concello

Abadín

Alfoz

Antas de Ulla

Baleira

Baralla

Becerreá

Begonte

Bóveda

Carballedo

Castro de Rei

Castroverde

Cervantes

Chantada

Corgo, O

Cospeito

Folgoso do Courel

Fonsagrada, A

Friol

Xermade

Guitiriz

Guntín

Incio, O

Láncara

Lugo

Meira

Mondoñedo

Monforte de Lemos

Monterroso

Muras

Navia de Suarna

Negueira de Muñiz

Nogais, As

Ourol

Outeiro de Rei

Palas de Rei

Pantón

Paradela

Páramo, O

Pastoriza, A

Pedrafita

Pol

Pobra de Brollón, A

Pontenova, A

Portomarín

Quiroga

Rábade

Ribas de Sil

Ribeira de Piquín

Riotorto

Samos

Sarria

Saviñao, O

Sober

Taboada

Triacastela

Valadouro

Villalba

Ourense

Concello

Allariz

Amoeiro

Arnoia, A

Avión

Baltar

Bande

Baños de Molgas

Barbadás

Barco, O

Beade

Beariz

Blancos, Os

Boborás

Bola, A

Bolo, O

Calvos de Randín

Carballeda

Carballeda de Avia

Carballiño, O

Cartelle

Castrelo de Miño

Castrelo do Val

Castro Caldelas

Celanova

Cenlle

Chandrexa de Queixa

Coles

Cortegada

Cualedro

Entrimo

Esgos

Gomesende

Gudiña, A

Irixo, O

Xunqueira de Ambía

Larouco

Laza

Leiro

Lobeira

Lobios

Maceda

Manzaneda

Maside

Melón

Merca, A

Mezquita, A

Montederramo

Monterrei

Muíños

Nogueira de Ramuín

Oímbra

Ourense

Pardene de Allaríz

Padrenda

Parada de Sil

Pereiro de Aguiar, O

Peroxa, A

Petín

Piñor

Pontedeva

Porqueira, A

Pobra de Trives, A

Punxín

Quintela de Leirado

Rairiz de Veiga

Ramirás

Ribadavia

Río

Ríos

Rúa, A

Rubiá

San Amaro

San Cibrao das Viñas

Cea

Sandiás

Sarreaus

Taboadela

Teixeira, A

Toén

Trasmiras

Veiga, A

Verea

Verín

Viana do Bolo

Vilamarín

Vilamartín de Valdeorras

Vilar de Barrio

Vilar de Santos

Vilardevós

Vilariño de Conso

Xinzo de Limia

Xunqueira de Espadañedo

Pontevedra

Concello

Arbo

Campo Lameiro

Cañiza, A

Cerdedo

Cotobade

Covelo

Crecente

Cuntis

Dozón

Estrada, A

Forcarei

Fornelos de Montes

Agolada

Lalín

Lama, A

Mondariz

Neves (As)

Pazos de Borbén

Ponte Caldelas

Rodeiro

Silleda

Vila de Cruces

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file