Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 14 de outubro de 2013 Páx. 40592

III. Outras disposicións

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2013, da Presidencia do Parlamento de Galicia, pola que se anuncia a convocatoria para a concesión de diversas bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 1 de outubro de 2013, acordou aprobar as bases das convocatorias para a concesión das seguintes bolsas, relacionadas todas coa actividade da institución:

a) 4 bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación.

b) 1 bolsa de formación en comunicación institucional.

c) 1 bolsa de formación en publicacións.

d) 2 bolsas de formación en informática.

As bases están dispoñibles no BOPG núm. 172, fascículo 2, do 4 de outubro de 2013 e na páxina web do Parlamento de Galicia (www.parlamentodegalicia.es).

As solicitudes poderán presentarse no prazo de vinte (20) días naturais, desde o seguinte ao desta publicación.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2013

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia