Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46287

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 12 de novembro de 2013, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se aproba o baremo para obter o permiso de explotación para o marisqueo a pé.

Advertido erro na Resolución do 12 de novembro de 2013, publicado no DOG núm. 223, do 21 de novembro de 2013, pola que se aproba o baremo para obter o permiso de explotación para o marisqueo a pé, faise a oportuna corrección:

Na páxina 45.105, no anexo II, Recoñecemento de actividades formativas como mérito no baremo.

Onde di: «i) Prevención de riscos laborais no sector pesqueiro».

Debe dicir: «i) Prevención de riscos laborais no sector do marisqueo a pé».