Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 29 de novembro de 2013 Páx. 46384

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo

EDICTO (371/2012).

José Ángel Lorenzo Soliño, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo, polo presente,

Anuncio:

Neste procedemento de xuízo ordinario 371/2012, seguido por instancia de C.P. 64 de la Calle Julián Valverde fronte a Belesar Promociones y Proyectos Inmobiliarios, S.L., ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

Xuíza que a dita: Cristina Delgado Moro.

Lugar: Vigo.

Data: dezaseis de maio de dous mil trece.

Demandante: C.P. 64 de la Calle Julián Valverde.

Avogada: Eva Quirós Parapar.

Procuradora: Rosa de Lis Fernández.

Demandado: Belesar Promociones y Proyectos Inmobiliarios, S.L.

Procedemento: procedemento ordinario 371/2012.

Vistos por Cristina Delgado Moro, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Vigo e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario número 371/2012 sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia da Comunidad de Propietarios de la Calle Julián Valverde 64 de Vigo, representada pola procuradora Sra. de Lis Fernández e asistida pola letrada Sra. Quirós Parapar, contra a mercantil Belesar Promociones y Proyectos Inmobiliarios, S.L., en situación de rebeldía procesual.

(…)

Ditamino

Que estimando a demanda interposta pola procuradora Sra. de Lis Fernández, actuando en nome e representación da Comunidad de Propietarios de la Calle Julián Valverde, 64 de Baiona, fronte á mercantil Belesar Promociones y Proyectos Inmobiliarios, S.L., en situación de rebeldía procesual, debo:

Declarar e declaro o incumprimento por parte da mercantil Belesar Promociones y Proyectos Inmobiliarios, S.L. das obrigas asumidas por esta na súa condición de promotora vendedora sobre as vivendas sitas no número 64 da rúa Julián Valverde Sabarís-Baiona.

Condenar e condeno a mercantil Belesar Promociones y Proyectos Inmobiliarios, S.L. a que leve a cabo as reparacións precisas, tanto na fachada do inmoble da comunidade demandante como nas vivendas 1º E, 1º F, 1º A, 3º D, 2º E, 3º E, 2º C, 2º F e 1º B, nos termos indicados no informe pericial do arquitecto técnico Sr. Garabatos Rodríguez, e apercibila de que, en caso de non facelo, as reparacións se efectuarán pola súa custa.

Todo iso con expresa condena en custas da parte demandada.

Mantéñense as medidas preventivas acordadas en auto do 24 de setembro de 2012 ata que transcorra o prazo establecido no artigo 548 da LAC para promover a execución da presente resolución.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación, que se interporá ante este xulgado no prazo de 20 días contados desde o seguinte ao da notificación, e do cal coñecerá a Audiencia Provincial de Pontevedra, sede en Vigo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgado en primeira instancia, o acordo, mando e asíno».

E encontrándose o dito demandado, Belesar Promociones y Proyectos Inmobiliarios, S.L. en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 22 de outubro de 2013

O secretario xudicial