Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 23 de outubro de 2013 Páx. 41799

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2013 pola que se adxudica unha bolsa de formación en competencias técnicas vinculadas a sistemas de xestión da teleformación.

A Escola Galega de Administración Pública convocou por Resolución do 10 de abril de 2013 (DOG núm. 80, do 25 de abril) unha bolsa de formación en competencias vinculadas a sistemas de xestión da teleformación.

A comisión de valoración para a adxudicación desta bolsa, na súa reunión do 18 de xullo de 2013, baremou definitivamente todas as solicitudes e propuxo a adxudicación en favor do candidato que obtivo maior puntuación.

De conformidade coas competencias que me recoñece a normativa vixente e á vista da proposta da comisión de valoración,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgarlle a dita bolsa ao candidato Sergio Facal Fariña, que acadou a maior puntuación: 28,55 puntos.

Segundo. Que se notifique esta resolución ao candidato para que no prazo de dez días, contados a partir da recepción da notificación comunique á Escola Galega de Administración Pública a súa aceptación ou a súa renuncia á bolsa. Transcorrido este prazo sen que se producise manifestación expresa por parte do beneficiario, entenderase tacitamente aceptada, segundo o establecido no artigo 21.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No prazo de cinco días contados desde a aceptación expresa da bolsa ou do transcurso do prazo para entendela tacitamente aceptada, o candidato seleccionado deberá incorporarse para o desempeño da bolsa na EGAP. No caso de que o beneficiario non se incorporase neste prazo, ou que renunciase expresamente, perderá os dereitos inherentes á bolsa (base décima).

Contra esta resolución poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición perante a directora da EGAP, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da resolución nos termos dos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución, de conformidade co establecido no artigo 46.4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (base novena).

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2013

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública