Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38561

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría no segundo cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral para o Deporte durante o segundo cuadrimestre do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2013

Por desconcentración (Decreto 88/2013)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Data de sinatura

Descrición

Importe total

3.5.2013

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Quiroga (Lugo) para levar a cabo a obra necesaria para a reparación de instalación nas piscinas municipais de Quiroga.

10.000,00 €

15.5.2013

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Betanzos (A Coruña) para a substitución de pavimento na pista de xogo do pavillón municipal.

100.000,00 €

7.8.2013

Convenio de cooperación entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Marín (Pontevedra) para as obras de construción dunha nova pista polideportiva para xogos deportivos, no parque Eguren de Marín.

25.000,00 €