Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 4 de outubro de 2013 Páx. 39731

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO da convocatoria pública para a provisión interina, con carácter urxente, dunha praza, encadrada dentro do persoal laboral fixo, coa denominación de operario de obras e servizos.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (Bopdepo) núm. 175, do 12 de setembro de 2013, procedeuse á publicación das bases que rexerán a convocatoria pública para a provisión interina, con carácter urxente, dunha praza do cadro de persoal do orzamento de 2012, prorrogado para o ano 2013, e encadrada dentro do persoal laboral fixo coa denominación de operario de obras e servizos e coa titulación de certificado de escolaridade ou equivalente, que quedou vacante pola xubilación do seu titular producida o pasado día 13.5.2013, con posterioridade á aprobación da última oferta de emprego público deste concello, mediante a contratación laboral de interinidade. O sistema selectivo é o de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 12 de setembro de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde