Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Mércores, 13 de novembro de 2013 Páx. 44165

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2013, da Dirección da Axencia Turismo de Galicia, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 31 de outubro de 2013, polo que se declaran festas de Galicia de interese turístico a Festa do San Martiño de Moaña e o Belén Artesanal en Movemento de Valga.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, esta dirección dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 31 de outubro de 2013, que a seguir se transcribe:

«Declarar festas de Galicia de interese turístico, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaración de festas de Galicia de interese turístico, as seguintes:

• Festa do San Martiño, que se celebra o 11 de novembro, no concello de Moaña (Pontevedra).

• Belén Artesanal en Movemento, que se celebra desde o primeiro domingo de decembro ata o segundo domingo de xaneiro, no concello de Valga (Pontevedra)».

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia de Turismo de Galicia