Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 49009

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de modificación da base III das específicas da convocatoria de tres prazas de inspector de Ambiente deste concello.

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente do 5 de decembro de 2013, adoptou acordo relativo á modificación da base III das específicas da convocatoria de tres prazas de inspector de Ambiente, publicada no BOP nº 210, do 31 de outubro de 2012, e no DOG nº 240, do 18 de decembro de 2012, incluídas na oferta de emprego público correspondente aos anos 2010-2011 -primeira fase-, que pasaría a contar coa seguinte redacción:

Modificar a base III das específicas da convocatoria de tres prazas de inspector de Ambiente, publicadas no BOP nº 210, do 31 de outubro de 2012, e no DOG número 240, do 18 de decembro de 2012, que pasará a contar coa seguinte redacción:

«III. Sistema de selección.

Establécese como sistema de selección o de concurso-oposición, de conformidade co previsto nestas bases específicas e co establecido nas bases xerais das convocatorias derivadas da oferta de emprego público correspondente aos anos 2010 e 2011, e resérvanse todas elas para a quenda de promoción interna entre persoal funcionario ou laboral integrado no grupo C2 de titulación que desempeñe funcións de inspección e que conte, cando menos, cunha antigüidade de dous anos no corpo, escala ou subescala de orixe».

Contra este acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do acto administrativo que poña fin á vía administrativa, nos supostos, termos e condicións do previsto nos artigos 8, 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere procedente en dereito.

Vigo, 11 de decembro de 2013

Carlos López Font
Concelleiro delegado de Xestión Municipal