Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 30 de outubro de 2013 Páx. 42529

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Publica, pola que se fan públicas as puntuacións provisionais dos participantes admitidos no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 20 de febreiro de 2013.

Convocado o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia, á vista da proposta do 28 de outubro de 2013, da comisión encargada de valorar os méritos achegados polos concursantes e de conformidade coa base VII.1 da convocatoria, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as puntuacións provisionais dos concursantes admitidos para cada un dos postos solicitados. Esta información atópase á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas do Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función pública.

Segundo. Os interesados poderán formular reclamación contra as puntuacións provisionais no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública