Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Luns, 21 de outubro de 2013 Páx. 41612

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negreira

ANUNCIO de oferta de emprego público 2013.

A oferta de emprego público correspondente ao ano 2013 é a contida no Decreto desta alcaldía 106/2013, do 26 de setembro, que está integrada pola seguinte praza:

Persoal funcionario:

Escala de Administración xeral-subescala administrativa. Praza nº 9 da relación de postos de traballo vixente. Denominación: administrativo-tesoureiro. Sistemas de acceso/provisión: promoción interna vertical por concurso-oposición.

Nº de vacantes: 1.

O que se fai público en cumprimento do preceptuado polo artigo 70 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público.

Negreira, 1 de outubro de 2013

Juan J. Rey Maceira
Alcalde presidente