Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41638

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación Instituto Feiral da Coruña para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción no recinto feiral Expocoruña da cidade da Coruña.

27.5.2013

15.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación Instituto Feiral de Vigo para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción no recinto feiral Instituto Feiral da cidade de Vigo.

27.5.2013

26.400,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción no recinto feiral da Finca Sevilla da cidade de Ourense.

27.5.2013

67.900,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación galegas para o fomento das exportacións galegas, Foexga 2013, cofinanciado polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

17.6.2013

1.200.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o mantemento do censo catastral mineiro.

3.7.2013

40.000,00

Addenda ao convenio entre a Consellería de Economía e Industria e a Deputación Provincial de Ourense polo que autoriza á Deputación Provincial de Ourense o uso de instalacións de carácter deportivo existentes no Parque Tecnolóxico de Galicia.

20.6.2013

00,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade El Faro de Vigo, S.A., editora do xornal El Faro de Vigo, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería.

25.6.2013

150.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Editorial Compostela, S.A., editora do xornal El Correo Gallego, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería.

25.6.2013

100.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería.

25.6.2013

100.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a a entidade El Progreso de Lugo, S.A., editora do xornal El Progreso, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería.

25.6.2013

100.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Voz de Galicia, S.A., editora do xornal La Voz de Galicia, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería.

25.6.2013

150.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento da XXII edición do Programa de Formación en Internacionalización de Empresas e Comercio Exterior.

29.7.2013

75.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista: emprendemento, dinamización e comercio electrónico.

5.8.2013

450.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia.

3.6.2013

42.501,00

Acordo marco que subscribirán a Cosellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Pequeños y Medianos Astilleros, Sociedad de Reconversión, S.A. (Pymar), para regular a dotación inicial destas no Fondo de Garantías Navais e convenio de adhesión e achega que subscribirán a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Pymaval Garantías, S.A.U.

26.6.2013

24.626.622,35

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello da Estrada para a remodelación do mercado municipal.

6.8.2013

500.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción no recinto feiral da localidade da Estrada.

27.5.2013

45.300,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga) para o desenvolvemento dun catálogo dixital da capacidade da industria naval galega.

27.5.2013

60.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizados para a realización dun plan de inspección en materia de seguridade industrial en 2013.

26.8.2013

84.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Ortigueira para a execución do proxecto de habilitación dunha aula municipal para a impartición de cursos de formación en materia de seguridade e saúde no ámbito da minaría.

27.5.2013

82.161,97

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e Alcoa Inespal, S.A. para melloras ambientais e de eficiencia enerxética, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

26.9.2013

265.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a entidade colaboradora LGAI Tecnological Center, S.A. para a xestión das axudas convocadas pola Orde do 21 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia non competitiva para o fomento e implantación da metroloxía legal nos abastos públicos da Comunidade Autónoma galega, a través de entidade colaboradora, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (IN655I).

3.6.2013

00,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Consello Galego de Cámaras para financiamento de gastos correntes

7.8.2013

10.000,00