Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41137

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2013 pola que se fan públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración asinados no segundo cuadrimestre do ano 2013.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública no segundo cuadrimestre do ano 2013 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

A Estrada, 19 de setembro de 2013

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Mondoñedo

Formación continua do Corpo de Policía Local, do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil.

17.6.2013

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Pontevedra

Participación no módulo de prácticas profesionais non laborais, dos cursos de acreditación de profesionalidade de «Socorrismo en espazos naturais e instalacións acuáticas».

31.7.2013

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Portas

Participación no módulo de prácticas profesionais non laborais, dos cursos de acreditación de profesionalidade de «Socorrismo en espazos naturais e instalacións acuáticas».

31.7.2013

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e a empresa Termas de Cuntis, S.L.

Participación no módulo de prácticas profesionais non laborais, dos cursos de acreditación de profesionalidade de «Socorrismo en espazos naturais e instalacións acuáticas».

31.7.2013

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Vilagarcía de Arousa

Participación no módulo de prácticas profesionais non laborais, dos cursos de acreditación de profesionalidade de «Socorrismo en espazos naturais e instalacións acuáticas».

31.7.2013

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Ames

Participación no módulo de prácticas profesionais non laborais, dos cursos de acreditación de profesionalidade de «Socorrismo en espazos naturais e instalacións acuáticas».

7.8.2013

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e o Concello de Carballo

Participación no módulo de prácticas profesionais non laborais, dos cursos de acreditación de profesionalidade de «Socorrismo en espazos naturais e instalacións acuáticas».

12.8.2013

Sen achega económica

Academia Galega de Seguridade Pública e a empresa Actexga S.L.

Participación no módulo de prácticas profesionais non laborais, do curso «Docencia da formación para o emprego» do Proxecto Aquelando 3., promovido pola Deputación Provincial de Pontevedra

26.8.2013

Sen achega económica